Un catálogo de innovación para cibermedios digitales

O NiemanLab recolle unha investigación de Novos Medios sobre TikTok

O NiemanLab publica a selección mensual de artigos científicos sobre xornalismo editada por Seth Lewis (University of Oregon) e Mark Coddington (Washington and Lee University), tamén distribuída na súa newsletter RQ1.

Na súa última edición, que recompila algúns dos traballos publicados durante o mes de outubro, os autores destacan a investigación de Sandra Banjac e Folker Hanusch sobre as fronteiras e os desafíos abertos na interacción entre xornalistas e actores periféricos publicada en New Media & Society.

Outros dos traballos destacados inclúen: a análise da cobertura dos extremismos de Perreault, Johnson e Klein en Journalism Practice; a caracterización dos patróns de comunicación entre as audiencias e os newsbots de Gómez-Zará e Diakopoulos en Digital Journalism; o estudo de caso de Russia Today por Elswah e Howard en Journal of Communication; e a análise da relación entre as clases sociais e o consumo informativo de Lindell en Critical Studies in Media Communication.

Entre as investigacións referenciadas tamén se atopa o recente artigo Let’s dance the news! How the news media are adapting to the logic of TikTok, publicado en Journalism polos investigadores Jorge Vázquez-Herrero, María-Cruz Negreira-Rey e Xosé López-García. Seguindo a tendencia do xornalismo a buscar a súa audiencia nas plataformas emerxentes de cada momento, o estudo reflicte como os medios informativos entran e se adaptan á lóxica de TikTok.

Let’s dance the news! How the news media are adapting to the logic of TikTok

Sobre Xosé López

Xosé López es catedrático de Periodismo de la Universidade de Santiago de Compostela y director del grupo de investigación Novos Medios.