Robert G. Picard: “O gran peligro do xornalismo é a comodidade”

O director do Instituto Reuters da Universidade de Oxford cree que o principal peligro para os medios de comunicación na actualidade son as estratexias fundamentadas na repetición e agrupación de contidos frente á produción propia.

Nunha conferencia impartida no Consello da Cultura Galega xunto co profesor da Universidade de Porto Paulo Faustino, Picard explicou que os medios de comunicación que triunfan son os máis pequenos, innovadores e que producen contidos segmentados. “O éxito está en converter o valor en elemento de mercado”, afirmou Picard.

Isto obedece a unha paradoxa na que o aumento da paquetización provoca un consumo moito máis segmentado e personalizado que en términos globais implica un menor consumo de información. “Polo tanto, os públicos individuais consument tantas cousas personalizadas que ten un efecto reductor na cantidade de información consumida”, afirmou. Este é un novo escenario que os medios deben comprender para lograr superar os problemas estruturais do sector na actualidade.

Ademais, tanto Picard como Faustino, coinciden en que os medios deben atopar elementos xeradores de valor que vaian máis alá da publicidade e da venta de contidos. “é preciso que os medios atopen novos sistemas de valorización que necesariamente pasan pola cooperación, pola información de proximidade e pola busca de financiamento fóra dos circuitos convencionais”, afirmou Faustino.

 

 

Aberta a matrícula do curso de ‘Retórica e oratoria na era da comunicación global’

Ao longo de catro xornadas, o curso de formación continua ‘Retórica e oratoria na era da comunicación global’ ofrecerá aos seus matriculados ferramentas para construír un discurso, expoñelo e defendelo con éxito nunha sociedade mediática. A preinscrición, que xa se pode formalizar, realizarase exclusivamente de xeito electrónico no enderezo http://www.retoricaeoratoria.com, estando o curso dirixido a profesionais dos medios de comunicación e ás persoas que teñen que traballar de cote coas nas rutinas informativas.

Segundo apuntan os directores desta iniciativa formativa, os profesores Xosé Pereira, Rosario de Mateo e o coordinador Miguel Túñez, o obxectivo é actualizar os elementos da retórica e a oratoria clásicas ao contexto actual da cultura mediática na que os medios de comunicación dominan a esfera pública. A metodoloxía utilizada fundaméntase na aplicada nos estudos de grao, combinando as clases expositivas coas interactivas e as titorizadas. O programa do curso concentrarase nas xornadas dos días 1 e 8 de abril, en horario de 16:00 a 21:00 horas, e o 2 e 9 do mesmo mes, de 9:00 a 15:00 horas, articulado en tres módulos temáticos que impartirán o catedrático da Autónoma de Madrid Tomás Albaradejo; o director de La Factoria del discurso, Francisco Carrillo; o catedrático da Universidade Carlos III de Madrid Carlos Alías, e o redactor e editorialista da sección de Opinión de ABC, Alejandro Carra. A retórica na comunicación, proxección retórica, as clases do discurso e retórica e esfera pública conformas os temas a abordar na primeira módulo, para continuar falando de debate de ideas e refutación, retórica non verbal e as clases psicolóxicas na oratorio. Para pechar o programa, o terceiro modulo ten como contido principais o debate entre políticos, entre xornalistas, expertos e público, a argumentación visual e do discurso ao storytelling.

Vellos debates no Congreso de Periodismo Digital de Huesca

Os vellos debates do xornalismo volveron ser os protagonistas do Congreso de Periodismo Digital, celebrado en Huesca os días 10 e 11 de marzo. A morte futura do papel, a importancia das fontes, os modelos de negocio que fagan rentables as iniciativas e o papel do xornalista na era da interactividade activa, foron os principais temas que se trataron ao longo de día e medio.
Sen embargo, houbo unha aspecial atención ao caso de Wikileaks, un acontecemento que rachou o panorama mediático mundial no último ano. Boa parte dos poñentes coincidiron en calificar o caso como “fracaso do xornalismo”, xa que a filtración non foi conseguida polos xornalistas, senón por un terceiro actor.
Máis información en www.congresoperiodismo.com e #cogresoperiodismo.

[lang_gl]A Facultade de Ciencias da Comunicación da USC acollerá o “Foro Internacional sobre Economía e Xestión da Comunicación”[/lang_gl][lang_es]La Facultad de Ciencias de la Comunicación de la USC acoge el “Foro Internacional sobre Economía e Xestión da Comunicación”[/lang_es]

[lang_gl]O Grupo de Investigación Novos Medios da Facultade de Comunicación da Universidade Santiago de Compostela reunirá o 16 de Xullo na capital galega a diferentes estudosos e investigadores da comunicación. Estes participarán nunha sesión científica de estudo, análise e debate sobre “O Novo Panorma Comunicativo”. O foro está dirixido polos profesores Xosé López García e Francisco Campos Freire.

Os participantes do Foro, chegados dende diferentes países, tentarán aportar a súa visión particular sobre a situación global dos novos panoramas comunicativos. O horario de apertura da sesión e das poñencias empeza ás 8:30, prolongándose a xornada até a última das palestras que dará fin ó redor das 20:30. Todos os actos correspondentes a este evento desenvolveranse na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, situada no Campus Norte da propia Universidade.

