Liveplasma: descubrindo novos horizontes culturais

A rede é un contedor de información e contidos que se enche a pasos de xigante. A xestión, organización e categorización deses contidos é a única vía para que os usuarios cheguen a eles e non queden esquecidos ou perdidos. Actualmente son moitos os esforzos que os programadores poñen neste senso: o desenvolvemento das folcsonomías e mashups adicados a este fin é exemplo disto.

Sen embargo a innovación e renovación de interfaces faise imprescindible para que o esforzo posto no desenvolvemento destas novas tecnoloxías sexa aproveitado ao máximo.

Liveplasma é un exemplo de como unha boa categorización pode facilitar ao usuario chegar a contidos do seu interese, aos que probablemente non chegaría de facer unha busca persoal cun método tradicional. Iniciativas como esta non son só exemplo das posibilidades de navegación que nos ofrece a rede; senón que evidencian a potencialidade que estas teñen para dar valor engadido aos novos modelos de negocio das industrias culturais, que si o si deben ir emerxendo en Internet.

liveplasma.jpg

Deja un comentario