Un catálogo de innovación para cibermedios digitales

Redes de cooperación xornalísticas

O carácter bohemio e reivindicativo da profesión xornalística vese fortemente contrarrestado tanto polos seus detractores como polas cada día máis grandes presións ás que se ve sometida. Ante esta situación está claro que o único que nos queda é facer piña. Precisamente diso é do que se vai a falar nesta publicación: das redes e aplicacións de cooperación que existen por e para xornalistas.

A imaxe superior fai referencia a Hancel, unha aplicación para móbiles, que permite aos xornalistas crear redes integradas por colegas e organizacións para planear coberturas en zonas de risco. Tamén atopamos outra proposta interesante en Hi unha rede social onde xornalistas e fotógrafos comparten a tempo real as súas novidades de maneira que entre todos se poida tecer unha rica e extensa publicación a cerca das diversas temáticas que van xurdindo.

Ao marxe destas innovacións, tamén teñen cabida outras moitas experiencias o Consorcio Internacional de Periodistas de Investigación ou a Red de periodistas internacionales. Tamén se pode consultar esta rede de xornalistas de investigación que busca unha actividade conxunta en América Latina Fundación Gabriel García Márquez para o novo Xornalismo Iberoamericano e en España Crític en Cataluña.

Ademais da investigación, pódense atopar redes de xornalistas en diversos campos temáticos, por exemplo a Red de periodistas y profesionales de la comunicación para el desarrollo que é unha unha iniciativa onde os integrantes traballan nos ámbitos da solidariedade e a Cooperación Internacional. O xornalismo con perspectiva de xénero tamén está representado en Cimanoticias. A earth journalism pola súa banda, pon en contacto aos xornalistas coas realidades do desenvolvemento dos diferentes países así como tamén ten en conta as novas a cerca do Medio Ambiente.

Con gran forza en Latinoamericana, estas xuntanzas virtuais de xornalistas cobran especial importancia en México, onde a violencia toca de cheo aos traballadores da comunicación. Periodistas de a pie, xornalistas de Juarez.

Todas as aquí aludidas se tratan de redes de xornalistas para intercambio de información e experiencias moi útiles para aforrar tempo e enriquecer un trabalo que ten que loitar coa sobre información entre outras dificultades.

Descarga unha lista coas principais redes de investigación