O Museu Virtual da Lusofonia esténdese polo mundo

O Catedrático Moisés de Lemos Martins, do Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade do Minho, dirixe o Museu Virtual da Lusofonia. Esta iniciativa consta dunha plataforma de cooperación académica, en ciencia, no ensino e nas artes, dentro do espazo dos países de lingua portuguesa e das súas diásporas.

Esta institución cultural e dixital é accesible dende museuvirtualdalusofonia.com e Google Arts&Culture.

 

 

Abierto el Call for Papers sobre “Realidad Virtual, Aumentada y Mixta en el Periodismo” en Brazilian Journalism Research

La revista Brazilian Journalism Research (Scopus) presenta el call for papersRealidad Virtual, Aumentada y Mixta en el Periodismo: Teoría, Práctica y Crítica”, un número coordinado por lxs doctorxs Sara Pérez Seijo, investigadora del grupo Novos Medios (Universidad de Santiago de Compostela, España), y Paulo Nuno Vicente, al frente del iNOVA Media Lab (Universidade Nova de Lisboa, Portugal).

En este número sobre realidades mixtas en el periodismo se aceptan propuestas tanto teóricas como empíricas que aborden las siguientes líneas de investigación u otras similares:

  • Producción de narrativas de no ficción con realidad virtual, realidad aumentada y realidades mixtas
  • Periodismo de RV y con vídeo 360 grados
  • Experiencia del usuario en piezas periodísticas en vídeo 360 grados
  • Experiencia del usuario en entornos periodísticos virtuales, aumentados y mixtos
  • Retos en el periodismo inmersivo
  • Periodismo inmersivo y ética
  • Objetividad y precisión en las piezas periodísticas de RV y vídeo 360 grados
  • Periodismo de realidad aumentada
  • Realidad aumentada móvil
  • La experiencia del usuario con la RA
  • Desafíos y ética en el periodismo de RA
  • Realidades mixtas y periodismo
  • Modelos de negocio para el periodismo inmersivo

Extensión de los artículos: entre 40.000 y 55.000 caracteres (incluyendo referencias bibliográficas y espacios).

Idiomas aceptados para el envío de textos completos: portugués, español, francés e inglés.

Fecha límite para el envío de manuscritos: 30 de septiembre de 2022.

Convocatoria: https://bjr.sbpjor.org.br/bjr/announcement/view/30

A nova dirección da IAPMR, con representación do grupo Novos Medios

Este martes 28 de setembro, no marco do congreso RIPE@2021, presentouse oficialmente a nova xunta directiva da International Association of Public Media Researchers (IAPMR). Esta nova dirección está copresidida polos profesores da Universidade de Westminster Alessandro D’Arma e Maria Michalis, á que acompañan a investigadora de Novos Medios Marta Rodríguez Castro (secretaria e representante de novos/as investigadores/as), Minna Horowitz (vicepresidenta) e Michael-Bernard Zita (tesoureiro). Gregory Ferrell Lowe será o representante de RIPE, con funcións consultivas e Florence Hartmann, da Unión Europea de Radiodifusión, a conexión coa industria.

Nesta nova etapa, a IAPMR quere reforzar a súa misión, impulsar o avance teórico e a investigación, apoiar o desenvolvemento dos medios de comunicación públicos como garantía das democracias do século XXI e actuar como vínculo entre a academia, os medios públicos e os individuos para favorecer a colaboración creativa.

Para iso, a IAPMR continuará colaborando estreitamente coa Public Media Alliance, o Centre for Media, Data and Society da Central European University, e manerá o apoio da Unión Europea de Radiodifusión.

As primeiras actividades impulsadas pola IAPMR inclúen tres webinars que se celebrarán entre outubro e novembro do 2021. O 26 de outubro a profesora da London South Bank University Lizzy Jackson impartirá o seminario “Bricolage & Fluidity: Towards ‘Post Channel’ PSM?. O 4 de novembro, a agora directora de valor público da VRT abordará as principais ideas do seu último libro no webinario “Building Bridges: PSM law, theory and practice”. A última das actividades programadas polo momento será o webinar do profesor da Universidade de Westminster Christian Fuchs, “The structural transformation of the Public Sphere and Public Service Media in the age of digital capitalism and COVID-19” (29 de novembro). A inscrición aos tres webinarios pode realizarse a través deste enlace: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdmgM7wv4IbRjU43uVAEc6YadhZHmFwQRxB-2sNSKe-Rxutig/viewform

