Curso de Formación Continua: Comunicación de Crise

Do 4 de Maio ó 29 de Xuño na Universidade de Santiago de Compostela

A Facultade de Ciencias da Comunicación da USC abre a convocatoria para a terceira edición do Curso de Formación Continua: Comunicación de Crise. Dirixido a profesionais da comunicación o obradoiro ten como obxectivo aportarlles aos participantes os coñecementos e as ferramentas para planificar un protocolo de actuación durante unha situación de crise, tanto dende o punto de vista da comunicación interna, como externa.

O Grupo de Investigación Novos Medios, baixo a dirección de Miguel Túñez e a coordinación de Carmen Costa, organiza este programa formativo que inclúe módulos prácticos e teórico-prácticos. Entre os convidados para impartir os diferentes módulos destaca a asistencia de: Montse Quesada, catedrática da Universidade Pompeu Fabra; José Antonio Gómez Municio, Asesor da Presidencia do Goberno Español; Rosario de Mateo Pérez, Catedrática da Universidade Autónoma de Barcelona e Miguel Anxo García Álvarez, Psicólogo do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Este curso será impartido todos os venres entre o 4 de maio e o 29 de xuño en horario de 16:00 a 21:00 horas. O prazo de preinscripción remata o vindeiro 18 de abril. Os interesados poden facer a súa solicitude a través dos seguintes contactos:

Carmen Costa: ccosta@usc.es

Miguel Túñez: mtunez@usc.es

Teléfono de contacto: 98156 31 00 Extensión: 16532

Avance e converxencia da Sociedade da Información en América Latina

O informe Iberoamérica ante a Sociedade da Información, auspiciado polo Departamento de Análise e Prospectiva da Fundación France Telecom España, supón unha primeira aproximación ao grao de progreso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación en Iberoamérica. O obxectivo primixenio e cardinal desta análise monográfica é o de reflectir a situación actual dos principais indicadores que definen o avance do desenvolvemento da Sociedade da Información en cinco países da rexión: Arxentina, Brasil, Chile, Colombia e México-.

Aínda que os gobernos destas nacións están a traballar para dar solución aos tres grandes desafíos que han de acometer nos albores do século XXI: paliar a Fenda dixital, desenvolver a Administración electrónica e conseguir unha industria do software competitiva a nivel internacional, o certo é que os indicadores que definen a SI reflicten que a converxencia cos países máis avanzados aínda está lonxe.

Leer másAvance e converxencia da Sociedade da Información en América Latina

A iniciación no contorno dixital

ARQUÉS i SALVADOR, Neus: Aprender comunicación digital, Barcelona, Paidós, 2006.

Sobre comunicación dixital e Internet hai unha enorme cantidade de libros. Hai unha escalofriante cifra de sitios e outros espazos na World Wide Web. Hai un incontable número de artigos e informes. As tecnoloxías da información e comunicación forman parte dunha incontable profusión de páxinas, tanto impresas como virtuais. Toda esa inconmensurable documentación estará adscrita a diferentes categorías ou clases, de acordo cos sistemas de avaliación dos contidos. Existen textos para analfabetos dixitais, para iniciados, para expertos de nivel medio, para especialistas e experimentados usuarios. E, a pesar da rápida evolución do ciberespazo e o vertixinoso proceso de conexión cidadán á rede de redes, sempre, aló menos polo de agora, haberá persoas que tenten explorar por primeira vez os vericuetos do entorno das redes. Polo que sempre é de agradecer que algún autor ou autora busque formas de achegar os riscos desa sociedade en rede, de acordo co sociólogo Manuel Castells, aos neófitos. Non está nada mal depurar e sintetizar o discurso de tal xeito que se navegue pola esencia de servicios e recursos que hai a disposición do usuario a través de Internet.

Leer másA iniciación no contorno dixital

Achegas para un novo modelo de televisión pública

Radio y televisión en España. Historia de una asignatura pendiente de la democracia
Enrique Bustamante
Gedisa, 2006. 285 páxinas

A celebración no ano 2006 do cincuenta aniversario da chegada da televisión a España animou a elaboración de varios estudos e a publicación de libros nos que se analiza a traxectoria da televisión no Estado, desde a súa aparición en tempos da ditadura ata o momento actual, no que hai un intenso debate para buscar outro modelo máis acorde cos tempos. Moitos deses libros só recollen anécdotas, relatorios dos programas que fixeron historia e entrevistas cos seus protagonistas. Outros, os menos, analizan as estratexias da televisión nas súas distintas etapas, con referencias ao seu contexto histórico.

Leer másAchegas para un novo modelo de televisión pública

Flash cumpre 10 anos

A tecnoloxía de animación vectorial máis popular do mundo, o Flash, cumpre 10 anos. E para celebralo, a actual propietaria do software, Adobe, elaborou un potente especial (en flash obviamente) que ofrece unha retrospectiva dos principais fitos tecnolóxicos do Flash e das webs elaboradas con ela que marcaron un antes e un despois no deseño web. O flash foi para Internet o que o tuning está a ser para os coches: é quen de sacar o máis hortera que leva un dentro. Boto en falta nas galerías do especial de Adobe unha especial coas intros da institucións galegas, que eu me ofrecería a comisariar, porque esta tecnoloxía é especialmente fértil en anécdotas.

Leer másFlash cumpre 10 anos

Imaxes 3D que interactúan e se proxectan en obxectos físicos

Toshiba vén de presentar no Ceatec 2006, unha feria das industrias dixitais no Xapón, unha pantalla interactiva que permite interaccionar imaxes 3D representadas nun monitor plano cun obxecto real (neste caso, unha copa). Polo que se pode observar, parece que o monitor é capaz de proxectar contido directamente sobre ese obxecto externo. As posibilidades son moi interesantes na medida en que o monitor sexa capaz de determinar a forma física que entra en contacto con el. (Thanks, Amui!)

Una comunidad de vídeo viral española

DalealPlay quiere ser una comunidad de vídeos en español y desde España, según Marcos Enríquez, responsable de Ozú e impulsor del nuevo portal de vídeo viral de la empresa de Vocento, uno de los grandes grupos españoles de comunicación. Un portal en el que se puede encontrar cómo ven el mundo los usuarios españoles y latinoamericanos a través del vídeo en internet y con la ambición de sumar contenidos de las televisiones y el sector audiovisual español.
(Juan Varela)