Multiplataformas e prensa de bolsillo a debate nas xornadas organizadas por AEDE (AEDE I)

As V Jornadas sobre Prensa y Nuevas Tecnologías, celebradas na Coruña o pasado xoves 19 trataron temas tan de actualidade para o mundo da comunicación coma as multiplataformas e a prensa de bolsillo, os widgets, as tecnoloxías wap e Internet.

A relación destes novos e innovadores elementos coa prensa foi a pedra alicerce en torno á que xiraron as intervencións dos ponentes, que abordaron con entusiasmo a situación actual dos medios e debatiron sobre os procesos de converxencia e integración aos que se están a someter moitos grupos de comunicación.

A partir deste momento, publicaremos posts cos temas máis destacados que se trataron nas xornadas organizadas pola Asociación de Editores de Diarios Españoles (AEDE) para dar unha visión global do panorma que definiron os expertos que participaron nas conferencias.

Deja un comentario