[lang_es]Granollers acogerá en enero la CATOSFERA 2008[/lang_es][lang_en]Granollers hosts in January, CATOSFERA 2008[/lang_en][lang_gl]Granollers acollerá en xaneiro o Catosfera 2008[/lang_gl]

[lang_es]Los días 25, 26 y 27 de enero de 2008 se celebrará en el Centro Tecnológico Universitario de Granollers el primer encuentro de bloggers, expertos y emprendedores de la nueva red 2.0 de la blogosfera catalana. La denominada “Catosfera” es una comunitad virtual en la que se encuentran todos los bloggers que tienen como lengua vehicular el catalán.

En tan solo unas semanas, ya son más de 150 los bloggers inscritos, 40 los ponentes confirmados y una decena los colaboradores implicados en la organización. En estas jornadas habrá mesas y talleres sobre videoblogs, literatura y blogs, política y blogs, redes sociales y periodismo ciudadano. Además, se intentará definir un código ético bloguer, se hablará de la influencia de los blogs, de empresa 2.0 y también se debatirá sobre la nomenclatura blog o bloc. De todos modos, el programa completo de la Catosfera 2008 se puede consultar aquí.

Para asistir a estas jornadas, que están organizadas por Poliblocs (portal de blogs políticos en catalán) y el Ayuntamiento de Granollers, no es necesario pagar ninguna cuota de inscripción. La asistencia es gratuíta, las plazas son limitadas y la fecha límite de inscripción es el 20 de enero. Para más información sobre el evento, se puede consultar la página web: www.catosfera.net [/lang_es] [lang_en]On 25, 26 and January 27, 2008 will be held at the Technology Center Granollers University in the first match of bloggers, experts and entrepreneurs from the new network 2.0 of the catalan blogosphere. The so-called “Catosfera” is virtual comunity faced all bloggers whose vehicular language is Catalan.

In just a few weeks, there are already more than 150 bloggers registered, 40 speakers confirmed and a dozen partners involved in the organization. In those days there will be tables and workshops on videoblogs, literature and blogs, politics and blogs, social networks and citizen journalism. Furthermore, it tries to define a code of ethics bloguer, discuss the influence of blogs, enterprise 2.0 and also discuss the nomenclature blog or bloc. Anyway, the entire agenda of the Catosfera 2008 is available here.

To attend this conference, which is organized by Poliblocs (portal political blogs in Catalan) and the Municipality of Granollers, it is not necessary to pay any fee. Attendance is free, seats are limited and the deadline for registration is January 20. For more information about the event, please consult the following website: www.catosfera.net [/lang_en]

[lang_gl]Os días 25, 26 e 27 de xaneiro de 2008 celebrarase no Centro Tecnolóxico Universitario de Granollers o primeiro encontro de bloggers, expertos e emprendedores da nova rede 2.0 da blogosfera catalá. A denominada Catosfera é unha comunidade virtual na que se atopan todos os bloggers que teñen como lingua vehicular o catalán.

En tan só unhas semanas, xa son máis de 150 os bloggers inscritos, 40 os ponentes confirmados e unha decena os colaboradores implicados na organización. Nestas xornadas haberá mesas e talleres sobre videoblogs, literatura e blogs, política e blogs, redes sociais e xornalismo cidadán. Ademais, intentarase definir un código ético bloguer, falarase da influencia dos blogs, de empresa 2.0 e tamén se debaterá sobre a nomenclatura blog ou bloc.

Para asistir a estas xornadas, que están organizadas por Poliblocs (portal de blogs políticos en catalán) e o Concello de Granollers, non é necesario pagar ningunha cota de inscripción. A asistencia é gratuíta, as prazas son limitadas e a data límite de inscripción é o 20 de xaneiro. Para máis información sobre o evento, pódese consultar a páxina web: www.catosfera.net [/lang_gl]

[lang_gl]A innovación na xestión da información en pequenas e medianas empresas[/lang_gl][lang_es]La innovacón en la gestión de información en pequeñas y medianas empresas[/lang_es][lang_en]Innovation in information management in small and medium enterprises[/lang_en]

[lang_gl]A Asociación Galega de Investigadores e Investigadoras en Comunicación, AGACOM, impartirá un seminario sobre xestión de información e innovación destinado ás pequenas e medianas empresas.

