Guía de xornalismo medioambiental «Proxecto Xermolo»

Guía de xornalismo medioambiental «Proxecto Xermolo»

O alumnado de Redacción Informativa do Grao en Xornalismo e do Dobre Grao en Xornalismo e Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela, baixo a coordinación dos profesores José Casás e Xosé López, elaboraron unha guía de xornalismo medioambiental «colaborativo e transmediático». En colaboración co Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, a iniciativa segue a estela da Guía de linguaxe inclusiva publicada no 2019.

O chamado Proxecto Xermolo é un proxecto de Innovación Educativa de Aprendizaxe-Servizo na USC. Preséntase nun sitio web que abrangue os principais puntos en relación co xornalismo medioambiental: a problemática, o contexto político e legal, un glosario e entrevistas con expertos e xornalistas.