Diagnose do momento actual da publicación académica en Comunicación con Tomàs Baiget e Roxana Dinu

As tendencias, temáticas e aproximacións máis relevantes no momento actual da publicación académica na área de Comunicación serán as protagonistas do seminario Tendencias e novidades para a publicación na área de Comunicación. Tomàs Baiget (director da revista Profesional de la información) e Roxana Dinu (Biblioteca Nacional de Romanía) serán os encargados ofrecerlle ao equipo de Novos Medios unha panorámica xeral sobre as transformacións nos rankings e índices de impacto ou a busca da eficiencia á hora de presentar e difundir unha investigación.

Esta actividade parte da vontade do grupo de coñecer e identificar as principais tendencias no seu ámbito de investigación. Súmase, ademais, a outros encontros de carácter similar realizados no pasado e previstos para os vindeiros meses. Estas sesións estarán dirixidas tanto á adquisición de novas competencias como ao tratamento en profundidade das principais tendencias que dominan o eido da Comunicación.