A nova dirección da IAPMR, con representación do grupo Novos Medios

Este martes 28 de setembro, no marco do congreso RIPE@2021, presentouse oficialmente a nova xunta directiva da International Association of Public Media Researchers (IAPMR). Esta nova dirección está copresidida polos profesores da Universidade de Westminster Alessandro D’Arma e Maria Michalis, á que acompañan a investigadora de Novos Medios Marta Rodríguez Castro (secretaria e representante de novos/as investigadores/as), Minna Horowitz (vicepresidenta) e Michael-Bernard Zita (tesoureiro). Gregory Ferrell Lowe será o representante de RIPE, con funcións consultivas e Florence Hartmann, da Unión Europea de Radiodifusión, a conexión coa industria.

Nesta nova etapa, a IAPMR quere reforzar a súa misión, impulsar o avance teórico e a investigación, apoiar o desenvolvemento dos medios de comunicación públicos como garantía das democracias do século XXI e actuar como vínculo entre a academia, os medios públicos e os individuos para favorecer a colaboración creativa.

Para iso, a IAPMR continuará colaborando estreitamente coa Public Media Alliance, o Centre for Media, Data and Society da Central European University, e manerá o apoio da Unión Europea de Radiodifusión.

As primeiras actividades impulsadas pola IAPMR inclúen tres webinars que se celebrarán entre outubro e novembro do 2021. O 26 de outubro a profesora da London South Bank University Lizzy Jackson impartirá o seminario “Bricolage & Fluidity: Towards ‘Post Channel’ PSM?. O 4 de novembro, a agora directora de valor público da VRT abordará as principais ideas do seu último libro no webinario “Building Bridges: PSM law, theory and practice”. A última das actividades programadas polo momento será o webinar do profesor da Universidade de Westminster Christian Fuchs, “The structural transformation of the Public Sphere and Public Service Media in the age of digital capitalism and COVID-19” (29 de novembro). A inscrición aos tres webinarios pode realizarse a través deste enlace: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdmgM7wv4IbRjU43uVAEc6YadhZHmFwQRxB-2sNSKe-Rxutig/viewform