Membros de Novos Medios participan nestes días no I Congreso Sociedad Digital

socmedia
Membros do grupo atopámonos, dende onte e ata mañá, participando no I Congreso Sociedad Digital organizado polo colectivo de investigación Socmedia, dirixido polo catedrático Francisco García.
O evento está a celebrarse na Facultade de Ciencias de la Información da Universidade Complutense de Madrid. Este encontro constitúese coma un evento de análise arredor do desenvolvemento actual da Socidade da Información, os retos e as oportunidades que xorden no ámbito dos contidos e servizos dixitais. Ademais, é este un espazo de intercambio de experiencias, información e coñecemento para a universidade, as institucións e a empresa privada. Podedes atopar máis información e seguir o congreso en directo na súa páxina web.

Deja un comentario