Vilanova i la Geltrú acogerá el 5 º Seminario Internacional de Periodismo Digital

La Escola Politècnica Superior d´Enginyeria de Vilanova i la Geltrú será la sede de la quinta edición del seminario de periodismo digital los días 17, 18,19 y 20 de noviembre. 

En esta edición el tema central será la participación de los ciudadanos en la elaboración de los contenidos: «Este año queramos centrar nuestra atención en una tendencia que se está generalizando por momentos: la producción de la información por parte de los ciudadanos dentro y fuera de los medios de comunicación profesionales». En los días en los que se celebrará este evento, se analizarán las consecuencias, oportunidades y retos que supone esta tendencia.

El programa se puede consultar en el siguiente enlace: http://www.mitjansdigitals.org/cas/mitjansdigitals_seminari_cast.htm

[lang_gl]Novo manual: Diseño periodístico en Internet[/lang_gl][lang_es]Nuevo manual: Diseño periodístico en Internet[/lang_es]

disenho.jpg [lang_gl]Ainara Larrondo e Ana Serrano son as editoras de Diseño Periodístico en Internet, un novo manual para investigadores, estudantes e profesionais do ciberxornalismo que edita a Universidade do País Basco. Aínda que existen numerosas publicacións sobre deseño web, esta é unha obra pioneira: ata o momento non se editara no Estado español unha obra que abordara o tratamento do deseño de xornais para Internet desde unha óptica interdisciplinar, integrando as achegas dos investigadores e profesionais que traballan sobre a cuestión. Deste xeito, José Ignacio Armentia, María Ángeles Cabrera, Eva Domínguez, Manuel Gago, Yusef Hassan, María Bella Palomo, Simón Peña, Xosé Pereira, Ramón Salaverría e Francisco Sancho achegan perspectivas complementarias sobre a representación e disposición gráfica da información xornalística nos cibermedios.

Pola miña banda, contribuín co capítulo: «Flash 2.0. Tecnología y cibermedios en la nueva web social«. Nel achégome á evolución do concepto de infografía realizada coa tecnoloxía gráfica hexemónica, Flash, ao longo destes dez anos: de soporte para «especiais» e a vehículo narrativo de animación e interacción ata a situación actual, no que xunto cos formatos anteriores, Flash se emprega para xestionar a visualización de grandes masas de datos dinámicos e a integración estándar do multimedia na edición xornalística.

O capítulo de Manuel Gago: «Flash 2.0. Tecnología y cibermedios en la nueva web social» pódese descargar en PDF aquí (1,5 Mbs). [/lang_gl] [lang_es] Ainara Larrondo y Ana Serrano son las editoras de Diseño Periodístico en Internet, un nuevo manual para investigadores, estudiantes y profesionales del cibeperiodismo que edita la Universidad del País Vasco. Aunque existen numerosas publicaciones sobre diseño web, esta es una obra pionera: incluso el momento no se había editado en el Estado español una obra que abordase el tratamiento del diseño de periódicos para Internet desde una óptica interdisciplinar, integrando las aportaciones de los investigadores y profesionales que trabajan sobre la cuestión. De este modo, José Ignacio Armentia, María Ángeles Cabrera, Eva Domínguez, Manuel Gago, Yusef Hassan, María Bella Palomo, Simón Peña, Xosé Pereira, Ramón Salaverría y Francisco Sancho presentan perspectivas complementarias sobre la representación y disposición gráfica de la información periodística en los cibermedios.

El capítulo de Manuel Gago: «Flash 2.0. Tecnología y cibermedios en la nueva web social» se puede descargar en PDF aquí (1,5 Mbs). [/lang_es]

Alfredo Amestoy dará unha conferencia sobre a televisión o día 24 na Coruña

No marco do Ciclo de Conferencias Caixanova 2007 Xornalismo Século XXI, adicado a ’50 anos de Televisión’, o xornalista Alfredo Amestoy dará unha conferencia o día 24 deste mes na Coruña, baixo o título: ‘Televisión, o crebacabezas’. Dita conferencia terá lugar na sede de Caixanova na Coruña, ás 20.00 horas.

