“Os medios impresos non van desaparecer”, palabra de Rick Edmonds

Esta foi unha das moitas e interesantísimas consideracións que fixo o analista estadounidense Rick Edmonds na conferencia organizada por La Voz de Galicia 

Rick Edmonds, un dos gurús que traballa no Poynter Institute, estivo esta semana de visita en Galicia e, concretamente, ofreceu unha conferencia no Museo da Prensa da Voz de Galicia baixo o título ‘Os News Media: as grandes transformacios e os grandes retos’. Sen dúbida foi unha ocasión única para coñecer de primeira man a opinión dunha das voces máis contrastadas e autorizadas sobre o tema.

A posible desaparición dos medios impresos tal e como hoxe os coñecemos, o grado de culpabilidade que se lles impón no asunto aos medios dixitais, o papel que xoga a publicidade no asunto e o panorma xeral nos Estados Unidos foron os temas que centraron o encontro.

Ler máis“Os medios impresos non van desaparecer”, palabra de Rick Edmonds

Arsenio Escolar: “O novo lector vai directo á pantalla”

Santiago de Compostela foi o lugar escollido polos organizadores para celebrar a última sesión da TechBusiness Week 2007, que neste caso trataba o tema Managemente e Sociedade da Información. O evento, promovido pola Fundación Sabiria e organizado polo Foro e-Gallaecia, leva dende o ano 2001 tentando achegar novas perspectivas dinamizadoras sobre a Sociedade da Información asentado na necesidade de evitar que a fenda tecnolóxica da que moitos analistas falan cobre novas vítimas. A TechBusiness Week tenta achegar a funcionalidade das TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación) á Sociedade da Información para conseguir unha conexión entre os obxectivos e necesidades dos cidadáns e as case inesgotables posibilidades que ofrecen hoxe en día as TIC.

A xornada da mañá concluíu coa comparecencia de Arsenio Escolar, director do xornal gratuíto 20minutos, quen presentou certas liñas seguidas polos usuarios e lectores dos xornais en xeral e do que el dirixe en particular. Escolar defendeu en todo momento a imparcialidade do xornal 20minutos fronte aos poderes político e económico e asegurou que “un redactor do meu medio pode votar a quen queira e pode ter a ideoloxía que prefira, pero o lector ten dereito a que esta non se poña de manifesto nun texto escrito ou nun titular”.

Escolar falou na parte final da súa intervención da idea da desaparición da prensa en papel tal e como hoxe a coñecemos. O director de 20 Minutos chegou a asegurar que o novo consumidor de medios vai directo á pantalla, xa non só non merca xornais, senón que tampouco os le en papel. Porén, o xornalista burgalés considera que a prensa en papel ten futuro, tanto os medios de pago coma os gratuítos, sempre e cando evolucionen e acepten as transformacións que a Sociedade da Información impón a través dos seus novos hábitos de consumo de medios de comunicación.

Vilanova i la Geltrú acogerá el 5 º Seminario Internacional de Periodismo Digital

La Escola Politècnica Superior d´Enginyeria de Vilanova i la Geltrú será la sede de la quinta edición del seminario de periodismo digital los días 17, 18,19 y 20 de noviembre. 

En esta edición el tema central será la participación de los ciudadanos en la elaboración de los contenidos: “Este año queramos centrar nuestra atención en una tendencia que se está generalizando por momentos: la producción de la información por parte de los ciudadanos dentro y fuera de los medios de comunicación profesionales”. En los días en los que se celebrará este evento, se analizarán las consecuencias, oportunidades y retos que supone esta tendencia.

El programa se puede consultar en el siguiente enlace: http://www.mitjansdigitals.org/cas/mitjansdigitals_seminari_cast.htm

A análise dos sistemas mediáticos e políticos centrou un curso da UIMP en Aciveiro

O sábado clausurouse o curso “Europa ante o desafío da reordenación do sistema mediático” que a Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) organizou no Mosteiro de Aciveiro (Forcarei-Pontevedra) os días 17, 18, 19 e 20 de outubro. Dito encontro reuniu a investigadores e docentes procedentes de España, Italia e Portugal e relacionados coas Ciencias da Comunicación e Política, que reflexionaron sobre as pautas que Europa, España e tamén Galicia teñen que asumir ante a reordenación que se está a producir no sistema mediático actual.