Aberta a chamada para artigos sobre procesos electorais nos Estados Unidos e Iberoamérica en Universitas

Universitas – Revista de Ciencias Sociales y Humanas presenta o call for papers “Elecciones en EE.UU. e Iberoamérica: campañas, comportamiento electoral, polarización y protesta”. Este número está coordinado polos profesores Berta García-Orosa (Universidad de Santiago de Compostela, España), Carlos Muñiz Muriel (Universidad Autónoma de Nuevo León, México) e Claudio Elortegui Gómez (Pontificia Universidad Católica de Valparaíso, Chile).

As temáticas destacadas que abrangue o número especial son:

1. Campaña electoral
2. Polarización
3. Axenda mediática, política e pública
4. A emoción na comunicación política
5. As redes sociais
6. Eco chambers
7. Efecto burbulla
8. Desinformación
9. Bots políticos
10. Comunicación parlamentaria
11. Pandemia COVID
12. Participación electoral
13. Imaxe dos candidatos
14. Movementos cidadáns

Convocatoria: https://universitas.ups.edu.ec/index.php/universitas/announcement

Data límite de entrega de artigos: 31 de decembro de 2021.

Novos Medios participa na creación dun observatorio de medios dixitais en España e Portugal

Nun proxecto financiado pola Comisión Europea e liderado polo catedrático Ramón Salaverría, da Universidade de Navarra

O consorcio de investigación IBERIFIER obtén financiación da Comisión Europea para conformar un dos oito hubs rexionais do European Digital Media Observatory. O proxecto ten por obxectivo a monitorización das ameazas da desinformación e o estudo dos medios dixitais.

O consorcio está formado por doce universidades, cinco fact-checkers e axencias de noticias e seis centros de investigación multidisciplinar. A iniciativa está liderada polo catedrático Ramón Salaverría, da Universidade de Navarra. Dende a Universidade de Santiago de Compostela, o grupo de investigación Novos Medios participa con varios investigadores no equipo.

O observatorio analizará as características e tendencias do ecosistema mediático ibérico, aplicará tecnoloxías computacionais para a detección de desinformación, verificará contidos con reportes á Comisión Europea, publicará informes estratéxicos sobre ameazas de desinformación e, por último, levará adiante iniciativas de alfabetización mediática.

Listado de instituciones participantes en IBERIFIER
Universidades
Universidad de Navarra (IP)
Instituto Universitário de Lisboa – ISCTE
Universidad de Granada
Universidad Carlos III de Madrid
Universidad de Santiago de Compostela
Universidad Politécnica de Valencia
Universidad Politécnica de Madrid
Universidad Miguel Hernández de Elche
Universitat de València – Estudi General
Universidade de Aveiro
Fundación Universitaria San Pablo CEU
Universidad Rey Juan Carlos

Verificadores y agencias de noticias
Maldita.es
EFE Verifica
Verificat
Polígrafo
Lusa – Agência de Notícias de Portugal

Otros centros de investigación
Real Instituto Elcano
FECYT
Barcelona Supercomputing Center – Centro Nacional de Supercomputación
Centro Protocolar de Formação Profissional para Jornalistas – Cenjor
OberCom – Observatório da Comunicação
Associação Literacia Para os Media e Jornalismo

Número monográfico sobre Democracia en EPI

Photo by Frederic Köberl on Unsplash

La revista científica El profesional de la información (Scopus Q1, Web of Science Q2) ha presentado la llamada de artículos para su Volumen 30, Número 6, correspondiente a noviembre-diciembre de 2021, que tiene como tema central la Democracia y cuya editora invitada es Berta García Orosa. El plazo para el envío de trabajos permanecerá abierto hasta el 10 de mayo.

En este número de El profesional de la información se propone una reflexión multidisciplinar sobre la incidencia de la tecnología en la democracia que permita afrontar desafíos y dar respuesta a los retos de futuro.