Cun total de 16 horas de duración, as sesións ocuparanse de temas fundamentais para o persoal de prensa e comunicación deste tipo de organizacións empresariais. Sistemas de información, innovación na xestión da información, a responsabilidade social corporativa, o rol dos gabinetes de comunicación ou o correcto emprego da web son algúns dos asuntos principais que serán tratados no seminario.

As oito sesións de dúas horas das que se compón o seminario serán impartidas na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela os vindeiros 13 e 14 de decembro de 2007.

A Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia colaborou coa organización das xornadas.

AGACOM é unha asociación galega que naceu co obxectivo de promover e desenvolver a investigación e o debate en materia de Comunicación no ámbito académico e a súa extensión ao ámbito das actividades profesionais e institucionais. Nos seus obxectivos sobrancea desenvolver as relacións entre o conxunto de países e comunidades de cultura galego-luso-afro-brasileira a través do intercambio de experiencias que permitan garantir unha posición de importancia na investigación en Ciencias da Comunicación. Conta cunha treintena de socios e está presidida pola catedrática de comunicación audiovisual da USC, Margarita Ledo Andión.

Para máis información: www.agacom.org

[/lang_gl]

[lang_es]

La Asociación Galega de Investigadores e Investigadoras en Comunicación, AGACOM, impartirá un seminario sobre gestión de información e innovación destinado a las pequeñas y medianas empresas.

Con un total de 16 horas de duración, las sesiones se ocuparán de temas fundamentales para el personal de prensa y comunicación de este tipo de organizaciones empresariales. Sistemas de información, innovación en la gestión de la información, la responsabilidad social corporativa, el papel de los gabinetes de comunicación o el correcto empleo de la web son algunos de los asuntos principales que serán tratados en el seminario.

Las ocho sesiones de dos horas de las que se compone el seminario serán impartidas en la Facultad de Ciencias de la Comunicación de la Universidad de Santiago de Compostela los próximos 13 y 14 de diciembre de 2007.

La Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia colaboró con la organización de las jornadas.

AGACOM es una asociación gallega que nació con el objetivo de promover y desarrollar la investigación y el debate en materia de Comunicación en el ámbito académico y su extensión al ámbito de las actividades profesionales e institucionales. Entre sus objetivos prima el desarrollo de las relaciones entre el conjunto de países y comunidades de cultura gallego-luso-afro-brasileña a través del intercambio de experiencias que permitan garantizar una posición de importancia en la investigación en Ciencias de la Comunicación. Cuenta con una treintena de socios y está presidida por la catedrática de comunicación audiovisual de la USC, Margarita Contento Andión.

Para más información: www.agacom.org [/lang_es] [lang_en]

The Asociación Galega de Investigadores e Investigadoras en Comunicacióm, AGACOM, conducted a seminar about information management and innovation for small and medium enterprises.

With a total of 16 hours, the meetings will address key issues for the staff of the press and communication of this type of business organizations. Information systems, innovation in information management, corporate social responsibility, the role of the cabinets of communication or the proper use of the Web are among the main issues that will be discussed at the seminar.

The eight two-hour sessions of the seminar which is composed be taught in the Faculty of Communication at the University of Santiago de Compostela the next 13 and December 14, 2007.

The Consellería de Innovación e Industria of the Xunta de Galicia collaborated with the staging.

AGACOM is an association Galician born with the objective to promote and develop research and debate in the field of communication in the academic field and its extension to the scope of professional and institutional. Among its objectives premium development of relations between the countries and communities of culture gallego-luso-afro-brasilian through exchange of experiences to ensure a position of importance in the investigation in Communication Science. It has thirty members and is chaired by Professor media of USC, Margarita Ledo Andión.

For more information: www.agacom.org [/lang_en]

Expertos debaten en Compostela sobre a televisión dixital en Galicia

A Academia Galega do Audiovisual organiza os días 29 e 30 de Novembro un Foro sobre a televisión dixital en Galicia, que terá lugar no Hotel NH Obradoiro, en Compostela. “A televisión dixital en Galicia: novas perspectivas, novos servizos” é o título deste foro que permitirá o encontro de expertos a nivel estatal e galego, co obxecto de debatir sobre a implantación da televisión dixital e as súas perspectivas de futuro.

Debatirase sobre as fontes de ingresos, os atrancos e as vantaxes que pode aportar a televisión dixital. En Galicia, os beneficiarios das 49 licenzas de TDT (4 autonómicas e 45 locais) asumiron compromisos de especial relevancia como o investimento de 150 millóns de euros, a creación de 1.500 postos de traballo e unha alta emisión de contidos en galego.

