Aberta a matrícula do curso de ‘Retórica e oratoria na era da comunicación global’

Ao longo de catro xornadas, o curso de formación continua ‘Retórica e oratoria na era da comunicación global’ ofrecerá aos seus matriculados ferramentas para construír un discurso, expoñelo e defendelo con éxito nunha sociedade mediática. A preinscrición, que xa se pode formalizar, realizarase exclusivamente de xeito electrónico no enderezo http://www.retoricaeoratoria.com, estando o curso dirixido a profesionais dos medios de comunicación e ás persoas que teñen que traballar de cote coas nas rutinas informativas.

Segundo apuntan os directores desta iniciativa formativa, os profesores Xosé Pereira, Rosario de Mateo e o coordinador Miguel Túñez, o obxectivo é actualizar os elementos da retórica e a oratoria clásicas ao contexto actual da cultura mediática na que os medios de comunicación dominan a esfera pública. A metodoloxía utilizada fundaméntase na aplicada nos estudos de grao, combinando as clases expositivas coas interactivas e as titorizadas. O programa do curso concentrarase nas xornadas dos días 1 e 8 de abril, en horario de 16:00 a 21:00 horas, e o 2 e 9 do mesmo mes, de 9:00 a 15:00 horas, articulado en tres módulos temáticos que impartirán o catedrático da Autónoma de Madrid Tomás Albaradejo; o director de La Factoria del discurso, Francisco Carrillo; o catedrático da Universidade Carlos III de Madrid Carlos Alías, e o redactor e editorialista da sección de Opinión de ABC, Alejandro Carra. A retórica na comunicación, proxección retórica, as clases do discurso e retórica e esfera pública conformas os temas a abordar na primeira módulo, para continuar falando de debate de ideas e refutación, retórica non verbal e as clases psicolóxicas na oratorio. Para pechar o programa, o terceiro modulo ten como contido principais o debate entre políticos, entre xornalistas, expertos e público, a argumentación visual e do discurso ao storytelling.

Deja un comentario