[lang_es]Suecia será la sede de la 61ª edición del Congreso Mundial de Periódicos [/lang_es][lang_en] Sweden will host the 61 th edition of the World Newspaper Congress [/lang_en][lang_gl]Suecia será a sé da 61ª edición do Congreso Mundial de Xornais[/lang_gl]

[lang_es]El Congreso Mundial de Periódicos, que se celebrará en Suecia el próximo mes de junio (desde el día 1 hasta el día 4), se considera un evento “integral” de la prensa que reúnirá a editores, directores ejecutivos, directores generales y a los dirigentes más emprendedores de todos los niveles de la industria procedentes de, al menos, 110 países.

Coincidiendo con este evento, se celebrará el 15° World Editors Forum, en el que el tema central será la integración de las redacciones de los medios de comunicación. Tal y como se informa en la página web, “muchos periódicos ya han empezado el proceso de la integración entre la edición en papel y online” mientras que “otros consideran que sigue siendo preferible mantener dos redacciones separadas”.

Por ello, el Foro de 2008 ayudará a los directores a elegir la fórmula que les resulte más adecuada. Además, la conferencia examinará también cuestiones como el diseño de las redacciones, la capacitación en los nuevos medios, las noticias por telefonía móvil, las tendencias a la información local, así como dilemas de tipo ético.

Para más información sobre este evento puede ir a la siguiente página[/lang_es] [lang_en]The World Newspaper Congress, that will be in Sweden next June (from 1 to 4), is seen as a “total” newspaper event bringing together over 1,500 publishers, chief executives, managing directors – and the most ambitious managers from all levels of the industry, from at least 110 countries.

At the same time, 15° World Editors Forum will be celebrated. Integration will be the Forum’s key word. Many newspapers have already begun the process of integrating print and online. Others consider that two separate newsrooms is still better. The 2008 Forum will help editors-in-chief to choose the formula that fits.
For that reason, the Forum of 2008 will help the directors to choose the most suitable formula.

In addition, the conference will also examine questions as newsroom design, new media training, user-generated content, mobile news, trends in hyper-local information and ethical dilemmas.

For more information on this event, check the next page [/lang_en] [lang_gl]O Congreso Mundial de Xornais, que se celebrará en Suecia o próximo mes de xuño (desde o día 1 ata o día 4), considérase un evento “integral” da prensa que reúnirá a editores, directores executivos, directores xerais e aos dirixentes máis emprendedores de tódolos niveis da industria procedentes de, polo menos, 110 países.

Coincidindo con este evento, celebrarase o 15° World Editors Forum, no que o tema central será a integración das redaccións dos medios de comunicación. Tal e como se informa na páxina web, “moitos xornais xa empezaron o proceso da integración entre a edición en papel e online” mentres que “outros consideran que sigue sendo preferible manter dúas redaccións separadas”.

Por iso, o Foro de 2008 axudará aos directores a elixir a fórmula que lles resulte máis axeitada. Ademais, a conferencia examinará tamén cuestións como o deseño das redaccións, a capacitación nos novos medios, as noticias por telefonía móbil, as tendencias á información local, así como dilemas de tipo ético.

Para máis información sobre este evento pode ir á seguinte páxina[/lang_gl]

Portugal e España diverxen na TDT

A transición cara a televisión dixital terrestre está en marcha xa en tódolos países de Europa, tendo en conta a data imposta pola UE para producir o apagón analóxico definitivo no 2012. Os Países Baixos e Finlandia están emitindo xa en dixital para o cen por cen do seu territorio e en varias cidades de Alemania (Berlín, por exemplo) tamén. No resto dos países, o Reino Unido segue sendo o máis adiantado na transición dixital aínda que Italia, España e a maioría dos países nórdicos cumpren as previsións de desenvolvimento. Na península ibérica, España e Portugal diverxen non só nas previsións de transición senón tamén nos modelos de desenvolvimento. Nos últimos días do pasado mes de agosto, 29 e 31 respectivamente, Portugal puxo en marcha unha consulta pública da Autoridade Nacional de Comunicaçoes (ANACOM) e da Presidencia do Goberno para o concurso de adxudicación das novas canles da TDT. O Goberno de España aprobou o 7 de setembro o Plan Nacional de Transición da Televisión Dixital Terrestre.