Os interesados en coñecer o programa e achegarse a este debate, poden informarse aquí.

A información de xénero, a debate en Lugo

O tratamento da información de xénero polos medios de comunicación será o eixo condutor dunha xornada organizada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Observatorio Galego dos Medios (OM), que terá lugar o día 24 deste mes no Centro Cultural Uxío Novoneyra de Lugo.

En vésperas do Día Internacional contra a violencia de xénero, o CPXG propón unha reflexión sobre o papel dos medios de comunicación como normalizadores das cuestións de xénero. De 9.30 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 horas, sucederanse unha conferencia e tres mesas de traballo na que paticiparán xornalistas, investigadoras, avogadas e integrantes de asociacións de mulleres que debatirán sobre a situación actual da información de xénero nos medios.

Para realizar a inscrición e obter máis información ó respecto, podes clicar aquí.

Vilanova i la Geltrú acogerá el 5 º Seminario Internacional de Periodismo Digital

La Escola Politècnica Superior d´Enginyeria de Vilanova i la Geltrú será la sede de la quinta edición del seminario de periodismo digital los días 17, 18,19 y 20 de noviembre. 

En esta edición el tema central será la participación de los ciudadanos en la elaboración de los contenidos: “Este año queramos centrar nuestra atención en una tendencia que se está generalizando por momentos: la producción de la información por parte de los ciudadanos dentro y fuera de los medios de comunicación profesionales”. En los días en los que se celebrará este evento, se analizarán las consecuencias, oportunidades y retos que supone esta tendencia.

El programa se puede consultar en el siguiente enlace: http://www.mitjansdigitals.org/cas/mitjansdigitals_seminari_cast.htm

[lang_gl]O papel dos medios na construcción da identidade cultural[/lang_gl][lang_es]El papel de los medios en la construcción de la identidad cultural[/lang_es]

[lang_gl] O Consello da Cultura Galega organiza o foro de debate “Medios de Comunicación e Identidade” que se celebrará en Santiago os días 10 e 11 de decembro.

O protagonismo dos medios na construcción identitaria e na difusión da lingua e a cultura propias é indiscutible. É por este motivo que o Consello da Cultura Galega centra dende hai anos a súa atención no desenvolvemento do sistema mediático galego.

No ano de conmemoración do primeiro centenario do nacemento de A Nosa Terra o foro de debate “Medios de comunicación e identidade” pretende ser un espazo de reflexión sobre cuestións fundamentais como: os desafíos das nacionalidades históricas e os medios de comunicación ou o papel determinante da lingua e dos medios na construcción das identidades.

O foro terá lugar os días 10 e 11 de decembro na sede do Consello da Cultura Galega no Pazo de Raxoi, en Santiago de Compostela. Nel participarán varios membros do Grupo Novos Medios como Francisco Campos e Xosé Ramón Pousa, ademais doutros destacados investigadores e profesionais do sector.

Para máis información: www.consellodacultura.org [/lang_gl] [lang_es] El Consello da Cultura Galega organiza el foro de debate “Medios de Comunicación e Identidad” que se celebrará en Santiago los días 10 y 11 de diciembre.El protagonismo de los medios en la construcción identitaria y en la difusión de la lengua y la cultura propias es indiscutible. Es por este motivo que el Consello da Cultura Galega centra desde hace años su atención en el desarrollo del sistema mediático gallego.En el año de conmemoración del primer centenario del nacimiento de A Nosa Terra el foro de debate “Medios de comunicación e identidad” pretende ser un espacio de reflexión sobre cuestiones fundamentales como: los desafíos de las nacionalidades históricas y los medios de comunicación o el papel determinante de la lengua y de los medios en la construcción de las identidades. El foro tendrá lugar los días 10 y 11 de diciembre en la sed del Consello da Cultura Gallega en el Pazo de Raxoi, en Santiago de Compostela. En él participarán varios miembros del Grupo Novos Medios como Francisco Campos y Xosé Ramón Posa, además de otros destacados investigadores y profesionales del sector.

Para más información: www.consellodacultura.org [/lang_es]

“Problemas metodolóxicos da comunicación”

A Unión Latina de Economía Política de la Información, la Comunicación y la Cultura (ULEPICC-España) organiza a 1ª Xornada Nacional de Doctorandos ULEPICC-España titulada “Problemas metodolóxicos da Comunicación” que terá lugar en Madrid o vindeiro 8 de febreiro de 2008.

