[lang_gl]Suzana Barbosa, premio Adelmo Genro Filho de Pesquisa da SBPJor de investigación 2008[/lang_gl][lang_es]Suzana Barbosa, premio Adelmo Genro Filho de Pesquisa de la SBPJor de investigación 2008[/lang_es][lang_en]Suzana Barbosa, award Adelmo Genro Filho de Pesquisa of the SBPJor of investigation 2008[/lang_en]

[lang_gl] Suzana Barbosa Oliveira, investigadora en xornalismo que compartiu meses de traballo co grupo de investigación Novos Medios en Santiago de Compostela, foi galardoada co Premio Adelmo Genro Filho de Pesquisa em Jornalismo 2008 á Melhor Tese de Doutorado, concedido pola Associaçao Brasileira de Pesquisadores em Jornalismo.

Noraboa Suzana Barbosa[/lang_gl] [lang_es] Suzana Barbosa Oliveira, investigadora en periodismo que compartió meses de trabajo con el grupo de investigación Novos Medios en Santiago de Compostela, fue galardonada con el Premio Adelmo Genro Filho de Pesquisa em Jornalismo 2008 a la Melhor Tesis de Doctorado, concedido por la Associaçao Brasileña de Pesquisadores em Jornalismo.

Felicidades Suzana Barbosa[/lang_es] [lang_en] Suzana Barbosa Oliveira, investigator in journalism that shared months of work with the research group Novos Medios in Santiago de Compostela, was awarded with the Adelmo Genro Filho de Pesquisa Award in Jornalismo 2008 to the Melhor Tese de Doutorado, granted by the Brazilian Associaçao Brasileña de Pesquisadores em Jornalismo.

Congratulations Suzana Barbosa[/lang_en]

[lang_gl]“Os xornais locais e os especializados teñen moito futuro”, Tim O’Reilly[/lang_gl][lang_es]“Los periódicos locales y los especializados tienen mucho futuro”, Tim O’Reilly[/lang_es][lang_en]»The local newspapers and the specialized ones have much future», Tim O’Reilly[/lang_en]

[lang_gl]Tim O’Reilly, o que fora un dos creadores do concepto da Web 2.0, avanzou cuestións interesantes que afectan a Internet e aos seus usuarios hoxe en día no marco da Conferencia Internacional de Software Libre que se está a celebrar en Málaga.
O’Reilly, nunha entrevista concedida ao xornal Público, e preguntado polas posibilidades que teñen de subsistencia os medios tradicionais, asegura que hai dous tipos dos clásicos medios de comunicación de masas que teñen futuro: os xornais locais e os especializados en determinadas áreas do coñecemento ou ideas.
Afondando un pouco nas cuestións máis actuais referentes á rede de redes, O’Reilly comenta o poder das redes sociais, que moven millóns de usuarios e que, grazas á súa habilidade para obter beneficios duns poucos deses usuarios, están a presentar resultados económicos moi positivos.
Finalmente, o polifacético irlandés asegura que o devir da rede estará marcado pola conexión móvil dende calquera dispositivo e mostra o seu escepticismo sobre as posibilidades da Web semántica, xa que a Web 2.0 está a cumprir moitas das expectativas coas que se adornaba a súa chegada.
Vista o blog de O’Reilly
Accede á entrevista completa[/lang_gl] [lang_es]Tim O’Reilly, el que fuera uno de los creadores del concepto de la Web 2.0, avanzó cuestiones interesantes que afectan a Internet y a sus usuarios hoy en día en el marco de la Conferencia Internacional de Software Libre que se está celebrando en Málaga.
O’Reilly, en una entrevista concedida al periódico Público, y preguntado por las posibilidades que tienen de subsistencia los medios tradicionales, asegura que hay dos tipos de los clásicos medios de comunicación de masas que tienen futuro: los periódicos locales y los especializados en determinadas áreas del conocimiento o ideas.
Ahondando un poco en las cuestiones más actuales referentes a la red de redes, O’Reilly comenta el poder de las redes sociales, que mueven millones de usuarios y que, gracias a su habilidad para obtener beneficios de unos pocos de esos usuarios, están presentando resultados económicos muy positivos.
Finalmente, el polifacético irlandés asegura que el devenir de la red estará marcado por la conexión móvil desde cualquier dispositivo y muestra su escepticismo sobre las posibilidades de la Web semántica, ya que la Web 2.0 está cumplir muchas de las expectativas con las que se adornaba su llegada.
Vista el blog de O’Reilly
Accede a la entrevista completa[/lang_es] [lang_en]Tim 0’Reilly, that was one of the creators of Web 2.0 concept, advanced interesting questions that affect Internet and to its users in day in the frame of the Conference the International of Free Software that is being celebrated in Malaga. O’Reilly, in one interview granted to the Public newspaper, and asked for the possibilities that have of subsistence traditional newspapers, assures that there are two types of classic mass media of masses that have future: media specialized in certain areas or the local newspapers. Deepening a little in the referring present questions to the network of networks, O’Reilly comments the power of the social networks, that move million users and who, thanks to its ability to obtain benefits of few of those users, are presenting very positive economic results. Finally, the polifacetic irish man assures that happening of the network it will be marked by the movable connection from any device and shows its skepticism on the possibilities of the semantic Web, since Web 2.0 it is fulfilling many of the expectations with which its arrival was adorned.
0’Reilly´s blog
Go to complete interview[/lang_en]

[lang_gl]»Pese aos cambios no ámbito da comunicación, os contidos seguen a ser o máis importante, Danny Wood (Aciveiro II)[/lang_gl][lang_es]“Pese a los cambios en el ámbito de la comunicación, los contenidos siguen siendo lo más importante”, Danny Wood (Aciveiro II)[/lang_es]

[lang_gl]No segundo día do encontro sobre os modelos de organización e funcionamento dos medios públicos na sociedade da información interviron os profesores do ámbito da comunicación como Emilio Prado, Enrique Bustamante ou Josep Lluis Gómez Mompart e o correspondente da BBC, Danny Wood.

