IBERIFIER – Observatorio ibérico de medios dixitais

IBERIFIER é un observatorio de medios dixitais en España e Portugal financiado pola Comisión Europea e vinculado ao Observatorio Europeo de Medios Dixitais (EDMO). Está formado por trece universidades, cinco organizacións de fact-checking e axencias de noticias, e cinco centros de investigación multidisciplinares.

A súa principal misión é analizar o ecosistema ibérico de medios dixitais e abordar o problema da desinformación. Para iso, centra a súa investigación en cinco liñas de traballo:

  1. Investigación sobre as características e tendencias do ecosistema ibérico de medios dixitais.
  2. Desenvolvemento de tecnoloxías computacionais para a detección temperá da desinformación.
  3. Fact-checking da desinformación no territorio ibérico.
  4. Informes estratéxicos sobre ameazas de desinformación, tanto para coñecemento público como para as autoridades de España e Portugal.
  5. Promoción de iniciativas de alfabetización mediática, dirixidas a xornalistas e informadores, mozos e sociedade no seu conxunto.

Equipo USC

Xosé López García

Alba Silva Rodríguez

José Sixto García

Carlos Toural Bran

Jorge Vázquez Herrero

Novas relacionadas

Novos Medios continuará participando no observatorio Iberifier con financiamento da Comisión Europea ata 2026

O observatorio Iberifier, coordinado pola Facultade de Comunicación da Universidade de Navarra, atópase integrado por máis de 70 investigadores e xornalistas dunha vintena de organizacións. Dende o seu nacemento, o observatorio publicou máis de 4500 fact-checks e 70 publicacións científicas, impulsou decenas de actividades formativas e investigou o fenómeno e as tendencias da desinformación. O … Ler máisNovos Medios continuará participando no observatorio Iberifier con financiamento da Comisión Europea ata 2026

Un estudo de Novos Medios analiza a desinformación nas redes arredor da morte de Samuel Luiz

Un equipo investigador perteneciente al grupo Novos Medios de la USC acaba de publicar un estudio sobre la cobertura de los medios de comunicación, la conversación pública en las redes sociales y el papel de los fact-checkers en el caso del crimen de Samuel Luiz, sucedido en la madrugada de 3 de julio de 2021.

O libro Total Journalism recolle unha mirada actual ao xornalismo de 50 investigadores internacionais

A editorial Springer Nature publica o novo libro impulsado polo equipo de xornalismo dixital de Novos Medios Springer Nature acaba de publicar o libro Total Journalism: Models, Techniques and Challenges, promovido por investigadores do grupo Novos Medios, no que autores de universidades de varios países exploran en 20 capítulos o panorama xornalístico na terceira década do século XXI, … Ler máisO libro Total Journalism recolle unha mirada actual ao xornalismo de 50 investigadores internacionais

0 comments

Novos Medios participa na creación dun observatorio de medios dixitais en España e Portugal

Nun proxecto financiado pola Comisión Europea e liderado polo catedrático Ramón Salaverría, da Universidade de Navarra O consorcio de investigación IBERIFIER obtén financiación da Comisión Europea para conformar un dos oito hubs rexionais do European Digital Media Observatory. O proxecto ten por obxectivo a monitorización das ameazas da desinformación e o estudo dos medios dixitais. … Ler máisNovos Medios participa na creación dun observatorio de medios dixitais en España e Portugal