Comunicação e Cidadania. V Congresso da SOPCOM

O prazo para a presentación de comunicacións remata o 30 de abril.

A Associação Portuguesa de Ciências da Comunicação (SOPCOM) organiza o Congresso «Comunicação e Cidadania» na Universidade do Minho, en Braga (Portugal), que se celebrará do día 6 ao día 8 de setembro. O evento dá continuidade aos celebrados en anos anteriores en Lisboa, Covilhã e Aveiro e pretende afondar nas relacións de converxencia e retroalimentación entre comunicación e cidadanía.

A SOPCOM marcou como data límite para a presentación de comunicacións o 30 de abril, mentres que os que desexen asistir ao congreso poderán apuntarse ata o día 30 de xuño. Máis información e envío de comunicacións ou inscricións na páxina da Associação Portuguesa de Ciências da Comunicação.

Reunión científica da SEP en Pamplona

O encontro terá lugar os días 20 e 21 deste mes de abril na Facultade de Comunicación da Universidade de Navarra.

A Sociedade Española de Periodística organiza unha nova reunión científica baixo o título «La Periodística como disciplina universitaria: balance y perspectivas«. O obxectivo do encontro é debater a periodística dende diversas perspectivas e puntos de vista, así coma a relación desta cos novos e vellos medios, coa docencia ou coa cuestión dos xéneros xornalísticos.

A reunión estruturarase en torno a sesións plenarias e mesas de comunicación nas que participarán, entre outros, Alfonso Nieto, José Luís Martínez Albertos, Josep María Casasús, Mª Pilar Diezhandino, Javier Díaz Noci, Francisco Esteve, Juan Cantavella e Arturo Merayo.

O prazo de inscrición está aberto ata o luns 16. Máis información, aquí.