«Sempre se pode adquirir máis e mellor tecnoloxía, pero o importante sempre serán os contidos”, Danny Wood. O xornalista da BBC expuxo, baixo o título La experiencia de la BBC. Análisis de las últimas reformas, a situacion na que se atopa o grupo comunicativo británico no contexto da Sociedade da Información e do Coñecemento. Así, Wood asegurou que “informar, educar e entreter” son as máximas coas que traballa a BBC e a esencia do seu valor como servizo público. Wood presentou unha BBC inmersa nos procesos de converxencia mediática, onde os contidos son o elemento a coidar e o que define a aplicación de recursos. Unha vez que os xornalistas elaboran un contido, o seu obxectivo é “sacarlle proveito na televisión, na radio e en Internet se é posible”, asegurou.
Wood estableceu un paralelismo diferenciador entre RTVE e a BBC á hora de falar da confianza que a cidadanía ten o medio público, xa que asegurou que “a audiencia sempre, ou case sempre, está do noso lado na BBC, a diferenza do que pasa aquí en España con RTVE”. “Sentímonos apoiados na nosa labor informativa, educativa e de entretemento polas nosas audiencias”, indicou o correspondente australiano.Á hora de afrontar o futuro, Wood asegurou que a BBC conta con certos puntos ao seu favor. Por unha banda contan cun Estatuto onde se define
claramente o seu cometido, a esencia de servizo público mailos obxectivos a acadar. Por outra banda, Wood asegurou que na BBC “existe unha cultura de servizo público e de independencia política que permite traballar dun xeito cómodo”. Ademais, outro factor que lle permitirá á cadea británica afrontar o futuro máis inmediato é a alta porcentaxe dos seus presupostos que procede do financiamento público (un 85%), feito este que lle permite á cadea experimentar na programación e avanzar na satisfacción das necesidades que as audiencias británicas
manifestan: novas ideas, noticias de calidade, programas educativos para todas as audiencias, máis deportes e, por último, melloras nos servizos relativos ás rexións e provincias que compoñen o Reino Unido.

“A reforma proposta para RTVE non acaba de repercutir nos contidos, o campo onde se deben obter resultados”, Enrique Bustamante. O segundo en tomar a palabra no derradeiro día do curso foi o catedrático de Comunicación Audiovisual da Univrersidade Complutense de Madrid Enrique Bustamante. Coa comunicación titulada La reforma de RTVE. Lecciones para afrontar nuevos desafíos, o profesor da universidade madrileña fixo un percorrido pola historia da televisión en España. Así, presentou un medio autoritario empregado coma arma de guerra durante o franquismo, que se caracterizaba por emitir produtos de ficción procedentes do EUA confrontándoo coa RTVE da democracia, que coa entrada en vigor do Estatuto do 80’ se converteu nun ente gubernamentalizado, con subvención mínima (5%) e cun endebedamento masivo (6.500 millóns de euros no ano 2004).
Así, e coa historia como marco referencial, Bustamante describiu o sistema televisivo en tempos presentes (1990-2004) coma “oligolpolístico coa marca das cadeas privadas, sumido nun monopolio no campo da Televisión Dixital por Satélite (Digital Plus) e no campo da Televisión por Cable (ONO e AUNA), ao tempo que se observa un claro fracaso da TDT”.
Unha vez que trazou un mapa histórico do marco televisivo español e da RTVE, Bustamante centrou a súa intervención na reforma da Corporación de RTVE que aborda a lei do 2006 que considera “histórica” aínda que incompleta, xa que carece de “medidas para controlar a televisión privada, non contempla cuestións relativas á limitación da publicidade e mantén paralizada a lei do audiovisual, entre outras faltas”. O catedrático da UCM amosouse pesimista ante esta situación e afirmou que aínda que “histórica”, esta reforma non suporá a “adaptación total de RTVE á situación presente e ao futuro que se augura no sector e na sociedade”, entre outras cousas porque a reforma non ten unha “traduccion directa” nos contidos, campo sobre ao que “con maior énfase debería chegar”, compartindo visión con Danny Wood sobre a importancia dos contidos no panorama comunicativo.

“Os cambios tecnolóxicos, sociais e as modificacións de hábitos que estes implican definirán a comunicación audiovisual dixital”, Joan Majó
A sesión da mañá foi pechada por Joan Majó, ex ministro de industria, consultor e experto europeo en xestión audiovisual e de telecomunicacións e ex director xeral da Corporació Catalana de Radio y Televisió que coa intervención titulada Nuevos modelos de alternativas para la comunicación audiovisual digital tratou os factores que condicionarán o futuro da comunicación audiovisual dixital.
“Os cambios tecnolóxicos e as mudanzas que estes provocan nos hábitos e usos sociais son un factor determinante na configuración do futuro do ecosistema audiovisual dixital”, afirmou Majó.
A dixitalización, o paso do cabo á fibra óptica, o troco do tubo catódico pola pantalla plana ou a eliminación do debate entre a transmisión por cabo ou por ondas estruturarán en boa medida o ámbito do audiovisual. Ademais, hai que contar cos vectores que definirán os usos sociais do futuro, onde o receptor tradicional pasivo pode converterse nun emisor dialogante ao tempo que os procesos de converxencia nos usos profesionais farán dos próximos lustros momentos decisivos para o sector da comunicación audiovisual dixital.

