[lang_gl]“Estamos en una situación de reconversión en las empresas mediáticas pero no en una crisis del periodismo”[/lang_gl]

[lang_gl]Esta afirmación pronunciada polo profesor Francisco Campos foi unha das reflexións máis escoitadas durante o curso “La crisis de la comunicación en tiempos de recesión económica” celebrado no Mosteiro de Aciveiro.

Dirixido polo catedrático da Universidade de Santiago de Compostela Xosé López e organizado no marco dos cursos de verán ofrecidos pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo, este evento contou coa presenza persoeiros de relevancia coma Xosé Luis Barreiro Rivas, Ramón Reig, Marcial Murciano, Rosario de Mateo, Alfonso Sánchez Tabernero, Francisco Campos, Francisco Esteve, Fernando Salgado, Rosa Franquet, José Luis Dader e Ramón Salaverría.

Ante panorama actual de crise económica mundial non podemos obviar a repercusión no sector dos medios de comunicación. Nos últimos meses chegáronnos numerosas noticias sobre o peche de destacadas cabeceiras, a reducción de plantillas e a reestructuración de redaccións. Segundo Rosario de Mateo “Lo peor de la crisis no ha llegado […]. Los medios españoles se han ido endeudando para invertir en otros medios de comunicación para diversificar la actividad económica y competir con otros medios. Además de endeudarse, los grandes grupos han salido a bolsa. Todos han perdido más del 75%”. Pero a realidade é que mentres os medios de comunicación aumentan a súa débeda e ven peligrar a súa estabilidade económica, as cifras de audiencias sorprenden positivamente. Por todo esto os expertos máis que de crise falan de un proceso de transición. «No se trata de seguir cabalgando en el mismo caballo cansado, sino bajarse de él y repensar el modelo de negocio para ofrece información y entretenimiento de la mejor forma posible”, afirma Alfonso Sánchez Tabernero.

Ramón Salaverría e Sánchez Tabernero insistiron na idea de que para sair vitoriosos deste proceso de transformación o que teñen que facer as empresas de comunicación e deixar de «equivocarse». Salaverría apuntou á necesidade de «romper con la brecha generacional en las redacciones». Sucede agora mesmo que mentres as audiencias das edicións electrónicas dos medios ven como aumenta o número de usuarios, a súas redaccións continúan a ser redaccións novas formadas por xornalistas con moitas destrezas e pouca experiencia. Rosa Marquet destacou a necesidade de que os xornalistas máis experimentados fornezan de coñecemento ás novas xeracións que alimentan as edicións electrónicas. Segundo Ramón Salaverría é importante comezar a regulamentar o que se fai na rede creando libros de estilo adaptados ás súas potencialidades, «¿es legítimo que una noticia online sea corregida sin dejar constancia de que anteriormente se había publicado un error?».[/lang_gl]

Deja un comentario