Un catálogo de innovación para cibermedios digitales

Digital News Report 2018

digital-news-report-2018

No día de hoxe fíxose público o informe Digital News Report 2018 coordinado polo Reuters Institute for the Study of Journalism da Universidade de Oxford. Nic Newman fala de “sinais de esperanza” para a industria dos medios neste 2018. Entre as principais achegas están:

  • O uso dos medios sociais para a distribución de noticias comezou a caer nalgúns mercados, tras anos de continuo crecemento.
  • O uso de apps de mensaxería instantánea para noticias sigue aumentando, os consumidores buscan espazos máis privados para comunicar. Destaca WhatsApp.
  • Arredor do mundo, o nivel promedio de confianza nas noticias permanece estable.
  • Máis da metade dos usuarios concordan na preocupación sobre o que é real e falso en Internet. Especialmente alto en Brasil, España e os Estados Unidos. A responsabilidade recae, sobre todo, nos medios que publican e nas plataformas.
  • Gañan importancia as apps, as newsletters e as notificacións móbiles.
  • O promedio de persoas que pagan por noticias online aumenta en moitos países, especialmente en Noruega, Suecia e Finlandia.
  • Os podcasts están comezando a popularizarse no mundo, debido a un mellor contido e unha distribución máis sinxela.

O informe completo está dispoñible no sitio web do RISJ.