Guía de linguaxe inclusiva para o traballo xornalístico

Guía de linguaxe inclusiva para o traballo xornalístico

Os profesores de Novos Medios José Casás e Xosé López coordinaron a elaboración dunha Guía de linguaxe inclusiva que achega recomendacións para combater o emprego de linguaxes discriminatorias na elaboración de pezas xornalísticas. O documento, realizado polos alumnos de Redacción Informativa do grao en Xornalismo, na Facultade de Ciencias da Comunicación, foi o resultado do proxecto de Innovación Educativa e Aprendizaxe-Servizo ‘Xornalismo colaborativo e transmediático contra a discriminación social’. Na realización deste programa de innovación educativa, amais dos profesores e alumnos de Redacción Informativa, colaboraron o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e investigadores da Facultade de Ciencias da Educación.

A elaboración da guía tivo como punto de partida e referencia o traballo profesional e os textos do blog de Nacho Mirás, brillante xornalista e profesor no Departamento de Ciencias da Comunicación desaparecido prematuramente.

Máis información: https://xornalismoinclusivo.wordpress.com/

Deja un comentario