“O xornalismo tende a converterse nun impostor ao perder as sás características esenciais”, Josep Luís Gómez Mompart
Josep Lluis Gómez Mompart, catedrático de Xornalismo da Universidade de Valencia, foi o encargado de abrir a sesión de tarde coa comunicación Modelos periodísticos para los medios públicos, onde repasou a tipoloxía da programación informativa na televisión dende o punto de vista xornalístico e as tendencias xornalísticas nos últimos lustros nos medios de comunicación públicos.
Así, as señas de identidade dos medios públicos no que respecta aos modelos xornalísticos que empregan pódese observar unha influencia desmedida dos diferentes poderes –político, social, cultural, económico…- e das informacións institucionais, ademais dunha clara espectacularización temática, unha trivialización informativa e un exceso na práctica do xornalismo de declaracións.
“A situación actual pódese ver coma unha tendencia á impostura xornalística”, afirmou con rotundidade Gómez Mompart. Isto é así porque “o que se fai na actualidade non é xornalismo, tan só o parece”, ao tempo que “desinforma” e rouba protagonismo aos cidadáns para entregarllo aos que o catedrático da UV denomina “traficantes do sentido”, que petencen aos diversos poderes e saben como influir nos medios. Entre as causas
desta situación pódese citar o oligopolio mediático, a dependencia dos grupos de medios dos poderes políticos e económicos, o éxito da verosimilitude fronte á obxectividade e á verdade e a obsesión pola exclusiva, entre outras.

Entre a necesidade dun modelo de televión pública e a súa xestión e financiamento
As últimas intervencións do encontro foron as do catedrático de Comunicación Audiovisual da Universidade Autónoma de Barcelona Emilio Prado e a do Catedrático de Comunicación Audiovisual da Universidade do País Vasco Juan Carlos Miguel de Bustos.
Emilio Prado analizou a conveniencia dunha estrutura modélica en relación á televisión pública na súa comunicación titulada Necesidad de un nuevo modelo de TV pública. Líneas de actuación, namentras que pola súa parte, Juan Carlos Miguel de Bustos tratou a xestión e o financiamento dos proxectos na súa intervención baixo o título Propuestas para un modelo de financiación y gestión.
Durante estas sesións, unha trintena de estudantes puideron compartir cos académicos e profesionais os diversos puntos de vista sobre os medios de comunicación públicos, tanto desde a súa xestión, coma desde a óptica dos obxectivos e rendablidade social e económica.
[/lang_gl] [lang_es]En el segundo día del encuentro sobre los modelos de organización y funcionamiento de los medios públicos en la sociedad de la información intervinieron profesores del ámbito de la comunicación como Emilio Prado, Enrique Bustamante o Josep Lluis Gómez Mompart y el corresponsal de la BBC, Danny Wood.

«Siempre se puede adquirir más y mejor tecnología, pero lo importante siempre serán los contenidos”, Danny Wood.El periodista de la BBC expuso, bajo el título La experiencia de la BBC. Análisis de las últimas reformas, la situacion en la que se encuentra el grupo comunicativo británico en el contexto de la Sociedad de la Información y del Conocimiento. Así, Wood aseguró que “informar, educar y entretener” son las máximas con las que trabaja la BBC y la esencia de su valor como servicio público. Wood presentó una BBC inmersa en los procesos de convergencia mediática, donde los contenidos son el elemento a principal y lo que define la aplicación de recursos. Una vez que los periodistas elaboran un contenido, su objetivo es “sacarle provecho en la televisión, en la radio y en Internet si es posible”, aseguró.
Wood estableció un paralelismo diferenciador entre RTVE y la BBC a la hora de hablar de la confianza que la ciudadanía tiene en el medio público, ya que aseguró que “la audiencia siempre, o casi siempre, está de nuestro lado en la BBC, a diferencia de lo que pasa aquí en España con RTVE”. “Nos sentimos apoyados en nuestra labor informativa, educativa y de entretenimiento por nuestras audiencias”, indicó el corressal australiano.
A la hora de afrontar el futuro, Wood aseguró que la BBC cuenta con ciertos puntos a su favor. Por una banda cuentan con un Estatuto donde se define claramente su cometido, la esencia de servicio público más los objetivos a alcanzar. Por otra parte, Wood aseguró que en la BBC “existe una cultura de servicio público y de independencia política que permite trabajar de un modo cómodo”. Además, otro factor que le permite a la cadena británica afrontar el futuro más inmediato es el alto porcentaje de sus presupuestos que procede de la financiación pública (un 85%), hecho este que le permite a la cadena experimentar en la programación y avanzar en la satisfacción de las necesidades que las audiencias británicas manifiestan: nuevas ideas, noticias de calidad, programas educativos para todas las audiencias, más deportes y, por último, mejoras en los servicios relativos a las regiones y provincias que componen el Reino Unido.

