Un catálogo de innovación para cibermedios digitales

Ferramentas online para a verificación: dispoñible a terceira edición do Verification Handbook

O  European Journalism Centre, apoiado por Craig Newmark Philanthropies, vén de publicar a terceira edición do seu Verification Handbook. Un recurso online para xornalistas que queiran reciclarse e/ou mellorar as súas técnicas de verificación no contexto da “Era das desordes informativas”.

O manual elaborouse grazas ás contribucións de varios profesionais que, desde a experiencia, achegan os seu coñecemento de como confrontar a problemática da desinformación no ámbito dixital. En palabras dos propios editores o “libro equipa aos xornalistas co coñecemento para investigar contas de redes sociais, bots, aplicacións de mensa£xería privada, operacións de información, falsificacións profundas, así como outras formas de desinformación e manipulación de medios”.

Este recurso está dispoñible en formato web e para descarga en pdf.

Ligazón: https://datajournalism.com/read/handbook/verification-3