TVIP: Un novo concepto de televisión

O concepto que tiñamos ata o de agora da televisión ten que mudar. Dentro do curso de verán «Tv Dixital Terrestre e por Internet, Comunicación Interactiva e Hipermedia», organizado polo Grupo de Investigación Novos Medios e celebrado recentemente na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela, representantes de Vivocom presetan a Web TV.

Internet está provocando unha redefinición do concepto dos medios de comunicación que tiñamos ata o de agora, e a televisión non podía quedar a un lado deste fenómeno. O 2006 foi o ano do vídeo por Internet, o desenvolvemento das novas tecnoloxías permitu que por fin sexa posible ver vídeo a través da rede con boa calidade e mesmo distribuido en directo. Con este panorama o desenvolvemento de novos conceptos de televisión por Internet era inminente.

Paralelamente á implantación da Televisión Dixital Terrestre e á planificación de novos servizos de interactividade en contidos televisivos distribuidos a través de diversos soportes e canles (telefonía móbil, televisión por cable, televisión dixital terrestre…); aparece a tecnoloxía IPTV que fai emerxer a Web TV.

Empresas, institucións, medios de comunicación ou mesmo persoas físicas teñen agora a posibilidade de crear a súa propia canle de televisión a través de Internet. As seguintes son algunhas das súas características:

– A maioría das canles IP teñen unha compoñente de especialización, son monotemáticas, dirixidas a un grupo de usuarios pequeno pero fiel. Por exemplo: www.thetimetv.com

thetime.jpg

– Existe un segundo grupo de canles de temática máis diversa cun enfoque concreto cara aos usuarios. Definen un perfil de usuarios, e ofertan contidos de diversa temática susceptibles de ser do seu interese.

Por exemplo: www.terra.tv

terra.jpg

– A programación é sempre moi áxil

– Os contidos son de curta duración

– A realización é moderna e enérxica, empregando planos curtos o que imprime velocidade e dinamismo

– Se se introducen contidos dos usuarios, búscase o humor

– Prima una navegación sinxela

O público é o centro de interese dos creadores dunha canle de Web TV. Coñecer aos usuarios é imprescindible para acertar na programación.

Os principais atractivos deste tipo de canles son:

– A especialización dos contidos o que satisface intereses que ata o de agora foron desatendidos

– O almacenamento dos contidos, que poden ser consultados con posterioridade a ser emitidos, o que deixa ao usuario a liberdade de ver o que quere cando quere. Xa non é tan importante o prime time como o prime space.

– O agrupamento de contidos por temáticas ou categorías, o que favorece a fidelidade do usuario que vai saltando duns programas a outros de forma sinxela e atendendo somentes ao seu interese. Televisión á carta

– A emisión de contidos en directo. TVIP é televisión, non un mero contedor de vídeos

– Por iso mesmo estas canles contan cunha grella de programación, que chama a atención do usuario sobre os contidos, con diferencia a outros contedores de vídeos en Internet

Con todo a TV IP non é un sustituto da televisión tradicional, nin debe pretender selo, senón un complemento a esta. É preciso que os operadores de canles de Web TV saiban aproveitar as carencias da televisión tradicional, ocupando o espazo que esta deixa libre.

Deja un comentario