A evolución dos sistemas políticos e mediáticos europeos, obxecto de debate nun curso da Universidade Internacional Menéndez Pelayo

Dende o ano 1982, a Universidade Internacional Menéndez Pelayo desenvolve na nosa Comunidade Autónoma diversas actividades, seminarios e obradoiros, especialmente nos meses de xullo, setembro e outubro. Este ano, do 17 ó 20 de Outubro, poderemos asistir en Aciveiro (Pontevedra) ó curso ‘Europa ante o desafío da reordenación do sistema mediático. Sistema político, actores sociais e cidadáns no tránsito á Sociedade da Información e do Coñecemento’. O curso, dirixido por Xosé López, contará coa participación de destacados expertos dos ámbitos do Xornalismo, Comunicación Audiovisual, Ciencia Política, Historia, Dereito e Socioloxía, entre outros. Dende este enfoque multidisciplinar, someteranse a análise os cambios acontecidos nos principais países da Unión Europea e os pasos cara á converxencia nun espazo europeo de comunicación. O encontro deberá contribuir á elaboración de propostas para afrontar o proceso de reordenación política e mediática que teña en conta os intereses dos principais actores sociais e do conxunto da cidadanía. Podedes ampliar información sobre o programa e os poñentes, pinchando aquí.

Deja un comentario