“La reforma propuesta para RTVE no acaba de repercutir en los contenidos, el campo donde se deben obtener resultados”, Enrique Bustamante
El segundo en tomar la palabra en el último día del curso fue el catedrático de Comunicación Audiovisual de la Univrersidad Complutense de Madrid Enrique Bustamante. Con la comunicación titulada La reforma de RTVE. Lecciones para afrontar nuevos desafíos, el profesor de la universidad madrileña hizo un recorrido por la historia de la televisión en España. Así, presentó un medio autoritario empleado como arma de guerra durante el franquismo, que se caracterizaba por emitir productos de ficción procedentes de los EE UU confrontándolo con la RTVE de la democracia, que con la entrada en vigor del Estatuto del 80′ se convirtió en un ente gubernamentalizado, con subvención mínima (5%) y con un endeudamiento masivo (6.500 millones de euros en el año 2004).Así, y con la historia como marco referencial, Bustamante describió el sistema televisivo en tiempos presentes (1990-2004) como “oligolpolístico con la marca de las cadenas privadas, sumido en un monopolio en el campo de la Televisión Digital por Satélite (Digital Plus) y en el campo de la Televisión por Cable (ONO y AUNA), a la vez que se observa un claro fracaso de la TDT”.Una vez que trazó un mapa histórico del marco televisivo español y de RTVE, Bustamante centró su intervención en la reforma de la Corporación de RTVE que aborda la ley del 2006 que considera “histórica” aunque incompleta, ya que carece de “medidas para controlar la televisión
privada, no contempla cuestiones relativas a la limitación de la publicidad y mantiene paralizada la ley del audiovisual, entre otras faltas”. El catedrático de la UCM se mostró pesimista ante esta situación y afirmó que aunque “histórica”, esta reforma no supondrá la “adaptación total de RTVE a la situación presente y al futuro que se augura en el sector y en la sociedad”, entre otras cosas porque la reforma no tiene una “traducción directa” en los contenidos, campo sobre el que “con mayor énfasis debería llegar”, compartiendo visión con
Danny Wood sobre la importancia de los contenidos en el panorama comunicativo.

“Los cambios tecnológicos, sociales y las modificaciones de hábitos que estos implican definirán la comunicación audiovisual digital”, Joan Majó
La sesión de la mañana fue cerrada por Joan Majó, ex ministro de industria, consultor y experto europeo en gestión audiovisual y de telecomunicaciones y ex director general de la Corporació Catalana de Radio y Televisió que con la intervención titulada Nuevos modelos de alternativas para la comunicación audiovisual digital trató los factores que condicionarán el futuro de la comunicación audiovisual digital.

“Los cambios tecnológicos y las cambios que estos provocan en los hábitos y usos sociales son un factor determinante en la configuración del futuro del ecosistema audiovisual digital”, afirmó Majó.
La digitalización, el paso del cable a la fibra óptica, el cambio del tubo catódico por la pantalla plana o la eliminación del debate entre la transmisión por cable o por ondas estructurarán en buena medida el ámbito del audiovisual. Además, hay que contar con los vectores que definirán los usos sociales del futuro, donde el receptor tradicional pasivo puede convertirse en un emisor dialogante a la vez que los procesos de convergencia en los usos profesionales harán de los próximos lustros momentos decisivos para el sector de la comunicación
audiovisual digital.

“El periodismo tiende a convertirse en un impostor al perder sus características esenciales”, Josep Luís Gómez Mompart
Josep Lluis Gómez Mompart, catedrático de Periodismo de la Universidad de Valencia, fue el encargado de abrir la sesión de tarde con la comunicación Modelos periodísticos para los medios públicos, donde repasó la tipología de la programación informativa en la televisión desde el punto de vista periodístico y las tendencias periodísticas en los últimos lustros en los medios de comunicación públicos.
Así, las señas de identidad de los medios públicos en lo que respecta a los modelos periodísticos que emplean se puede observar una influencia desmedida de los diferentes poderes –político, social, cultural, económico…- y de las informaciones institucionales, además de una clara espectacularización temática, una trivialización informativa y un exceso en la práctica del periodismo de declaraciones.
“La situación actual se puede ver como una tendencia a la impostura periodística”, afirmó con rotundidad Gómez Mompart. Esto es así porque “el que se hace en la actualidad no es periodismo, tan sólo lo parece”, a la vez que “desinforma” y roba protagonismo a los ciudadanos para entregarlo a los que el catedrático de la UV denomina “traficantes del sentido”, que petencen a los diversos poderes y saben como influir en los medios. Entre las causas de esta situación se puede citar el oligopolio mediático, la dependencia de los grupos de medios de los poderes políticos y económicos, el éxito de la verosimilitud frente a la objetividad y a la verdad y la obsesión por la exclusiva, entre otras.

Entre la necesidad de un modelo de televión pública y su gestión y financiación
Las últimas intervenciones del encuentro fueron las del catedrático de Comunicación Audiovisual de la Universidad Autónoma de Barcelona Emilio Prado y la del Catedrático de Comunicación Audiovisual de la Universidad del País Vasco Juan Carlos Miguel de Bustos.
Emilio Prado analizó la conveniencia de una estructura modélica en relación a la televisión pública en su comunicación titulada Necesidad de un nuevo modelo de TV pública. Líneas de actuación, namentras que por su parte, Juan Carlos Miguel de Bustos trató la gestión y la
financiación de los proyectos en su intervención bajo el título Propuestas para un modelo de financiación y gestión.
Durante estas sesiones, una treintena de estudiantes pudieron compartir con los académicos y profesionales los diversos puntos de vista sobre los medios de comunicación públicos, tanto desde su gestión, como desde la óptica de los objetivos y rentabilidad social y económica.
[/lang_es]

[lang_es]CyberJournalism es el recién creado blog de Javier Díaz Noci[/lang_es][lang_gl]CyberJournalism é o novo blog en inglés de Javier Díaz Noci[/lang_gl][lang_en]CyberJournalism is the new Javier Díaz Noci’s new blog[/lang_en]

[lang_es]Javier Díaz Noci, profesor de la Universidad Pompeu Fabra, viene de estrenar un nuevo blog en inglés sobre ciberperiodismo.

Los contenidos de CyberJournalism son principalmente comentarios académicos y reseñas de publicaciones sobre periodismo online, o más concretamente, como apunta el autor, «periodismo elaborado para el ciberespacio».[/lang_es] [lang_gl]Javier Díaz Noci, profesor da a href=»http://www.upf.es/»>Universidad Pompeu Fabra, vén de estrear un novo blog en inglés sobre ciberxornalismo.

