Manuel Castells explicará en Santiago a súa visión sobre a universidade na era da información

Manuel Castells, profesor da Universitat Oberta de Catalunya, Catedrático Emérito de Socioloxía e Catedrático de Planificación Urbana e Rexional da University of California (Berkeley), impartirá este xoves a conferencia titulada «La universidad en la era de la información». O acto terá lugar na Sala de Debates do Centro de Estudos Avanzados no Parque de Vista Alegre, en Santiago de Compostela, o xoves día 15 ás 19:00 horas.

Na páxina de Novos Medios daremos boa conta do que o profesor Castells aporte a esa visión sobre a relación entre a universidade e o período histórico que está a vivir, a era da información.

Deja un comentario