Cursos de desenvolvemento profesional en Xornalismo e Comunicación en Barcelona

O Institut d’Educació Continua da Universidade Pompeu Fabra programa para distintas datas comprendidas entre o 2 e o 20 de Xullo un total de 21 cursos vinculados con tres grandes áreas: Xornalismo, Comunicación Audiovisual e Comunicación nas organizacións. Para inscribirse nos cursos, cómpre ser licenciado, diplomado ou ter superado o primeiro ciclo de calquer estudo universitario.

 Da área de Xornalismo os cursos ofertados son os seguintes: 1. Xornalismo de moda;2. Novas ferramentas e tendencias de publicación dixital; 3. Realización, selección e edición fotográfica en prensa e no mundo editorial; 4. Como atopar boas ideas e realizar grandes reportaxes; 5. O xornalista ante a cámara. Da área de Comunicación Audiovisual, podemos asistir a: 6. Novos Formatos para o prime-time; 7. Videoperiodismo (ENG); 8. O Documental; 9. Técnicas de creatividade para inventar historias; 10. A voz nos medios audiovisuais; 11. A produción executiva audiovisual; 12. Aprender a dialogar. No marco da área de Comunicación nas organizacións, o abano de cursos tampouco desmerece: 13. Gabinetes de Comunicación na administración pública; 14. Organización de actos de empresa; 15. Técnicas de información e comunicación empresarial; 16. Comunicación e difusión cultural; 17. Publicacións de empresa; 18. Marketing personal; 19. Innovar servizos de comunicación por Internet; 20. Formación de voceiros; 21. Escribir para a web. 

O coordenador dos cursos é Carles Singla, profesor dos Estudos de Xornalismo da Universidade Pompeu Fabra.

Se resulta do voso interese, algún destes cursos podedes obter máis información, premendo aquí.

Deja un comentario