Os contidos de CyberJournalism son principalmente comentarios académicos e reseñas de publicacións sobre xornalismo online, ou máis concretamente, como apunta o autor, «xornalismo elaborado para o ciberespacio».[/lang_gl] [lang_en]Javier Díaz Noci, professor of Pompeu Fabra University , comes to premiere a new blog in English about cyberjournalism ciberperiodismo.

The contents of CyberJournalism are scholarly comments and outlines of publications on online journalism, or more concretely, as the author says, «journalism made for cyberspace». [/lang_en]

[lang_gl]Jesús Timoteo: “A TV debería ter mecanismos de regulación parecidos aos do mundo das finanzas, como é o caso da bolsa de valores” (Aciveiro) [/lang_gl][lang_es]Jesús Timoteo: «La TV debería tener mecanismos de regulación parecidos a los del mundo de las finanzas, como es el caso de la bolsa de valores» (Aciveiro)[/lang_es][lang_en]Jesus Timoteo: «The TV should have regulatory mechanisms similar to those in the world of finance, such as the stock market» (Aciveiro)[/lang_en]

[lang_gl]O encontro que se celebrou no mosteiro de Aciveiro, no que participaron primeiras figuras do ámbito académico e comunicativo español, tratou temas relativos ao funcionamento e estruturación dos medios de comunicación públicos na Sociedade da Información.O obxectivo é “reflexionar sobre o debate permanente existente sobre os modelos de organización e xestión dos medios públicos”, como avanzaba Xosé López na presentación, ao tempo que “xurdirán posibles medidas a aplicar ás estruturas mediáticas que lles axuden a adaptarse ás condicións do panorama da Sociedade da Información e o Coñecemento no que lles tocou desenvolver a súa labor”.
“A TV debería ter mecanismos de regulación parecidos aos do mundo das finanzas, como é o caso da bolsa de valores”, Jesús Timoteo
O primeiro en tomar a palabra foi o catedrático da Universidade Complutense de Madrid Jesús Timoteo, que baixo o título Contexto histórico del nacimiento de los medios de comunicación públicos y desafíos en el actual panorama mediático de la Unión Europea trazou un marco cronolóxico da televisión pública en Europa. Así, os procesos que fan referencia á televisión propagandística dos primeiros anos do século XX, á posterior aparición das primeiras iniciativas privadas nos anos 20, ao proceso de desregulamentación xurdido a partires da década dos 80 e, por último, ao proceso dexenerativo que veñen sufrindo as televisións públicas nos últimos lustros foron o fío condutor da intervención de Timoteo.
O catedrático da Universidade Complutense demandou, no peche da súa ponencia, a necesidade de crear mecanismos reguladores para os medios públicos e, particularmente para a televisión, similares aos modelos de control existentes no mundo das finanzas e, concretamente, na bolsa de valores. Para Timoteo ademais, sería unha boa solución para o sistema de medios públicos que está “en crise”, que as televisións públicas se limitasen exclusivamente á información namentras que o “entretemento debería ser xestionado fundamentalmente polas televisións de titularidade privada”.

“A TV pública debe respetar as misións adquiridas como servizo público”, Ramón Zallo
O seminario continuou da man do catedrático de Comunicación Audiovisual da Universidade do País Vasco Ramón Zallo, que expuxo a situación da televisión pública nun contexto mediático caracterizado pola diversificación, a fragmentación e a privatización do mapa comunicativo español. Baixo o título Políticas públicas para RTV: una nueva institucionalización, o académico vasco puxo de manifesto a necesidade de entender o concepto de servizo público coma un mecanismo ao servizo da convivencia da sociedade e da cohesión social que debe ter como fins contribuír a fomentar a cultura e a lexitimar publicamente a lingua propia, ademais de ser vehículo de creación de opinión pública grazas á súa caracterización como elemento integrador da cidadanía.
A televisión concebida como servizo público debe estruturarse en relación a unhas misións determinadas que lle permitan acadar os fins propios de todo servizo público. Así, segundo apuntou Zallo, será determinante que as televisións públicas se convirtan nun espazo xerador de opinión pública que permita a integración socio-político-cultural de cada comunidade diferenciada como sociedade democrática.

“A eclosión de Internet representa a necesidade dunha nova regulación xurídica”, Marc Carrillo
O seguinte en intervir foi Marc Carrillo, catedrático de Dereito Constitucional da Universitat Pompeu Fabra e Conseller del Consell Consultiu, que afondou nas cuestións relativas ao Marco normativo de los medios de comunicación en la Europa del siglo XXI.
Carrillo afondou na lexislación estatal do ano 2006, que afecta ás comunidades autónomas restrinxindo o seu poder de xestión con respecto á lei anterior. O catedrático catalán contextualizou esta normativa enmarcándoa na reforma da lexislación europea relativa aos medios de comunicación do ano 2007, que destaca pola flexibilización das normas que regulan a publicidade e fomenta a autorregulación da mesma e pola distinción entre servizos lineais (recepción pasiva a través da televisión ou Internet) e non lineais (televisión á carta, por exemplo).

Bernardo Díaz-Nosty presentou a súa visión do modelo de televisión pública “sostible” baixo o título Los medios de comunicación públicos como dinamizadores de las industrias culturales. Unha televisión “sostible” é o modelo que propugna o catedrático da Universidade de Málaga Bernardo Díaz-Nosty. “temos a obrigación de defender un modelo de televisión que lle poidamos deixar aos nosos fillos” sentenciou o profesor Díaz-Nosty. Facendo unha metáfora co concepto da sostibilidade enerxética, expuxo os alicerces sobre os que hai que crear os novos modelos de medios públicos “que fomenten o debate, a formación e a calidade de vida”.