O obxectivo desta sesión será o de crear un espazo de discusión colectiva sobre os novos desafíos que deben afrontar os investigadores dende unha perspectiva crítica.

A xornada está dirixida a todos aqueles investigadores que se atopen na fase de elaboración da súa tese de doutoramento e nela se analizarán colectivamente os traballos en curso que nela se presenten.

A data límite para o envío de comunicacións é o 11 de novembro.

Para máis informaciónc consultar a web das xornadas.

A análise dos sistemas mediáticos e políticos centrou un curso da UIMP en Aciveiro

O sábado clausurouse o curso “Europa ante o desafío da reordenación do sistema mediático” que a Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) organizou no Mosteiro de Aciveiro (Forcarei-Pontevedra) os días 17, 18, 19 e 20 de outubro. Dito encontro reuniu a investigadores e docentes procedentes de España, Italia e Portugal e relacionados coas Ciencias da Comunicación e Política, que reflexionaron sobre as pautas que Europa, España e tamén Galicia teñen que asumir ante a reordenación que se está a producir no sistema mediático actual.

No seminario analizáronse diversos temas de actualidade como o desenvolvemento das novas tecnoloxías, o estancamento do audiovisual, a polarización política, a ausencia de identidade propia nos medios de comunicación, a prevalencia do mercado e tamén a ausencia de políticas públicas no sector audiovisual.

Ler máisA análise dos sistemas mediáticos e políticos centrou un curso da UIMP en Aciveiro

O 15 de outubro remata o prazo de envío de abstracts para o congreso I+C Investigar a Comunicación

O vindeiro luns 15 de outubro remata o prazo de presentación de propostas para o Congreso I+C Investigar a Comunicación, que se celebrará en Santiago de Compostela os días 30 e 31 de xaneiro e 1 de febreiro de 2008.

Os eixos temáticos deste congreso son fundamentalmente catro:

– I+C: democracia e cidadanía (Ponentes: Dan Hallin, Joseph Gifreu)
– I+C: políticas de comunicación e cultura (Ponentes: Joan M.Tresserras, Ramón Zallo)
– I+C: sociedade da información (Ponentes: Raúl Trejo, Imma Tubella, Tapio Varis)
– I+C: a creatividade e a produción de contidos (Ponentes: Elizabeth Cowie, Jorge Paixao da Costa, Règine Debatty)

Ademais, hay 5 áreas temáticas sobre as que os participantes poden realizar ponencias libres. Son as seguintes:

– Teorías e métodos da investigación en comunicación (Coordinador José L. Piñuel)
– Estudos de recepción (Coordinador: Manuel Martín Algarra)
– Estrutura dos medios (Coordinador: Juan Carlos Miguel)

– Estudos sobre o discurso (Coordinadora: Cristina Peña Marín)
– Tecnoloxías da comunicación e a información (Coordinadora: Rosa Franquet)

Para máis información sobre este congreso pode consultar a súa páxina web, ou ben dirixirse a: Facultade de CC. da Comunicación. USC. Avd. Castelao s/n 15782. Santiago de Compostela.Teléfono: +34 981 563 100 Ext. 16500 Fax: +34 981 547 086

iEnter: xornadas de análise sobre o entretemento audiovisual interactivo

Caixa Fórum organiza o iEnter: Xornadas sobre o entretemento audiovisual interactivo, que terán lugar en Barcelona os días 27 e 28 de febreiro de 2008.

O obxectivo deste encontro é o de avanzar nas relacións comunicativas que, con fins lúdicos, establécense entre os distintos participantes dos sistemas audiovisuais. Nun momento no que os cidadáns dos países desenvolvidos adicamos cada vez máis tempo e recursos a entreternos con produccións audiovisuais interactivas; faise necesario unha maior atención por parte dos investigadores en comunicación.

As comunicacións enviadas poderán abordar as seguintes temáticas:

– explicacións comunicativas, tecnolóxicas, industriais, culturais, antropolóxicas, económicas, psicolóxicas, sociais, lexislativas, filosóficas e artísticas do entretemento mediado nas sociedades actuais.
observación do comportamento comunicativo humano (v.g. os procesos de recepción, os estudos sobre as audiencias).

– análises sobre os usos e efectos comunicativos de cualquer formato interactivo que empregue como lenguaxes de expresión o son e a imaxe

Para participar no evento será preciso encher o formulario de inscripción e formalizar o pago antes do vindeiro 20 de xaneiro.