Un catálogo de innovación para cibermedios digitales

Como Silicon Valley rediseñou o xornalismo

O Tow Center for Digital Journalism da Columbia Journalism School presentou o informe The Platform Press: How Silicon Valley Reengineered Journalism, dentro do seu proxecto de investigación Platforms and Publishers.

Nel aborda como as redes sociais e as tecnolóxicas toman parte no xornalismo norteamericano, ao tempo que os medios levan os contidos a plataformas de terceiros. Entre os seus principais resultados figura a aparición de plataformas tecnolóxicas que publican noticias mentres se reduce o número de medios que teñen a publicación informativa como actividade central. Destacan tamén a competencia entre plataformas, que leva a audiencias maiores, e o desafío das fake news, entre outros feitos que enfronta o xornalismo e que marcarán o seu futuro e autonomía das organizacións mediáticas na converxencia.

Dispoñible en: https://www.cjr.org/tow_center_reports/platform-press-how-silicon-valley-reengineered-journalism.php