Radiografía da rede en directo

A compañía Akamai, un dos controladores virutais do tráfico aéreo, permite ver o estado da rede en cada momento a nivel mundial a través da súa aplicación Real-Time Web Monitor. O índice de desviación na medición de Akamai é aceptable xa que conta con 25.000 servidores en 750 cidades ao arredor do mundo, polo que en ocasións manexa os datos do 20% do fluxo total de Internet.

A ferramenta creada por Akamai permite visualizar nun mapamundi interactivo datos coma as cidades coa conexión máis lenta ou as rexións que soportan un maior fluxo de datos. Ademais, ofrece a opción de ver os datos referidos a fluxos en tres sectores diferentes: os portais de noticias, as páxinas de música e as que se encadran no apartado do comercio.

Por Carlos Toural

Deja un comentario