O profesor José Sixto García, acreditado para titular de Xornalismo

O profesor José Sixto García, docente do Departamento de Ciencias da Comunicación e investigador do grupo Novos Medios, conta coa acreditación para profesor titular de Xornalismo. José é licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago e doutor pola mesma universidade en Comunicación e Información Contemporánea.

José Sixto, actual secretario do Departamento de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela, está especializado en marketing dixital, xornalismo dixital, xornalismo e redes sociais e órganos e sistemas de regulación. Sixto García ten unha brillante traxectoria académica e científica, con estadías en universidades de referencia da nosa contorna e con publicacións de artigos científicos nas principais revistas do campo da Comunicación.

Para máis información sobre a produción científica de José Sixto García, ten activo o seu perfil en Google Scholar e no Portal da Investigación da USC.