Amestoy acadou unha enorme popularidade en TVE nas décadas dos sesenta e dos setenta, durante as que dirixiu e presentou numerosos programas, entre eles, Vivir para ver, que chegou a unha audiencia nunca antes conseguida en España.

No ano 1975, concedéuselle o Premio Ondas, xunto a José Antonio Plaza, polo programa 35 millones de españoles que ambos presentaban. 

Este ciclo de conferencias, inaugurado por José María Carrascal, quen falou sobre a evolución da televisión en España, terá como próxima cita o día 15 de Novembro, cando Tico Medina abordará o tema das corresponsalías.

Aprender a comunicar a ciencia

O 28 e 29 de Setembro terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o primeiro Foro de ‘Ciencia e Comunicación’ de Galicia, lugar de encontro e debate sobre o papel da comunicación científica na sociedade actual.

Organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), a Consellería de Innovación e Industria e o Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (in.ci.te) en colaboración coa Facultade de Comunicación de Compostela, este Foro traerá a Santiago a destacados divulgadores científicos e investigadores, así como a estudosos do ámbito da comunicación científica.

Aprender a comunicar a ciencia continúa sendo un reto dos profesionais da comunicación que sobre todo por medio da especialización están conseguindo facer máis próximas a linguaxe, a temática e os conceptos que se manexan no mundo científico. Gemma Revuelta, Francisco Díaz Fierros, Fernando Bouzas, José Pardina, Thomas Tydén, Carolina Moreno, Jorge Mira, Alicia Rivera, Luis Álvarez Pousa e Javier López, principais poñentes convidados, farannos partícipes durante estes dous días da importancia de que exista entendemento e proximidade entre ciencia e comunicación.

Podedes atopar máis información sobre este foro, facendo clic aquí.

Missika: “Vivimos nun mundo de imaxes presentes e de media ausentes”

missika.jpgLa fin de la télévision
Jean-Louis Missika
Editions du Seuil
108 páx – 09/03/2006
Prezo : 10,50 € – ISBN : 2020860872

A reflexión sobre a televisión, o medio dominante do último medio século nas sociedades democráticas modernas, podería servir tamén para a prensa e a radio, e incluso para a comunicación en xeral. É dicir, cada vez máis comunicación pero tamén, ó mesmo tempo, máis incomunicación. Reflexións sobre o papel dos mass-media na era de Internet, cando a Rede tenta converterse en medio dominante, coma no seu tempo foron a prensa e despois a televisión. Creba a vella concepción do espazo público creado polos mass-media tradicionais e emerxen uns novos media, máis ¿como serán os seus elos de federación para a relación e a responsabilidade social?

Un dos autores franceses de referencia no estudio dos media, que publicara hai máis de vinte anos xunto a Dominique Wolton La Folle du logis: la télévisión dans les societés démocratiques (Gallimard, 1983), volve agora de novo cunha revisión do papel actual do fenómeno televisivo. Jean-Louis Missika opina en La fin de la télévision (Seuil, 2006) que “vivimos nun mundo de imaxes presentes e de media ausentes. Cada vez máis imaxes e menos televisión. Vamos a ter unha sociedade sen televisión. Non é a televisión en canto tecnoloxía a que desaparece senón a televisión como media, a televisión como instrumento de focalización das sociedades modernas, a mesma que o 20 de xullo de 1969 reuniu a todo o planeta para ver dar os pasos de Armstrong na lúa, ou aquela que reúne a millóns de telespectadores diante dos telexornais da primeira hora da noite”.

O libriño de Missika, lúcido e fresco, provocador e interesante, ábrese partindo da clasificación das tres idades da televisión: a paleo-televisión, a neo-televisión e a post-televisión. Noutro capítulo reflexiona sobre a hipersegmentación, a dixitalización, o fin da independencia económica e a desprofesionalización. Na última parte da obra aborda a desintegración do espazo público, os media como acontecemento e as tres idades da información televisiva (a institucional da paleo-televisión, a info-espectáculo da neotelevisión e a fusión da post-televisión).