“O Canon en España debería custar uns 175 euros”, Francisco Campos
Baixo o título Panorama europeo de los modelos de producción y gestión de los medios públicos os profesores da Universidade de Santiago de Compostela, Francisco Campos e Xosé Soengas fixeron unha análise sobre a situación actual en España. O profesor Campos falou tamén dun estudio que realizou no que o prezo que lle debería corresponder a España se nalgún momento adoptase o canon pola Televisión Pública rondaría os 175 euros, un pouco menos da media europea. [/lang_gl] [lang_es]El encuentro que se celebró en el convento de Aciveiro, en el que participaron primeras figuras del ámbito académico y comunicativo español, trató temas relativos al funcionamiento y estruturación de los medios de comunicación públicos en la Sociedad de la Información.El objetivo es «reflexionar sobre el debate permanente existente sobre los modelos de organización y gestión de los medios públicos», como avanzaba Xosé López en la presentación, al tiempo que «surgirán posibles medidas a aplicar a las estructuras mediáticas que les ayuden a adaptarse a las condiciones del panorama de la Sociedad de la Información y el Conocimiento en el que les ha tocado desarrollar su labor».

«La TV debería tener mecanismos de regulación parecidos a los del mundo de las finanzas, como es el caso de la bolsa de valores», Jesús Timoteo
El primero en tomar la palabra fue el catedrático de la Universidad Complutense de Madrid Jesús Timoteo, que bajo el título Contexto histórico del nacimiento de los medios de comunicación públicos y desafíos en el actual panorama mediático de la Unión Europea trazó un marco cronológico de la televisión pública en Europa. Así, los procesos que hacen referencia a la televisión publicitaria de los primeros años del siglo XX, a la posterior aparición de las primeras iniciativas personales en los años 20, al proceso de desregulamentación surgido a partir de la década de los 80 y, por último, al proceso degenerativo que vienen sufriendo las televisiones públicas en los últimos lustros fueron el hilo conductor de la intervención de Timoteo.
El catedrático de la Universidad Complutense demandó, en el cierre de su ponencia, la necesidad de crear mecanismos reguladores para los medios públicos y, particularmente para la televisión, similares a los modelos de control existentes en el mundo de las finanzas y, concretamente, en la bolsa de valores. Para Timoteo, además, sería una buena solución para el sistema de medios públicos que está «en crisis», que las televisiones públicas se limitaran exclusivamente a la información mientras que el «entretenimiento debería ser gestionado fundamentalmente por las televisiones de titularidad personal».

«La TV pública debe respetar las misiones adquiridas como servicio público», Ramón Zallo
El seminario continuó de la mano del catedrático de Comunicación Audiovisual de la Universidad del País Vasco Ramón Zallo, que expuso la situación de la televisión pública en un contexto mediático caracterizado por la diversificación, la fragmentación y la privatización del mapa comunicativo español. Bajo el título Políticas públicas para RTV: una nueva institucionalización, el académico vasco puso de manifiesto la necesidad de entender el concepto de servicio público como un mecanismo al servicio de la convivencia de la sociedad y de la cohesión social que debe tener como fin contribuir a fomentar la cultura y a legitimar publicamente la lengua propia, además de ser vehículo de creación de opinión pública gracias a su caracterización como elemento integrador de la ciudadanía.
La televisión concebida como servicio público debe estructurarse en relación a unas misiones determinadas que le permitan conseguir los fines propios de todo servicio público. Así, como apuntó Zallo, será determinante que las televisiones públicas se conviertan en un espacio generador de opinión pública que permita la integración socio-político-cultural de cada comunidad diferenciada como sociedad democrática.

«La eclosión de Internet representa la necesidad de una nueva regulación jurídica», Marc Carrillo
El siguiente en intervenir fue Marc Carrillo, catedrático de Derecho Constitucional de la Universitat Pompeu Fabra y Conseller del Consell Consultiu, que profundizó en las cuestiones relativas al Marco normativo de los medios de comunicación en lana Europa del siglo XXI.
Carrillo se zambulló en la legislación estatal del año 2006, que afecta a las comunidades autónomas restringiendo su poder de gestión con respecto a la ley anterior. El catedrático catalán contextualizó esta normativa enmarcándola en la reforma de la legislación europea relativa a los medios de comunicación del año 2007, que destaca por la flexibilización de las normas que regulan la publicidad y fomenta la autorregulación de la misma y por la distinción entre servicios lineales (recepción pasiva a través de la televisión o Internet) y no lineales (televisión a la carta, por ejemplo).

Bernardo Díaz-Nosty presentó su visión del modelo de televisión pública «sostenible» bajo el título Los medios de comunicación públicos como dinamizadores de las industrias culturales. Una televisión «sostenible» es el modelo que propugna el catedrático de la Universidad de Málaga Bernardo Díaz-Nosty. «Tenemos la obligación de defender un modelo de televisión que le podamos dejar a nuestros hijos» sentenció el profesor Díaz-Nosty. Haciendo una metáfora con el concepto de la sostenibilidad energética, expuso los pilares sobre los que hay que crear los nuevos modelos de medios públicos «que fomenten el debate, la formación y la calidad de vida».