No seminario analizáronse diversos temas de actualidade como o desenvolvemento das novas tecnoloxías, o estancamento do audiovisual, a polarización política, a ausencia de identidade propia nos medios de comunicación, a prevalencia do mercado e tamén a ausencia de políticas públicas no sector audiovisual.

Ler máisA análise dos sistemas mediáticos e políticos centrou un curso da UIMP en Aciveiro

O 15 de outubro remata o prazo de envío de abstracts para o congreso I+C Investigar a Comunicación

O vindeiro luns 15 de outubro remata o prazo de presentación de propostas para o Congreso I+C Investigar a Comunicación, que se celebrará en Santiago de Compostela os días 30 e 31 de xaneiro e 1 de febreiro de 2008.

Os eixos temáticos deste congreso son fundamentalmente catro:

– I+C: democracia e cidadanía (Ponentes: Dan Hallin, Joseph Gifreu)
– I+C: políticas de comunicación e cultura (Ponentes: Joan M.Tresserras, Ramón Zallo)
– I+C: sociedade da información (Ponentes: Raúl Trejo, Imma Tubella, Tapio Varis)
– I+C: a creatividade e a produción de contidos (Ponentes: Elizabeth Cowie, Jorge Paixao da Costa, Règine Debatty)

Ademais, hay 5 áreas temáticas sobre as que os participantes poden realizar ponencias libres. Son as seguintes:

– Teorías e métodos da investigación en comunicación (Coordinador José L. Piñuel)
– Estudos de recepción (Coordinador: Manuel Martín Algarra)
– Estrutura dos medios (Coordinador: Juan Carlos Miguel)

– Estudos sobre o discurso (Coordinadora: Cristina Peña Marín)
– Tecnoloxías da comunicación e a información (Coordinadora: Rosa Franquet)

Para máis información sobre este congreso pode consultar a súa páxina web, ou ben dirixirse a: Facultade de CC. da Comunicación. USC. Avd. Castelao s/n 15782. Santiago de Compostela.Teléfono: +34 981 563 100 Ext. 16500 Fax: +34 981 547 086

O ComLoc 2007 discutirá o papel da televisión dixital no panorama comunicativo na fin da era analóxica

29 e 30 de novembro, Universitat Jaume I de Castellón

No ano 2002, o Congreso de Comunicación Local (ComLoc 2002) xa tratara o papel dos medios audiovisuais no ámbito local e este ano, coa fin da era analóxica máis preto e baixo o título “La televisión digital ante el fin de la era analógica”, retormarase o debate sobre o seu protagonismo no ámbito social e económico e o seu psicionamento no panorama comunicativo.

Durante o ComLoc 2007 discutiranse temas coma a publicidade e financiación das TV dixitais locais, a programación e os seus contidos, os modelos de negocio que adoptan, os grupos de televisión e alianzas no campo da TDT e os modos de migración da TV analóxica á dixital e sistemas alternativos.

Os que queiran participar cunha comunicación, deberán enviar os resumos antes do día 31 de outubro á dirección de correo comloc@uji.es. As comunicacións aceptadas deberán enviarse á mesma dirección e-mail no formato requerido (ver aquí) antes do día 15 de novembro.

1º Foro Internacional de Contidos Dixitais (FICOD 2007)

Os días 6,7 e 8 de novembro, o recinto ferial IFEMA de Madrid acollerá a 1ª Edición do Foro Internacional de Contidos Dixitais (FICOD), que é o resultado da posta en marcha dunha serie de medidas aprobadas polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e que se enmarcan no Plan Avanza para o desenvolvemento da Sociedade da Información e a converxencia con Europa e entre as comunidades autónomas.

Madrid acollerá durante os tres días ós principais axentes nacionais e internacionais que interveñen na producción de contidos dixitais e algúns dos temas que se tratarán nas mesas redondas que están programadas son a web 3.0, as novas formas de publicidade, a radio on-line, os agregadores de contido e a prensa dixital entre unha ampla variedade de contidos.