F. CAMPOS

Cursos de desenvolvemento profesional en Xornalismo e Comunicación en Barcelona

O Institut d’Educació Continua da Universidade Pompeu Fabra programa para distintas datas comprendidas entre o 2 e o 20 de Xullo un total de 21 cursos vinculados con tres grandes áreas: Xornalismo, Comunicación Audiovisual e Comunicación nas organizacións. Para inscribirse nos cursos, cómpre ser licenciado, diplomado ou ter superado o primeiro ciclo de calquer estudo universitario.

Leer másCursos de desenvolvemento profesional en Xornalismo e Comunicación en Barcelona

Pubícase o novo informe da comunicación en Cataluña

Informe da comunicación en cataluña O Instituto da Comunicación da Universidade Autónoma de Barcelona, dirixido polo profesor Miquel de Moragas, acaba de prensentar o Informe da comunicación en Cataluña 2005-2006. Neste volume interveñen 27 autores da talla do propio Mique de Moragas, Emili Prado, Daniel E. Jones ou Bernat López. O volume está dividido en tres partes onde se analiza a situación dos medios de comunicación na comunidade catalana, as grandes tendencias dos medios de comunicación e un estado da cuestión da investigación sobre a comunicación en Cataluña.O informe pódese descargar gratuitamente, na súa versión en castelán, en http://www.portalcomunicacion.com/informe/esp/index.asp. Tamén hai a opción de mercar a edición en papel.

Modelando el futuro de los periódicos

Análisis del desarrollo estratégico y oportunidades en la industria de la prensa

Resumen del anuario «World Digital Media Trends 2007» traducido por Dolores Calvo

Este anuario sirve como brújula digital para los estrategas del mundo de los medios de comunicación proporcionando más de 160 conjuntos de datos procedentes de 35 fuentes y análisis sobre las tendencias de generación de ingresos y el consumo de medios en Internet y las industrias móviles, y comparándolos con los medios ya estrablecidos.

Leer másModelando el futuro de los periódicos

Xornalismo e poder

periodismo_poder.jpgPERIODISMO Y PODER: : POLÍTICOS, PERIODISTAS Y CIUDADANOS VOLUNTARIAMENTE DESINFORMADOS
Diezhandino Nieto, Mª Pilar (Prentice Hall)
Prezo:24 €
280 páx.
Idioma: Español
ISBN: 848322366X. ISBN-13: 9788483223666 (02/2007).

O coñecido dilema arredor da influencia dos medios de comunicación segue centrando as reflexións de sociólogos, politólogos, cumunicólogos… en moitos dos seus últimos traballos, case sempre froito de investigacións académicas. Hai bastantes teorias sobre os efectos dos medios, que van desde as que os culpan de todos os males actuais ata outras que limitan a súa influenza. Nestes anos do século XXI, varios autores coincidiron en apuntar unha influenza múltiple nas decisións e opinións dos cidadáns, polo que consideran esaxerado considerar aos medios os .

Por Manuel David Díaz

Leer másXornalismo e poder

Identidade e Xénero, temas centrais dun Congreso Internacional de Comunicación

«Poñer en común diferentes visións sobre cuestións que teñen que ver, por unha banda, cos modelos, procesos e límites da identidade, e pola outra, con todos os vértices que implica a dimensión de xénero». Este é o obxectivo fundamental do Congreso Internacional de Comunicación, Identidade e Xénero, que terá lugar os días 25 e 26 de Outubro na Universidade Rey Juan Carlos (Madrid), organizado polo Seminario de Estudos de Identidade e Xénero GICOMSOC (Grupo de Investigación sobre Comunicación, Sociedade e Cultura) do Departamento de Ciencias da Comunicación I de dita Universidade. 

As comunicacións distribuiranse en tres áreas de traballo: Comunicación e Identidade, Comunicación e Xénero e Novos Horizontes. O papel fundamental dos medios de comunicación como axentes que contribúen a afortalar e difundir as claves identitarias da colectividade, así como a especial atención ás representacións do feminino difundidas a través da información e da publicidade constitúen os dous eixos temáticos deste Congreso. O prazo para o envío de comunicacións remata o 31 de Maio. Para máis información, clickade aquí