«El Canon en España debería costar unos 175 euros», Francisco Campos
Bajo el título Panorama europeo de los modelos de producción y gestión de los medios públicos los profesores de la Universidad de Santiago de Compostela, Francisco Campos y Xosé Soengas hicieron un análisis sobre la situación actual en España. El profesor Campos habló también de un estudio que realizó en el que el precio que le debería corresponder a España se en algún momento adoptara el impuesto por la Televisión Pública rondaría los 175 euros, un poco menos de la media europea. [/lang_es] [lang_en]The meeting which was held at the convent Aciveiro, attended by leading figures from academia and communicative Spanish, addressed issues relating to the operation and estruturación of public media in the information Información.El goal is to «reflect on The ongoing debate on the existing models of organization and management of the public media, «such as moving Xosé Lopez in the presentation, while» possible measures will emerge to implement the structures of media to help them adapt to conditions of panorama of the Information Society and Knowledge in which they conduct their work has touched. »

«The TV should have regulatory mechanisms similar to those in the world of finance, such as the stock market,» Jesus Timoteo
The first to speak was a professor at the Universidad Complutense de Madrid Jesus Timoteo, who under the title Contexto histórico del nacimiento de los medios de comunicación públicos y desafíos en el actual panorama mediático de la Unión Europea drew up a chronological framework of television public in Europe. Thus, the processes that refer to television advertising in the early years of the twentieth century, the subsequent emergence of the first personal initiatives in the 20s, the process of desregulamentación emerged from the 80s, and finally , The degenerative process that public service broadcasters have suffered in recent decades were the common thread running through the intervention of Timothy.
The professor at the Complutense University sued in the closure of his paper, the need to establish regulatory mechanisms for public and the media, particularly television, similar to models of control in the financial world and, specifically, the stock market. To Timothy, moreover, would be a good solution for the system of public media that he is «in crisis» that public television should be limited solely to information while the «entertainment should be managed primarily by television stations owned personal.»

«The public TV should respect the mission learned as a public service,» Ramon Zallo
The seminar continued from the hand of the professor of Audiovisual Communication at the University of the Basque Country Zallo Ramon, who described the situation of public television media in a context characterized by diversification, fragmentation and privatization of the map communicative Spanish. Under the heading Políticas públicas para RTV: una nueva institucionalización, the academic Basque highlighted the need to understand the concept of public service as a mechanism to serve the coexistence of society and social cohesion that should seek to contribute to promote the culture and language legitimizing the publicly own, apart from being a vehicle for creating public opinion thanks to its characterization as an integrator of citizenship.
Television conceived as a public service should be structured in relation to some specific missions that will enable it to achieve the aims of any public service. Thus, as pointed Zallo, will be determining which public television will become a generator of public opinion that allows the integration socio-political-cultural context of each distinct community as a democratic society.

«The emergence of the Internet represents the need for a new legal regulation,» Marc Carrillo
The next speaker was Marc Carrillo, a professor of constitutional law at the Universitat Pompeu Fabra and Consultiu Councilor of the council, which elaborated on Marco normativo de los medios de comunicación en lana Europa del siglo XXI. Carrillo was dipped in the 2006 state legislation that affects state government restricting their power management with respect to the previous law. The professor Catalan rules contextualized this framing it in the reform of European legislation concerning the media in the year 2007, which is notable for the relaxation of the rules governing advertising and promoting self-regulation of the same and the distinction between linear (passive reception from television or the Internet) and non-linear (on-demand television, for example).

Bernardo Diaz-Nosty presented his vision of the model of public television «sustainable» under the title Los medios de comunicación públicos como dinamizadores de las industrias culturales .
A television «sustainable» is the model advocated by the professor at the University of Malaga Bernardo Diaz-Nosty. «We have an obligation to defend a model of television that we can leave our children» said Professor Diaz-Nosty. Making a metaphor with the concept of energy sustainability, presented the pillars on which we must create new models of public media «that foster debate, training and quality of life.»

«The Canon in Spain should cost around 175 euros,» Francisco Campos
Under the title Panorama europeo de los modelos de producción y gestión de los medios públicos professors at the University of Santiago de Compostela, Francisco Campos and Xosé Soengas did an analysis on the current situation in Spain. Professor Fields also spoke of a study in which the price that it should belong to Spain at some stage adopt the tax by Public Television be around 175 euros, slightly less than the European average.[/lang_en]

[lang_gl]Aciveiro foi escenario do debate sobre os medios públicos, a súa xestión e os seus modelos de funcionamento (Aciveiro I)[/lang_gl][lang_es]Aciveiro fue escenario del debate sobre medios públicos, su gestión y sus modelos de funcionamiento (Aciveiro I)[/lang_es][lang_en]Public media, their management and its models of operation in Aciveiro (Aciveiro I)[/lang_en]

[lang_gl]Esta semana celebrouse no Mosteiro de Aciveiro (Forcarei, Pontevedra) o curso Modelos de organización y funcionamiento de los medios de comunicación Públicos en la sociedad de la información. Panorama y desafíos en el escenario de Galicia en la Unión Europea, dirixido por Xosé López, no marco das actividades académicas organizadas pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP).
No curso interviñeron Emilio Prado, Jesús Timoteo, Marc Carrillo, Joan Majó, Danny Wood, Enrique Bustamante, Bernardo Días Nosty… dando a súa visión sobre os medios de comunicación públicos dende diferentes perspectivas (económica, de xestión, xornalística, etc.).
Para resumir as intervencións destas primeiras figuras do mundo da comunicación, comeza agora unha serie de tres posts onde se recollerán as reflexións máis importantes que cada un deles fixo.[/lang_gl] [lang_es]Esta semana se ha celebrado en el Monasterio de Aciveiro (Forcarei, Pontevedra) el curso Modelos de organización y funcionamiento de los medios de comunicación Públicos en la sociedad de la información. Panorama y desafíos en el escenario de Galicia en la Unión Europea,dirigido por Xosé López, en el marco de las actividades académicas organizadas por la Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP).
Durante el curso han intervenido Emilio Prado, Jesús Timoteo, Marc Carrillo, Joan Majó, Danny Wood, Enrique Bustamante, Bernardo Díaz Nosty… y otros muchos dando su visión sobre los medios de comunicación púbicos desde diferentes perspectivas (económica, de gestión, periodística, etc.).
Para resumir las intervenciones de estas primeras figuras del mundo de la comunicación, comienza ahora un serie de tres posts donde se reflejarán las reflexiones más importantes que cada uno de ellos hizo.[/lang_es] [lang_en]This week the course has been celebrated in the Monastery of Aciveiro (Forcarei, Pontevedra) Modelos de organización y funcionamiento de los medios de comunicación Públicos en la sociedad de la información. Panorama y desafíos en el escenario de Galicia en la Unión Europea , directed by Xosé Lopez, within the framework of the activities academic organized by the Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP). During the course they have taken part Emilio Prado, Jesus Timoteo, Marc Cheek, Joan Majó, Danny Wood, Enrique Bustamante, Bernardine Diaz Nosty… and other many giving its vision on means of
communication from different perspective (economic, of management, journalistic, etc.). In order to summarize the interventions of these first figures of the world of the communication, now begins three series of posts where the most important reflections will be reflected that each one of them did.[/lang_en]