Entre los temas preferentes, figuran los siguientes:

  • Ecosistema de las plataformas digitales
  • Estrategias de circulación digital de la información periodística
  • Legislación de plataformas digitales y comunicación
  • Propiedad de las plataformas digitales
  • Prácticas SEO
  • Nuevas prácticas comunicativas orientadas a las plataformas
  • Uso de big data por grandes plataformas tecnológicas
  • Vigilancia ciudadana y democracia
  • Análisis comparativos por países
  • Desafíos éticos del uso de tecnología en la democracia
  • Perfiles profesionales
  • Innovaciones metodológicas en la investigación
  • Recepción de mensajes
  • Efectos en la democracia y polarización de la información
  • Nuevos actores políticos: movimientos sociales, agrupaciones electorales, grupos de presión
  • Campañas electorales
  • Comunicación política digital
  • Lenguaje natural
  • Inteligencia artificial

Instrucciones

Si deseas presentar un artículo, por favor lee detenidamente los criterios de aceptación de la revista, que se indican en esta página:
http://www.elprofesionaldelainformacion.com/criterios.html

Por favor sigue las normas para autores:
http://www.elprofesionaldelainformacion.com/autores.html

Y luego remite tu artículo a través del programa OJS de la web del Recyt, sección EPI:
http://recyt.fecyt.es/index.php/EPI/index

Evaluación
Todos los artículos publicados en EPI son evaluados en doble ciego por 2 o más miembros del Comité Científico internacional de la revista, y otros evaluadores, siempre externos a la Redacción. La revista se compromete a contestar con los resultados.

Guía de xornalismo medioambiental “Proxecto Xermolo”

O alumnado de Redacción Informativa do Grao en Xornalismo e do Dobre Grao en Xornalismo e Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela, baixo a coordinación dos profesores José Casás e Xosé López, elaboraron unha guía de xornalismo medioambiental “colaborativo e transmediático”. En colaboración co Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, a iniciativa segue a estela da Guía de linguaxe inclusiva publicada no 2019.

O chamado Proxecto Xermolo é un proxecto de Innovación Educativa de Aprendizaxe-Servizo na USC. Preséntase nun sitio web que abrangue os principais puntos en relación co xornalismo medioambiental: a problemática, o contexto político e legal, un glosario e entrevistas con expertos e xornalistas.

Information Visualization in the Era of Innovative Journalism

Máis de trinta investigadores de tres continentes xuntan esforzos para a análise da evolución da visualización da información e a súa aplicación ao xornalismo en Information Visualization in the Era of Innovative Journalism. Este volume, promovido por investigadoras e investigadores do grupo Novos Medios, leva a cabo un repaso retrospectivo e prospectivo sobre a presenza da visualización da información como ferramenta para a comunicación humana nun contexto de cambio constante motivado pola innovación tecnolóxica. A principal misión do libro é dar conta da adaptación da visualización da información e, de xeito máis particular, dun bo número de formatos visuais a este escenario de mudanzas.

Publicado pola editorial Routledge, Information Visualization in the Era of Innovative Journalism aparece como resultado das actividades realizadas nos proxectos Cibermedios nativos dixitais en España: formatos narrativos e estratexia móbil e Novos valores, gobernanza, financiación e servizos audiovisuais públicos para a sociedade de Internet: contrastes europeos e españois, actualmente en curso no seo do grupo Novos Medios.

Este libro, publicado o 21 de abril de 2020, está dispoñible tanto en formato impreso como e-book  na páxina web da editorial Routledge

O manual ‘Comunicación móvil’ repasa as múltiples perspectivas deste paradigma

A Editorial UOC publica un libro sobre comunicación móbil no que participa significativamente o grupo Novos Medios

A colección Manuales da Editorial UOC publicou a finais do pasado ano o libro Comunicación móvil, xa dispoñible nas librerías e no sitio web da editorial. A publicación está coordinada polos profesores Carmen Costa (Universidade da Coruña) e Xosé López (Universidade de Santiago de Compostela) e conta coa participación de 16 autores e autoras nos dez capítulos que conforman a obra.

Sinopse. O paradigma móbil entrou con forza nas nosas vidas e condiciona a nosa forma de relacionarnos e de informarnos. O xornalismo, a comunicación e a publicidade enfróntanse ao tsunami da mobilidade aplicando estratexias de adaptación e innovación. Cada capítulo aborda ditos cambios desde unha mirada particular e para un sector específico, co retrato da súa situación e a análise dos mencionados cambios, desde un punto de vista práctico. Inclúe entre as súas perspectivas: o xornalismo móbil, as ferramentas es as apps móbiles, a comunicación corporativa e as audiencias.

