O Libro Blanco titulado Prospectiva TIC 2026 trátase dun informe que pretende trazar unha panorámica das Tecnoloxías da Información e da Comunicación a longo prazo. Auspiciado por Prosodie e pola axencia MARKESS International, basease nunha búsqueda documental previa que permitiu reunir informacións sobre o entorno demográfico, económico e sociolóxico no que se enmarcarán as TIC no ano 2026. Para elo foron consultados 50 expertos, contándose entre os mesmos directores de sistemas de información, altos cargos de empresas de comunicación e diversos persoeiros do ámbito político, xurídico e económico.
novosmedios
Posibilidades e alternativas da comunicación interactiva surxidas co novo escenario tecnolóxico da televisión
A Facultade de Ciencias da Comunicación acolle o curso de verán «Televisión dixital terrestre e por Internet, Comunicación Interactiva e Hipermedia»
A propósito das novas alternativas da comunicación interactiva no curso falarase de propiedade intelectual, creación de contidos, hipermedia e converxencia dixital. O obradoiro pretende servir de foro para a presentación e discusión de novos conceptos, ideas, experiencias e coñecementos que configuran o debate aberto na sociedade da información arredor da converxencia das novas tecnoloxías coa cultura e a ciencia, cos contidos e o coñecemento. En definitiva, sobre as posibilidades e alternativas da comunicación interactiva, sobre o novo paradigma da hipermedia, máis aló da confluencia dos multimedios, cando xa se empeza a falar das web semánticas, a experimentar coa creación virtual e con potentes buscadores ontolóxicos que están a convertir Internet nunha disputada galaxia de novas redes de intelixencia, poder e mediación social. A trascendencia deste novo marco de relacións e experiencias crúzase coa aparición, debate e formulación dos chamados ciberdereitos e coa necesidade de facer visible a través da Rede e da expresión hipermedia a nosa propia cultura e identidade.
Alumnos das Facultades de Ciencias da Comunicación, Económicas e Empresariais, Dereito, Historia, Educación, Ciencias e Computación así como profesores e profesionais dos medios de comunicación de Galicia que están incorporando as novas tecnoloxías, son o público ao que vai dirixido o curso.
Xa está aberta a matrícula para este obradoiro de 35 horas de duración que será impartido do 11 a0 14 de xullo na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.
Para máis información: www.usc.es/iptv
Identidade e Xénero, temas centrais dun Congreso Internacional de Comunicación
«Poñer en común diferentes visións sobre cuestións que teñen que ver, por unha banda, cos modelos, procesos e límites da identidade, e pola outra, con todos os vértices que implica a dimensión de xénero». Este é o obxectivo fundamental do Congreso Internacional de Comunicación, Identidade e Xénero, que terá lugar os días 25 e 26 de Outubro na Universidade Rey Juan Carlos (Madrid), organizado polo Seminario de Estudos de Identidade e Xénero GICOMSOC (Grupo de Investigación sobre Comunicación, Sociedade e Cultura) do Departamento de Ciencias da Comunicación I de dita Universidade.
As comunicacións distribuiranse en tres áreas de traballo: Comunicación e Identidade, Comunicación e Xénero e Novos Horizontes. O papel fundamental dos medios de comunicación como axentes que contribúen a afortalar e difundir as claves identitarias da colectividade, así como a especial atención ás representacións do feminino difundidas a través da información e da publicidade constitúen os dous eixos temáticos deste Congreso. O prazo para o envío de comunicacións remata o 31 de Maio. Para máis información, clickade aquí.
Transparencia, verosimilitude e autenticidade…na comunicación contemporánea
Un novo curso organizado polo Grupo de Investigación Estudios Audiovisuais da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC profundizará nestes e outros principios fundamentais da comunicación mediática contemporánea
Transparencia, verosimilitude e autenticidade na televisión, o cinema, a publicidade, a fotografía e a comunicación institucional. Sobre estas cuestións falarán os profesionais e docentes convidados a participar no Curso de Verán «Principios da Comunicación Mediática Contemporánea».
O Grupo de Investigación Estudios Audiovisuais da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela organiza este obradoiro que se impartirá do 16 ao 19 de xullo. O programa está dirixido pola profesora Antía López.
Os interesados xa poden obter máis información e formalizar a súa matrícula a través da web: www.usc.es/cultura
As eleccións municipais xeneran novas experiencias comunicativas
O Grupo Zeta ven de presentar videoyvoto.tv, unha experiencia multimedia que ofrece información sobre as eleccións municipais e autonómicas en formato vídeo
O usuario pode escoller, entre unha lista de diferentes profesionais do Grupo Zeta, ao seu presentador persoal, que a través de un vídeo daralle unha visión profesional do estado das eleccións. Por outra banda a web almacena diferentes vídeos relacionados cos procesos electorais dos diferentes municipios, que poden ser atopados segundo criterios xeográficos, temporais ou de interese da audiencia. Na mesma web os internautas dispoñen dunha ferramenta para poder subir os seus propios vídeos e teñen a posibilidade de calificar a calidade daqueles que xa están colgados.
Sen supoñer unha revolución dende o punto de vista tecnolóxico, videoyvoto.tv, presenta un emprego novedoso da ferramenta Youtube e abre un novo campo de experimentación que mistura o xornalismo electoral coa participación cidadá.
