Un catálogo de innovación para cibermedios digitales

Os medios de servizo público no confinamento: información, educación e apoio ao sector

A Unión Europea de Radiodifusión (EBU) fai balance do comportamento dos medios de servizo público europeos durante o confinamento que afectou ao conxunto da Unión Europea a primavera de 2020 no reporte ‘Covid-19. Public Service Media: Supporting Society through coronavirus’.

Pese ao contexto de crise, produciuse un fortalecemento da misión de servizo público a través da proposta, a creatividade e a innovación. Os obxectivos eran garantir a calidade informativa e loitar contra as fake news, soster o sector cultural e audiovisual e contribuír ao ámbito educativo.

No que atinxe ao plano informativo, o número de novas ofrecidas polos medios de servizo público medrou un 22 por cento en marzo con respecto ao mes anterior. O consumo dos telediarios nocturnos multiplicouse por 2,5 nos días pico da crise. Ademais, o reporte expón os bos resultados do servizo Reality Check da BBC e a unidade da RAI italiana na loita contra as noticias falsas.

Os membros da Unión Europea de Radiodifusión incrementaron a credibilidade das súas marcas informativas ata situarse nas máis confiables no 65% dos mercados mediáticos. Os servizos de información públicos foron a segunda fonte máis fidedigna logo das propias comunicacións dos gobernos. Destaca o caso alemán da ARD e a ZDF, cuxas coberturas foron calificadas como as máis veraces. No plano dixital, o alcance diario multiplicouse por 2,6 en marzo.

Nun ano diferente a todos os demais, as corporacións actuaron con axilidade para reorganizar as súas redaccións e producións nun escenario marcado polas cancelacións de eventos deportivos e culturais. No que se refire á cultura, a TVP polaca ofreceu visitas virtuais a museos e a radio pública de Bulgaria un programa de concertos vía streaming, entre outras accións. No ámbito deportivo, cabe referenciar a cobertura do Tour de Suíza virtual. Así mesmo, membros da EBU, como a ZDF alemá, ofrecereon apoio a produtora satélite con axudas económicas

Así mesmo, o peche das escolas conduciu aos medios de servizo público a involucrarse na educación dos menores por medio de solucións innovadoras e imaxinativas. Neste ámbito, o reporte destaca os exemlos de Home School Hub da RTÉ irlandesa e France Télévisions’ Lumni, en Francia. En relación ás audiencias, os medios de servizo público chegaron ao 57 por cento dos menores europeos no mes de marzo, cun incremento de visionado diario en 19 minutos.