Un catálogo de innovación para cibermedios digitales

The New York Times refírese a 2018 como “o ano da audiencia”

Nunha nota de prensa do 7 de decembro, os editores do diario estadounidense manifestan que queren situar ao usuario no centro da súa estratexia: coñecelo mellor, competir mellor polo seu tempo e a súa atención e demostrar aos que non os coñecen cal é o valor do Times e por que merece a pena pagalo.

We now have more than 3.5 million paid subscriptions and more than 130 million monthly readers, more than double our audience just two years ago.

Con este obxectivo, lanzan 3 ofertas laborais para a incorporación de novos cargos na redacción, que traballarán xunto a equipos xa existentes, reforzando a área de audiencias e deseñando estratexias para plataformas como Facebook, Google e Apple. Os novos perfís son: director de audiencias na redacción, editor off-platforms (plataformas externas: social, agregadores, buscadores) e editor on-platforms (plataformas propias: web, app).