Curso de Doutoramento sobre Sistemas de Información para a Inclusión Social

Curso de Doutoramento sobre Sistemas de Información para a Inclusión Social

Programa de Doutoramento en Comunicación e Información Contemporánea
Matrícula: 5-15 de febreiro de 2018: Secretaría Virtual para Estudantes Curso: 22 de febreiro, 16-20 horas
 
Denominación actividade: Investigar os sistemas e aplicacións das tecnoloxías da información para o desenvolvemento e a inclusión social.
Directores: José Miguel Túñez López y Carlos Ferrás Sexto.
Entidade organizadora ou coordinadora: Programa de Doutoramento en Comunicación e Información Contemporáneas. Colaboran: Grupo de Investigación Novos Medios, Gist. IDEGA, Asociación Ibérica de Sistemas e Tecnoloxías da Información AISTI.

Profesorado: Carlos Ferrás Sexto. Universidade de Santiago de Compostela. María Yolanda García Vázquez. Universidade de Santiago de Compostela/University of California. Berkeley.

Datas e horario de impartición: xoves 22 de febreiro, 16:00 a 20:00 horas, sala de doutoramento, Facultade de Ciencias da Comunicación.

Nº de prazas: Máximo 10/ Mínimo 2.

Matrícula do 5 ao 15 de febreiro de 2018Secretaría Virtual para Estudantes

Contidos: 1. Tecnoloxías da Información e Comunicación para o desenvolvemento económico e social. Fundamentos teóricos e metodolóxicos. 2. Deseño dun e-xornal comunitario en espazos vulnerables como estratexia de desenvolvemento. 3. Deseño dun sistema de comunicación remoto con teléfonos móviles para a inclusión de grupos sociais vulnerables. 4. Resultados de estudio de caso con grupo de mulleres desempregadas de longa duración.

Competencias e habilidades: a) Reforzar a capacidade de investigación a través da actualización de coñecementos interdisciplinares b) Promover competencia no deseño metodoloxico para a investigación en comunicación, tecnoloxía e desenvolvemento c) Promover habilidades de comunicación para a investigación interdisciplinar.

Observacións: O curso enfócase na presentación de resultados do proxecto de investigación interdisciplinar actualmente en marcha no que participan a USC, a University of California. Berkeley e a Universidade de Coimbra, co apoio económico e loxístico do Programa de Postdoutoramento da Xunta de Galicia, do programa Salvador de Madariaga do Ministerio de Educación e Ciencia, da Dirección Xeral de Inclusión Social da Xunta de Galicia e da Asociación Ibérica de Sistemas e Tecnoloxías da Información AISTI.

Máis información

Centro Internacional de Estudos de Doutoramento e Avanzados da USC (CIEDUS)

Gis-T IDEGA

Deja un comentario