Acceso ao libro: http://www.editorialuoc.cat/comunicacion-movil

Journalistic Metamorphosis: Media Transformation in the Digital Age

A editorial Springer Nature publica un novo libro impulsado por Novos Medios sobre a transformación do xornalismo

A editorial Springer Nature acaba de publicar o libro Journalistic Metamorphosis: Media Transformation in the Digital Age, promovido por investigadores do Grupo Novos Medios, no que autores de universidades de varios países exploran en 15 capítulos os cambios protagonizados polo xornalismo a causa do impacto da tecnoloxía, a transformación dos modelos de negocio, de produción e na profesión, así como a influencia dos dispositivos móbiles, a participación e as novas fórmulas narrativas.

Esta publicación xurde do traballo realizado no marco dos proxectos I+D vixentes (Cibermedios nativos dixitais en España: formatos narrativos e estratexia móbil e Novos valores, gobernanza, financiación e servizos audiovisuais públicos para a sociedade de Internet: contrastes europeos e españois), así como da colaboración con grupos de investigación da Universidade da Beira Interior, Università del Studi di FirenzeUniversidad Nacional de Rosario, Vrije Universiteit Brussels, Universidad Carlos III de MadridUniversidade da CoruñaUniversitat Jaume I, Universidad Miguel HernándezUniversidad de Navarra y Universidad del País Vasco/EHU.

Journalistic Metamorphosis: Media Transformation in the Digital Age foi editado por Jorge Vázquez-Herrero, Sabela Direito-Rebollal, Alba Silva-Rodríguez e Xosé López-García, membros do Grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela, e foi publicado en liña o 4 de xaneiro de 2020.

Acceso ao libro: https://link.springer.com/book/10.1007%2F978-3-030-36315-4

Capítulos

  • Towards Ubiquitous Journalism: Impacts of IoT on News (Ramón Salaverría and Mathias-Felipe de-Lima-Santos)
  • From Data Journalism to Robotic Journalism: The Automation of News Processing (José Miguel Túñez-López, Carlos Toural-Bran and Ana Gabriela Nogueira Frazão)
  • The Technology-Led Narrative Turn (Jorge Vázquez-Herrero, Xosé López-García and Fernando Irigaray)
  • Journalism Innovation and its Influences in the Future of News: a European Perspective Around Google DNI Fund Initiatives (Ana Cecília B. Nunes and João Canavilhas)
  • Innovating Journalism by Going Back in Time? The Curious Case of Newsletters as a News Source in Belgium (Jonathan Hendrickx, Karen Donders and Ike Picone)
  • New Formats for Local Journalism in the Era of Social Media and Big Data: From Transmedia to Storytelling (Andreu Casero-Ripollés, Silvia Marcos-García and Laura Alonso-Muñoz)
  • Information Visualization and Usability: Tools for Human Comprehension (Ángel Vizoso)
  • Use of 360-Degree Video in Organizational Communication: Case Study of Humanitarian Aid NGOs (Sara Pérez-Seijo and Berta García-Orosa)
  • Shared Spaces for News Content Production in Spanish Online Media (Ainara Larrondo Ureta, Koldo Meso Ayerdi and Simón Peña Fernández)
  • Social Media Guidelines for Journalists in European Public Service Media (Sabela Direito-Rebollal, María-Cruz Negreira-Rey and Ana-Isabel Rodríguez-Vázquez)
  • Reinventing Television News: Innovative Formats in a Social Media Environment (Jose A. García-Avilés)
  • Mediamorphosis of Participation on Television: The News Programmes (Ana González-Neira and Natalia Quintas-Froufe)
  • Value and Intelligence of Business Models in Journalism (Manuel Goyanes, Marta Rodríguez-Castro and Francisco Campos-Freire)
  • New Forms of Journalistic Legitimization in the Digital World (Laura Solito and Carlo Sorrentino)
  • From Meta-Journalism and Post-Journalism to Total Journalism (Xosé López-García, Alba Silva-Rodríguez, Sabela Direito-Rebollal and Jorge Vázquez-Herrero)