Teresa de la Hera
A USC oferta un amplo abano de Cursos de Verán
A piques de que cheguen os meses de calor a Compostela, a USC ten programados para o mes de xullo unha serie de cursos de temáticas variadas. Entre eles, podemos atopar algúns máis centrados no eido da comunicación. Así, a televisión será obxecto de estudo para os interesados no programa do curso ‘Televisión e ficción’ ou para aqueles que aposten polas novas tecnoloxías en ‘Televisión dixital terrestre e por Internet, comunicación interactiva e hipermedia’.
Os principios da comunicación mediática contemporánea nos distintos soportes (televisión, cinema, publicidade, fotografía ou mesmo na comunicación institucional) serán o eixo central doutro destes seminarios.
Pola súa banda, o curso ‘Europa. Estudar, Traballar e Vivir nun caleidoscopio de culturas’ permitiranos coñecer máis de preto ese espazo común de gran riqueza cultural no que converxemos.
O listado completo dos cursos pódese consultar en http://www.usc.es/cultura/cv07intro.htm#CURSOS. No caso de interesarvos, aínda hai tempo de facer a matricula. Ademais, até o 30 de Maio pódense solicitar as bolsas de gratuidade na matrícula e no aloxamento que outorga a Universidade.
Intercambio de coñecementos con Francis Pisani
Pisani, un dos grandes referentes do xornalismo especializado en Internet e novas tecnoloxías, reuniuse cos membros do Grupo de Investigación Novos Medios.
O futuro dos medios condicionado polo avance dos novos formatos xornalísticos é unha das principais liñas de traballo do xornalista.
Na xuntanza Pisani debateu cos membros de Novos Medios sobre o futuro da labor dos profesionais do xornalismo e sobre a relación que debe establecerse entre usuarios e medios, entre outras cuestións.
Para Pisani o xornalista deixa de ter o poder de seleccionar a información que é coñecida polos usuarios, para converterse nun editor dos contidos proporcionados por eles. A satisfacción que produce o feedback nos procesos comunicativos é para Pisani unha das mellores vantaxes que trae este cambio na profesión. Neste senso apunta á necesidade de atender á evolución do concepto «noticia» e á súa nova función social.
Con respecto a penetración do xornalismo cidadán, Pisani considera que estase producindo un erro de concepto, para el o importante non é quen produce a información, o importante é o proceso polo cal esa información chega aos receptores, polo que dende o seu punto de vista debería haber un cambio de denominación para este fenómeno. Fenómeno que por outra banda non debe ser minusvalorado, xa que ten un gran poder de penetración social, principalmente no ámbito local.
Residente en San Francisco, Francis Pisani é profesor nas Universidades de Stanford e Berkeley, consultor de medios dixitais e columnista semanal en El País, Le Monde e Reforma.
Podes coñecer o traballo de Pisani no seu blog persoal.
Congreso Europeo Xuvenil dos Medios de Comunicación
Do 27 ao 30 de xuño de 2007
Catrocentos mozos de toda Europa terán a oportunidade de participar no «Congreso Europeo Xuvenil dos Medios de Comunicación» que se celebrará con motivo do 50 aniversario do Tratado de Roma.
Os afortunados compartirán diálogos e obradoiros con políticos, expertos e xornalistas.
A organización considera que os mozos teñen a capacidade de desenvolver e aportar as súas propias visións sobre Europa e facer fronte os retos cos seus propios proxectos e aportacións.
Os interesados en participar deberán facer a súa solicitude de admisión axuntando un pequeno artigo ou reportaxe de radio ou televisión, sobre algunha das cuestións tratadas nos «European Youth Media Days».
Para máis información: www.youthmediadays.eu
Teresa de la Hera
Curso de contidos interactivos para DVB: MHP
Hoxe abriuse o prazo de inscrición do Curso de contidos interactivos para DVB: MHP, organizado polo Centro Multimedia de Galicia. Este curso, de caracter gratuíto, desenvolverase entre o vindeiro 30 de maio e o 21 de xuño do presente ano, contando cunha duración total de 42 horas. Impartido desde a sé central do Centro Multimedia de Galicia, sita en Santiago de Compostela, poderá seguirse por videoconferencia a través da rede de Telecentros de Comunicación auspiciada pola Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual en dúas sesións horarias
Populrs.com: Galería de contidos
Tanto para os xornalistas como para calquer usuario que bote man con asiduidade dos contidos que diariamente os cibernautas suben á web, tanto os agregadores de rss como os contedores e arquivadores de materias tórnanse fundamentais. Youtube, Flickr, Del.icio.us…son só unha pequena mostra das webs que almacenan cantidade de material útil para os usuarios. Populrs.com é só un intento máis de organizar dun xeito útil todos eses contidos que segundo a segundo van nutrindo a inxente biblioteca virtual da rede. Algunhas das súas ventaxas son as seguintes:
– Presenta unha selección das páxinas de contidos máis populares da rede
– Proporciona para cada unha de esas páxinas un listado actualizado dos contidos mellor valorados polos usuarios
– Permite aos usuarios personalizar a páxina de inicio segundo ás súas necesidades
– Ademais inclúe unha selección dos principais titulares de páxinas como Google News
– Con unha única visita, centos de contidos quedan ao alcance do usuario
Teresa de la Hera