O profesor José Sixto García, acreditado para titular de Xornalismo

O profesor José Sixto García, docente do Departamento de Ciencias da Comunicación e investigador do grupo Novos Medios, conta coa acreditación para profesor titular de Xornalismo. José é licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago e doutor pola mesma universidade en Comunicación e Información Contemporánea.

José Sixto, actual secretario do Departamento de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela, está especializado en marketing dixital, xornalismo dixital, xornalismo e redes sociais e órganos e sistemas de regulación. Sixto García ten unha brillante traxectoria académica e científica, con estadías en universidades de referencia da nosa contorna e con publicacións de artigos científicos nas principais revistas do campo da Comunicación.

Para máis información sobre a produción científica de José Sixto García, ten activo o seu perfil en Google Scholar e no Portal da Investigación da USC.

A profesora Berta García Orosa, acreditada para catedrática de Xornalismo

A profesora Berta García Orosa, docente do Departamento de Ciencias da Comunicación e investigadora do grupo Novos Medios, vén de ser acreditada para catedrática da área de Xornalismo. Berta García Orosa é licenciada en Xornalismo e Ciencias Políticas e da Administración, encabeza un proxecto de investigación titulado Radón en España: percepción de la opinión pública, agenda mediática y comunicación del riesgo (RAPAC) e lidera, con Xosé López, a liña de investigación en xornalismo dixital (medios nativos dixitais) do grupo Novos Medios. As súas principais liñas de investigación son a comunicación política e a o xornalismo dixital. A investigadora, cunha brillante traxectoria académica e científica, realizou estadías de investigación na Universidade do Minho (Portugal), México, Costa Rica, Brasil e Uruguai.

Para máis información sobre a producción científica de Berta García Orosa, ten activo o seu perfil en Google Scholar e no portal de investigación da USC.

A nova dirección da IAPMR, con representación do grupo Novos Medios

Este martes 28 de setembro, no marco do congreso RIPE@2021, presentouse oficialmente a nova xunta directiva da International Association of Public Media Researchers (IAPMR). Esta nova dirección está copresidida polos profesores da Universidade de Westminster Alessandro D’Arma e Maria Michalis, á que acompañan a investigadora de Novos Medios Marta Rodríguez Castro (secretaria e representante de novos/as investigadores/as), Minna Horowitz (vicepresidenta) e Michael-Bernard Zita (tesoureiro). Gregory Ferrell Lowe será o representante de RIPE, con funcións consultivas e Florence Hartmann, da Unión Europea de Radiodifusión, a conexión coa industria.

Nesta nova etapa, a IAPMR quere reforzar a súa misión, impulsar o avance teórico e a investigación, apoiar o desenvolvemento dos medios de comunicación públicos como garantía das democracias do século XXI e actuar como vínculo entre a academia, os medios públicos e os individuos para favorecer a colaboración creativa.

Para iso, a IAPMR continuará colaborando estreitamente coa Public Media Alliance, o Centre for Media, Data and Society da Central European University, e manerá o apoio da Unión Europea de Radiodifusión.

As primeiras actividades impulsadas pola IAPMR inclúen tres webinars que se celebrarán entre outubro e novembro do 2021. O 26 de outubro a profesora da London South Bank University Lizzy Jackson impartirá o seminario “Bricolage & Fluidity: Towards ‘Post Channel’ PSM?. O 4 de novembro, a agora directora de valor público da VRT abordará as principais ideas do seu último libro no webinario “Building Bridges: PSM law, theory and practice”. A última das actividades programadas polo momento será o webinar do profesor da Universidade de Westminster Christian Fuchs, “The structural transformation of the Public Sphere and Public Service Media in the age of digital capitalism and COVID-19” (29 de novembro). A inscrición aos tres webinarios pode realizarse a través deste enlace: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdmgM7wv4IbRjU43uVAEc6YadhZHmFwQRxB-2sNSKe-Rxutig/viewform

Novos Medios participa na creación dun observatorio de medios dixitais en España e Portugal

Nun proxecto financiado pola Comisión Europea e liderado polo catedrático Ramón Salaverría, da Universidade de Navarra

O consorcio de investigación IBERIFIER obtén financiación da Comisión Europea para conformar un dos oito hubs rexionais do European Digital Media Observatory. O proxecto ten por obxectivo a monitorización das ameazas da desinformación e o estudo dos medios dixitais.

O consorcio está formado por doce universidades, cinco fact-checkers e axencias de noticias e seis centros de investigación multidisciplinar. A iniciativa está liderada polo catedrático Ramón Salaverría, da Universidade de Navarra. Dende a Universidade de Santiago de Compostela, o grupo de investigación Novos Medios participa con varios investigadores no equipo.

O observatorio analizará as características e tendencias do ecosistema mediático ibérico, aplicará tecnoloxías computacionais para a detección de desinformación, verificará contidos con reportes á Comisión Europea, publicará informes estratéxicos sobre ameazas de desinformación e, por último, levará adiante iniciativas de alfabetización mediática.

