A influencia dos avances tecnolóxicos nas políticas culturais e de comunicación, a debate

Cidade de México, 19 e 20 de novembro

Os avances tecnolóxicos experimentados nas últimas décadas e a súa relación coas políticas de comunicación e culturais son o tema central do VI Congreso Internacional de la Unión Latina de Economía Política de la Información, la Comunicación y la Cultura (ULEP-ICC): Innovaciones tecnológicas, comunicación y cambio social, que se celebrará en Cidade de México os días 19 e 20 de novembro deste mesmo ano.

Os grandes cambios que as innovacións tecnolóxicas provocaron e provocan nas estruturas económicas das industriais culturais e que, á súa vez, desencadean certas formas de evolución social suporán o eixo central dun congreso que pretende abordar o asunto dende unha perspectiva crítica e analizar as repercusións que estes feitos provocan nas culturas contemporáneas.

O congreso pretende analizar a orixe das correntes e discursos comunicativos e culturais dominantes que, empregando as innovacións tecnolóxicas coma punta de frecha, provocan cambios nunhas sociedades envoltas polos procesos propios do capitalismo global e identificadas como Sociedades da Información.

Para máis información, pinchar aquí.

Deja un comentario