Un artigo de Francisco Campos

Ler máisPortugal e España diverxen na TDT

Público consolida un novo modelo de deseño de cibermedios

publico.jpg

Da aparición do xornal Público hoxe (sempre é boa noticia a aparición dun xornal), precedida dun notorio fluxo de información por confidenciais e non tan confidenciais de Madrid, chámame a atención como o seu deseño para a edición web consolida o deseño a dúas columnas que inaugurou en España o 20 Minutos e que continuou o ADN. Trátase dun estilo visual moi definido caracterizado por:

  • Grandes diferencias no tamaño das fontes entre titulares e corpo da información,
  • Edición moi horizontal das fotografías
  • Densa e abundante malla visual
  • Simplificación das caixas de contido
  • Información actualizada á esquerda e contidos especiais á dereita

Este feito non é menor. Ata o momento, os cibermedios na web seguían, nos seus redeseños, modelos dos diarios de referencia en vendas; pero aínda que Público é de pago, busca o modelo dos xornais gratuítos e desmárcase claramente do deseño, máis complexo e con máis columnas, das edicións dixitais dos grandes medios en papel. Por certo, gustoume moito o xeito no que propuxeron os seus principios editoriais.

Manuel Gago

Trends in newsrooms 2007: coopera cos teus competidores e busca lectores nos medios sociais

cover_tin2007.jpgAcabo de ler o novo e excelente Trends in newsrooms 2007, o informe anual editado polo World Editors Forum e editado por John Burke, que é o coordinador do selecto blog sobre industria de medios Editors Weblog. O propio informe é unha selección de datos e informes procedentes de máis de 100 fontes que serven diariamente para a edición deste blog, pero avanza importantes nocións que sinalan o grado de asimilación por parte da industria das últimas leccións do mundo dixital.

As sete leccións do Trends in newsrooms 2007 son as seguintes:

  • Integra a túa redacción paso a paso
  • Interactúa cos teus lectores
  • Coopera cos teus competidores
  • Convértete nun portal para a túa rexión
  • Crea unha redacción multi-xornal
  • Achégate aos lectores mozos a través dos medios sociais
  • Fornece ferramentas para a personalización das noticias

Sen dúbida, algunhas delas, como a cooperación cos competidores, non son doados de asumir, pero asumen parte da filosofía mashup que desde o exterior da industria foi medrando desde o ano 2003. Na enquisa previa, practicada a 435 periodistas con cargos nas redaccións en todo o mundo, sorprende tamén o optimismo ante a algunhas cuestións que suscitaban controversia hai non ben pouco: un 74% consideran que a transformación do paradigma de noticias, de conferencias a conversacións preconizado por Dan Gillmor ten efectos moi positivos para o xornalismo de calidade. Para mellorar a calidade editorial do medio, os executivos distinguen claramente dous factores relevantes: ensinar aos xornalistas en novos medios (37%) e reclutar máis xornalistas (23%), un detalle moi interesante que fala sobre que a optimización non quere dicir reducción. Un punto moi significativo é a confianza na vixencia no futuro dos formatos opinativos e análise tradicionais nos medios: un 66% dos executivos consideraban que no futuro tendrían, aínda, máis relevancia.

Trends in newsrooms 2007 parece recoller o sentir significativo en gran número de redaccións ante o cambio de paradigma do xornalismo propulsado polas novas tecnoloxías e a posición significativa e relevante dos cibermedios no novo escenario. Moitas das estratexias indicadas profundizan nos valores específicos do novo soporte de cara o xornalismo. Unha visión sólida das boas prácticas no xornalismo de principios de século.

Manuel Gago

Flash cumpre 10 anos

A tecnoloxía de animación vectorial máis popular do mundo, o Flash, cumpre 10 anos. E para celebralo, a actual propietaria do software, Adobe, elaborou un potente especial (en flash obviamente) que ofrece unha retrospectiva dos principais fitos tecnolóxicos do Flash e das webs elaboradas con ela que marcaron un antes e un despois no deseño web. O flash foi para Internet o que o tuning está a ser para os coches: é quen de sacar o máis hortera que leva un dentro. Boto en falta nas galerías do especial de Adobe unha especial coas intros da institucións galegas, que eu me ofrecería a comisariar, porque esta tecnoloxía é especialmente fértil en anécdotas.

Ler máisFlash cumpre 10 anos

Una comunidad de vídeo viral española

DalealPlay quiere ser una comunidad de vídeos en español y desde España, según Marcos Enríquez, responsable de Ozú e impulsor del nuevo portal de vídeo viral de la empresa de Vocento, uno de los grandes grupos españoles de comunicación. Un portal en el que se puede encontrar cómo ven el mundo los usuarios españoles y latinoamericanos a través del vídeo en internet y con la ambición de sumar contenidos de las televisiones y el sector audiovisual español.
(Juan Varela)