A inscripción para FICOD 2007 é gratuita para as persoas que acrediten o exercicio da súa profesión en calquera das empresas que traballan no ámbito dos contidos dixitais. Os interesados poden enviar as súas consultas a ficod@ficod2007.es ou chamar ó 900 101 706.

A influencia dos avances tecnolóxicos nas políticas culturais e de comunicación, a debate

Cidade de México, 19 e 20 de novembro

Os avances tecnolóxicos experimentados nas últimas décadas e a súa relación coas políticas de comunicación e culturais son o tema central do VI Congreso Internacional de la Unión Latina de Economía Política de la Información, la Comunicación y la Cultura (ULEP-ICC): Innovaciones tecnológicas, comunicación y cambio social, que se celebrará en Cidade de México os días 19 e 20 de novembro deste mesmo ano.

Os grandes cambios que as innovacións tecnolóxicas provocaron e provocan nas estruturas económicas das industriais culturais e que, á súa vez, desencadean certas formas de evolución social suporán o eixo central dun congreso que pretende abordar o asunto dende unha perspectiva crítica e analizar as repercusións que estes feitos provocan nas culturas contemporáneas.

O congreso pretende analizar a orixe das correntes e discursos comunicativos e culturais dominantes que, empregando as innovacións tecnolóxicas coma punta de frecha, provocan cambios nunhas sociedades envoltas polos procesos propios do capitalismo global e identificadas como Sociedades da Información.

Para máis información, pinchar aquí.

Internet é a base das novas fórmulas de comunicación

Esta é unha das principais ideas que se recolleu do curso de verán organizado pola USC. Internet está a propiciar tamén unha redefinición do concepto de medios que a sociedade tiña ata o momento. A comunicación interactiva, a televisión 2.0, a implantación da TDT en Galicia, a web TV, a converxencia dixital, os novos modelos de negocio os cibermedios e a radio e a televisión multimedia foron os temas que centraron os catro días nos que se realizou o curso de verán da USC “TV Dixital Terrestre e por Internet”

Algunhas das ideas e impresións sobre os diferentes aspectos tratados no curso recóllense a continuación:

Rosa Franquet, Catedrática de Comunicación Audiovisual da UAB, resaltou que hoxe en día, o grao de penetración que ten a televisión non o teñen outros medios de comunicación e esta situación parece que non vai cambiar sustancialmente nos próximos 10 anos. Ese grao de penetración posibilita novas fórmulas de comunicación, como é o caso da web-TV. Neste caso, a interactividade televisiva considérase unha posibilidade de renovación da TV e permite agregar valor ós servizos de televisión. Ademais tamén hai que coñecer as limitacións das plataformas, xa que é a única vía para explotar con eficiencia as súas potencialidades.

Ler máisInternet é a base das novas fórmulas de comunicación

O futuro da TDT autonómica e local en Galicia

Outro dos temas principais que se abordou no curso de verán da USC foi o da TDT autonómica e local que abriu un amplo debate no que interviron Xesús Iglesias (director da TVG), Carlos Carballo (Televoz), Rafael Ramos (COPE), Luis Pérez (Correo TV) e Javier Otero (Localia).

Tódolos representantes dos principais medios audiovisuais galegos amosaron unha visión un tanto pesimista sobre o futuro da Televisión Dixital Terrestre autonómica e local xa que consideran que a nova televisión implicará, sobre todo, moitos gastos e que precisará de fortes inversións. Ademais, sobre a posible traxectoria da TDT afirmaron que o seu será un futuro incerto debido ó elevadísimo custe da rede. Por iso reclamaron o apoio institucional, que é clave para poder poñer en marcha este proxecto. Neste caso, Rafael Ramos (COPE) afirmou que a axuda da Administración é vital porque cubrir Galicia custa doce veces e media máis que cubrir Murcia e a audiencia non é maior.

Pola suá parte, Carlos Carballo (Televoz) explicou que existe un escaso esforzo da  Administración para a implantación da nova televisión e que para rentabilizar un operativo de semellante envergadura fai falla tempo, tempo do que non de dispón.    

Ler máisO futuro da TDT autonómica e local en Galicia