Listado de instituciones participantes en IBERIFIER
Universidades
Universidad de Navarra (IP)
Instituto Universitário de Lisboa – ISCTE
Universidad de Granada
Universidad Carlos III de Madrid
Universidad de Santiago de Compostela
Universidad Politécnica de Valencia
Universidad Politécnica de Madrid
Universidad Miguel Hernández de Elche
Universitat de València – Estudi General
Universidade de Aveiro
Fundación Universitaria San Pablo CEU
Universidad Rey Juan Carlos

Verificadores y agencias de noticias
Maldita.es
EFE Verifica
Verificat
Polígrafo
Lusa – Agência de Notícias de Portugal

Otros centros de investigación
Real Instituto Elcano
FECYT
Barcelona Supercomputing Center – Centro Nacional de Supercomputación
Centro Protocolar de Formação Profissional para Jornalistas – Cenjor
OberCom – Observatório da Comunicação
Associação Literacia Para os Media e Jornalismo

Preséntase a web do laboratorio ‘Mujeres Vulnerables’

A investigadora posdoutoral Yolanda García, do grupo Novos Medios, lidera a posta en marcha de Mujeres Vulnerables LabTrátase dun proxecto de investigación posdoutoral sobre a comunicación móbil en terapias psicosociais para a mellora da saúde mental, física e social de mulleres vulnerables. Deste xeito, ábrese unha nova liña no grupo de investigación sobre sistemas de comunicación móbil e inclusión psicosocial co obxectivo de crear un espazo aberto de diálogo interdisciplinar e desenvolver un ambiente de colaboración para a investigación sobre mulleres vulnerables.

No equipo de Mujeres Vulnerables Lab participan, xunto a Yolanda García, o profesor de Psicoloxía Clínica Adrián Aguilera, o profesor de Enxeñaría Informática Álvaro Rocha e o profesor de Xeografía Humana Carlos Ferrás.

Máis información: http://www.mujeresvulnerables.es

Francisco Campos acada o grao de catedrático de Xornalismo

Francisco Campos, investigador principal de Novos Medios, gañou o concurso de cátedra da área de Xornalismo convocado pola Universidade de Santiago de Compostela. Campos Freire, cunha longa traxectoria profesional e investigadora no campo do Xornalismo, lidera varios proxectos de investigación no ámbito audiovisual (sobre os valores do servizo público e sobre a transformación do audiovisual na sociedade rede).
O tribunal da praza que conseguiu en concurso público Francisco Campos estivo presidido pola catedrática Margarita Ledo, da USC, e do mesmo formaron parte os catedráticos Javier Marzal, da Jaume I; Marcial Murciano, da Autónoma de Barcelona; e Mercedes Caridad, da Carlos III de Madrid, e Xosé López, da USC.

[lang_gl]A Facultade de Ciencias da Comunicación da USC acollerá o “Foro Internacional sobre Economía e Xestión da Comunicación”[/lang_gl][lang_es]La Facultad de Ciencias de la Comunicación de la USC acoge el “Foro Internacional sobre Economía e Xestión da Comunicación”[/lang_es]

[lang_gl]O Grupo de Investigación Novos Medios da Facultade de Comunicación da Universidade Santiago de Compostela reunirá o 16 de Xullo na capital galega a diferentes estudosos e investigadores da comunicación. Estes participarán nunha sesión científica de estudo, análise e debate sobre “O Novo Panorma Comunicativo”. O foro está dirixido polos profesores Xosé López García e Francisco Campos Freire.

Os participantes do Foro, chegados dende diferentes países, tentarán aportar a súa visión particular sobre a situación global dos novos panoramas comunicativos. O horario de apertura da sesión e das poñencias empeza ás 8:30, prolongándose a xornada até a última das palestras que dará fin ó redor das 20:30. Todos os actos correspondentes a este evento desenvolveranse na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, situada no Campus Norte da propia Universidade.

Acordo do grupo Novos Medios con Torres y Carrera

O grupo de investigación Novos Medios chegou a un acordo coa empresa de Comunicación Torres y Carrera para a elaboración do informe ‘O valor do silencio’, da que será co-director o profesor Xosé Pereira. O grupo Novos Medios será o encargado de facer unha análise das tendencias definidas polos principais editores de medios do mundo e de localizar as informacións que resultaron nacer de datos non confirmados e que aconteceron no ano pasado.

Trátase da terceira colaboración que o grupo de investigación e a empresa realizan para a redacción de estudos, de carácter reflexivo, sobre a situación da comunicación no mundo. O traballo que finalizará no primeiro trimestre de 2011 abordará a relación entre comunicación e ruído, o paradigma dos medios e a comunicación sostida.

No primeiro caso o informe reflexionará sobre as posibles informacións erróneas que se poden chegar a publicar nos medios de comunicación, mentres que no apartado relativo aos paradigmas dos medios abordarase a nova situación dos medios de comunicación, tecnoloxías e posibilidades ofrecidas aos usuarios. Finalmente, no relativo á comunicación sostida, tratarase a importancia da información ben elaborada e proporcionada aos acontecementos.

A comunición e a cultura nos espazos de proximidade a debate no Consello da Cultura Galega

O foro de debate celebrarase dende hoxe, luns, ata o mércores no Consello da Cultura Galega.

Hoxe deu comezo o foro A comunicación e a cultura nos ámbitos locais. Estratexias para recuperar, conservar e difundir a cultura nos escenarios de proximidade, organizado polo Arquivo de Comunicación, órgano do Consello da Cultura Galega.

O obxectivo que persegue o comité organizador do evento, -composto por Rosa Aneiros, Henrique Sanfiz e Xosé López- é provocar unha reflexión sobre a cuestión da comunicación e a cultura nos ámbitos locais nun contexto de mundialización que abarca todas as esferas (social, económica, comunicativa…).

Durante os tre días nos que se desenvolverá o foro, expertos en política, comunicación e cultura reflexionarán sobre os procesos de comunicación local na era dixital así como sobre as iniciativas culturais no mapa público da comunicación local de Galicia.

Máis información, aquí.