“Hai unha nova forma de facer xornalismo: o xornalismo dixital en base de datos”, Elías Machado

Así, afirmando a existencia dunha nova forma de facer xornalismo, comezaba a intervención do profesor doutor da Universidade Federal de Santa Caterina (Florianopolis, Brasil) Elías Machado na visita que fixo á Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago, onde impartiu dúas clases mestras.

O xornalismo, cada vez máis, pasa polas bases de datos e os xornalistas deben entender que para desenvolver o seu traballo diario dunha maneira eficiente no marco da converxencia deben necesitan educarse nas destrezas básicas para desenvolverse no emprego das bases de datos.

Para Elías Machado, o xornalismo dixital en base de datos é unha forma de poder buscar e seleccionar información para logo empregala na construción da realiade xornalística. Desta concepción deriva unha conclusión clara e diáfana: a información que sexa introducida en bases de datos será capaz de responder á demanda de rapidez e inmediatez propias das rutinas xornalísticas, mentres que a que non se atope estruturada e categorizada mediante base de datos non será quen de dar resposta á necesidades do xornalista á hora de crear un discurso de significación xornalístico.


“É fundamental que o xornalista pense en organizar a información en bases de datos”, continúa dicindo Elías, co obxectivo de que “as mesmas bases de datos sexan entendidas e funcionen como soportes de elementos narrativos”. Ademais, nos procesos de converxencia inciados polas empresas mediáticas é un factor importantísimo a automatización dos procesos mediante as bases de datos, xa que permiten recoller, producir e distriubír contido para diferentes públicos e plataformas de circulación nun ecosistema mediático dixitalizado. O soporte non varía –sempre é a base de datos- e pode funcionar con diversos contidos que, unha vez dixitalizados, se poden poñer en valor a través da súa posta en circulación nas diferentes plataformas. Deste xeito, dás unha conxunción perfecta dos procesos de automatización co perfil do xornalista –profesional altamente especializado- que aporta marcas de identidade aos produtos

«Os medios impresos non van desaparecer», palabra de Rick Edmonds

Esta foi unha das moitas e interesantísimas consideracións que fixo o analista estadounidense Rick Edmonds na conferencia organizada por La Voz de Galicia 

Rick Edmonds, un dos gurús que traballa no Poynter Institute, estivo esta semana de visita en Galicia e, concretamente, ofreceu unha conferencia no Museo da Prensa da Voz de Galicia baixo o título ‘Os News Media: as grandes transformacios e os grandes retos’. Sen dúbida foi unha ocasión única para coñecer de primeira man a opinión dunha das voces máis contrastadas e autorizadas sobre o tema.

A posible desaparición dos medios impresos tal e como hoxe os coñecemos, o grado de culpabilidade que se lles impón no asunto aos medios dixitais, o papel que xoga a publicidade no asunto e o panorma xeral nos Estados Unidos foron os temas que centraron o encontro.

Leer más«Os medios impresos non van desaparecer», palabra de Rick Edmonds

Intercambio de coñecementos con Francis Pisani

Pisani, un dos grandes referentes do xornalismo especializado en Internet e novas tecnoloxías, reuniuse cos membros do Grupo de Investigación Novos Medios.

O futuro dos medios condicionado polo avance dos novos formatos xornalísticos é unha das principais liñas de traballo do xornalista.

pisani.jpg pisani.grupo.jpg
Na xuntanza Pisani debateu cos membros de Novos Medios sobre o futuro da labor dos profesionais do xornalismo e sobre a relación que debe establecerse entre usuarios e medios, entre outras cuestións.
Para Pisani o xornalista deixa de ter o poder de seleccionar a información que é coñecida polos usuarios, para converterse nun editor dos contidos proporcionados por eles. A satisfacción que produce o feedback nos procesos comunicativos é para Pisani unha das mellores vantaxes que trae este cambio na profesión. Neste senso apunta á necesidade de atender á evolución do concepto «noticia» e á súa nova función social.
Con respecto a penetración do xornalismo cidadán, Pisani considera que estase producindo un erro de concepto, para el o importante non é quen produce a información, o importante é o proceso polo cal esa información chega aos receptores, polo que dende o seu punto de vista debería haber un cambio de denominación para este fenómeno. Fenómeno que por outra banda non debe ser minusvalorado, xa que ten un gran poder de penetración social, principalmente no ámbito local.
Residente en San Francisco, Francis Pisani é profesor nas Universidades de Stanford e Berkeley, consultor de medios dixitais e columnista semanal en El País, Le Monde e Reforma.

Podes coñecer o traballo de Pisani no seu blog persoal.