Acordo do grupo Novos Medios con Torres y Carrera

O grupo de investigación Novos Medios chegou a un acordo coa empresa de Comunicación Torres y Carrera para a elaboración do informe ‘O valor do silencio’, da que será co-director o profesor Xosé Pereira. O grupo Novos Medios será o encargado de facer unha análise das tendencias definidas polos principais editores de medios do mundo e de localizar as informacións que resultaron nacer de datos non confirmados e que aconteceron no ano pasado.

Trátase da terceira colaboración que o grupo de investigación e a empresa realizan para a redacción de estudos, de carácter reflexivo, sobre a situación da comunicación no mundo. O traballo que finalizará no primeiro trimestre de 2011 abordará a relación entre comunicación e ruído, o paradigma dos medios e a comunicación sostida.

No primeiro caso o informe reflexionará sobre as posibles informacións erróneas que se poden chegar a publicar nos medios de comunicación, mentres que no apartado relativo aos paradigmas dos medios abordarase a nova situación dos medios de comunicación, tecnoloxías e posibilidades ofrecidas aos usuarios. Finalmente, no relativo á comunicación sostida, tratarase a importancia da información ben elaborada e proporcionada aos acontecementos.

Pubícase o novo informe da comunicación en Cataluña

Informe da comunicación en cataluña O Instituto da Comunicación da Universidade Autónoma de Barcelona, dirixido polo profesor Miquel de Moragas, acaba de prensentar o Informe da comunicación en Cataluña 2005-2006. Neste volume interveñen 27 autores da talla do propio Mique de Moragas, Emili Prado, Daniel E. Jones ou Bernat López. O volume está dividido en tres partes onde se analiza a situación dos medios de comunicación na comunidade catalana, as grandes tendencias dos medios de comunicación e un estado da cuestión da investigación sobre a comunicación en Cataluña.O informe pódese descargar gratuitamente, na súa versión en castelán, en http://www.portalcomunicacion.com/informe/esp/index.asp. Tamén hai a opción de mercar a edición en papel.

¿Veremos a televisión no ordenador?

joost

Neste mundo cambiante no que andamos aparecen cada día mil e unha historia que melloran a nosa calidade de vida. Algúns destes experimentos son rotundos fracasos pero outros son éxitos únicos na historia actual. Dúas das persoas máis importantes para que internet sexa o que é hoxe en día, son Niklas Zennstrom e Janus Friis, creadores entre outros de Kazaa e Skype.

Agora preséntannos unha nova ferramenta, fundamentadamentada no audiovisual, que promete ser unha desas cousas que marcarán o inicio dunha nova era. Joost é unha aplicación, que se descarga, e que convirte o ordenador persoal nun televisor á carta. Cunha interface moi sinxela pero elegante, podemos acceder a un completo buscador de programas ou de canles, que nos permiten ver desde unha película de Buster Keaton ata un spot publicitario. Zennstrom e Friis xa saben que a publicidade é importante e por iso non dubidaron en deixar un espazo específico para os anuncios. A verdade é que promete, pero agora falta por ver se estamos dispostos a ver a televisión no ordenador. Un dato que escribre Francis Pisani no ciberpais: o promedio de tempo que pasa un individuo diante de Youtube é de 11,5 minutos, moi lonxe das case catro horas que se pasa un español diante do televisor.

José Pereira

As TIC e as universidades españolas

A Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE) presentou hoxe o informe “As TIC no Sistema Universitario Español (2006): Unha Análise Estratéxica”. Nel establécese a situación das TIC nas universidades españolas e propóñense proxectos de impulso.

A pesar de encontrarse a un bo nivel, neste informe proponse incrementar a difusión dos resultados de investigación a través da Web (o 93% faino actualmente) e as aplicacións de xestión da investigación (actualmente dispoñen delas o 91% das universidades)
No informe tamén se recomenda incrementar a formación en TIC de toda a comunidade universitaria.

O grao de informatización dos distintos servizos universitarios (xestión) é variable. Fronte a porcentaxes de case o 100% de penetración de aplicacións (consulta de notas a través da Web, automatrícula Web ou consultas a bibliotecas) hai servizos de escasa implantación como os relacionados coas compras electrónicas ou a sinatura dixital que non superan o 25% de implantación. Destes datos despréndese que se debe incrementar a informatización de todos os servizos universitarios (atópase ao 60%), así como os elementos de administración electrónica (actualmente atópase ao 40% do seu posible implantación).
En relación ao soporte, destácase que o 9% dos ordenadores universitarios dispoñen dun sistema operativo “libre” e que o 30% dos produtos informáticos utilizados nas universidades españolas son de software libre.
O orzamento destinado no 2005 ás TIC nas Universidades supón un 3,2% do total, cunha media de 201 € por alumno e ano. Os autores apuntan a que sería necesario incrementar devandito orzamento para posibilitar as accións de mellora propostas no informe. Polo de agora, este informe non está dispoñible en internet.