O futuro da TDT autonómica e local en Galicia

Outro dos temas principais que se abordou no curso de verán da USC foi o da TDT autonómica e local que abriu un amplo debate no que interviron Xesús Iglesias (director da TVG), Carlos Carballo (Televoz), Rafael Ramos (COPE), Luis Pérez (Correo TV) e Javier Otero (Localia).

Tódolos representantes dos principais medios audiovisuais galegos amosaron unha visión un tanto pesimista sobre o futuro da Televisión Dixital Terrestre autonómica e local xa que consideran que a nova televisión implicará, sobre todo, moitos gastos e que precisará de fortes inversións. Ademais, sobre a posible traxectoria da TDT afirmaron que o seu será un futuro incerto debido ó elevadísimo custe da rede. Por iso reclamaron o apoio institucional, que é clave para poder poñer en marcha este proxecto. Neste caso, Rafael Ramos (COPE) afirmou que a axuda da Administración é vital porque cubrir Galicia custa doce veces e media máis que cubrir Murcia e a audiencia non é maior.

Pola suá parte, Carlos Carballo (Televoz) explicou que existe un escaso esforzo da  Administración para a implantación da nova televisión e que para rentabilizar un operativo de semellante envergadura fai falla tempo, tempo do que non de dispón.    

Outro dos aspectos contemplados neste foro e que foi común a tódolos poñentes tivo que ver coa figura do profesional da comunicación, profesional que asumirá un novo rol ante o próximo panorama audiovisual. Deste xeito, os xornalistas terán que «facer de todo, dende grabar a editar as novas», un concepto que, segundo eles, é o camiño de tódalas televisións.  “En este caso, se debe facilitar la gestión de contenidos multimedia, que los periodistas puedan elaborar noticias para prensa, radio, TV e Internet”, tal e como afirmou Carlos Carballo. O futuro radicará en aproveitar os contidos para os diferentes medios que constitúen os grupos. Estímase que serán precisos entre 110 y 145 profesionais multimedia e que podería comezar a funcionar a finais do ano 2009. Un dos exemplos galegos máis significativos é o do Correo TV, que leva funcionando 6 meses. Para Luís Pérez, responsable de Correo TV, a viabilidade da televisión local radica nas “sinerxias”, é dicir, na produción de contidos para radio, TV, Internet e prensa. Neste caso concreto, por exemplo, son os propios redactores os que graban, montan os vídeos, poñen a voz en off, etc. Ás veces, unha soa persoa fai case todo. Daí a importancia do xornalista multimedia. O que sí existe é

unha idea común en canto a este tema. Ante o novo audiovisual e concretamente do panorama televisivo, a figura do xornalista multimedia vai ser moi importante. Xornalista que poida participar na produción de contidos para radio, prensa, televisión e Internet. Este novo rol do xornalista permitirá ás empresas reducir costes, o que é obvio e quizais esta será a tendencia que queiran aplicar a medio prazo, como está sucedendo xa nalgunas redaccións españolas. Estímase que a TDT local requira preto de 500 postos de traballo en Galicia. Postos de trabajo específicos para os xornalistas multimedia.        

 

Deja un comentario