Conferencia sobre xornalismo local e IA no CITIUS

O CITIUS organiza unha conferencia sobre o papel da Intelixencia Artificial no xornalismo local o 6 de xullo de 2023. A relatora, Roxana Portugal, é investigadora da Universidade de Múnich con máis de 15 anos de experiencia na industria e na universidade. A súa presentación describirá o traballo que se está a realizar no Departamento de Medios e Comunicación da LMU Munich, coa colaboración dun equipo internacional e interdisciplinar.

O acto pódese seguir presencialmente no Salón de Actos do CITIUS e a través de Teams.

Máis información en: https://citius.gal/es/events/conferencia-hacia-una-ia-responsable-en-el-periodismo-local

Monográfico sobre medios nativos dixitais en EPI

A revista científica Profesional de la información (SJR Q1, JCR Q3) publica a chamada de artigos para o seu Volume 32, Número 2, correspondente a marzo-abril de 2023, que ten como tema central o Ecosistema de medios nativos dixitais. O prazo para o envío de traballos permanecerá aberto ata o 10 de setembro.

Para este número de Profesional de la información recóllense artigos que se centren en analizar o desenvolvemento dos medios nativos dixitais e os seus diferentes modelos e estratexias. Entre os temas prioritarios figuran os seguintes:

  • Impacto da dixitalización na transformación dos medios de comunicación
  • Migración dos medios herdados (legacy media) ao escenario dixital
  • Nacemento, desenvolvemento e evolución dos medios nativos dixitais
  • Modelos de negocio e xestión
  • Renovación de perfís profesionais
  • Participación dos cidadáns e estratexias de co-creación
  • Organización das redaccións
  • Papel das audiencias nas novas estratexias de xestión
  • Emprendemento e novos modelos organizativos
  • Modelos e formatos narrativos
  • A alta tecnoloxía na produción e na difusión
  • Hibridacións no ecosistema
  • Rendición de contas e transparencia
  • Elementos básicos do novo xornalismo dixital
  • Estruturas e técnicas xornalísticas para a contorna dixital

Presentación de manuscritos
Se desexa presentar un artigo, por favor lea detidamente os criterios de aceptación da revista e as normas para autores. E logo remita o seu artigo a través da plataforma OJS: http://recyt.fecyt.es/index.php/EPI/index.

Publicación bilingüe
Todos os artigos publícanse en inglés e en español. Os autores poden enviar unha única versión para pasar a revisión por pares. Pediráselles a outra se o artigo é aprobado.

Avaliación
Todos os artigos publicados en EPI son revisados por pares en dobre cego por 2 ou máis membros do Comité Científico Internacional da revista, e outros revisores, sempre externos ao Comité Editorial. A revista comprométese a responder cos resultados da revisión.

Seminario de investigación “Ciberactivismo y agenda de investigación” con Francisco Sierra

O grupo Novos Medios organiza o seminario de investigación Ciberactivismo y agenda de investigación: retos teóricos y prácticos con Francisco Sierra, Catedrático de Periodismo da Universidade de Sevilla. O seminario será o venres 18 de febreiro de 2022, ás 18.00 horas na Aula 8 da Facultade de Ciencias da Comunicación.

A continuación, terá lugar a presentación do libro Ciberciudadanía: retos de la democracia digitalizada, publicado pola editorial Comunicación Social. O libro foi coordinado pola profesora Berta García Orosa e conta con achegas do grupo Novos medios.

A inscrición, aberta ata o martes 8 de febreiro, debe realizarse enviando un correo a berta.garcia@usc.es.

 

O libro Total Journalism recolle unha mirada actual ao xornalismo de 50 investigadores internacionais

A editorial Springer Nature publica o novo libro impulsado polo equipo de xornalismo dixital de Novos Medios

Springer Nature acaba de publicar o libro Total Journalism: Models, Techniques and Challenges, promovido por investigadores do grupo Novos Medios, no que autores de universidades de varios países exploran en 20 capítulos o panorama xornalístico na terceira década do século XXI, en constante cambio e aínda baixo a incidencia dunha pandemia global.

O ‘xornalismo total’ é o concepto que abrangue un xornalismo renovado e actual que fai uso de todas as técnicas, tecnoloxías e plataformas dispoñibles. O libro estrutúrase en tres bloques: (1) A natureza innovadora do xornalismo; (2) Big data e desordes informativas; (3) Modelos, profesionais e audiencias; (4) Os desafíos da intelixencia artificial.

Esta publicación xurde do traballo realizado no marco de proxectos I+D como Cibermedios nativos dixitais en España: formatos narrativos e estratexia móbil e IBERIFIER, así como da colaboración con 50 investigadores de Arxentina, Austria, Brasil, Ecuador, España, Hungría, Irlanda, Italia, Noruega, Países Baixos, Portugal, Suecia e Suíza. Entre eles, tivemos o honra de contar coa participación do profesor e investigador Pere Masip. O capítulo Horizon 2030 in Journalism: A Predictable Future Starring AI? foi unha das últimas colaboracións nas que participou, xunto ás profesoras Bella Palomo e Bahareh Heravi.

Total Journalism: Models, Techniques and Challenges foi editado por Jorge Vázquez-Herrero, Alba Silva-Rodríguez, María-Cruz Negreira-Rey, Carlos Toural-Bran e Xosé López-García, membros do grupo Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela, e foi publicado en liña o 21 de xaneiro de 2022.

Acceso ao libro: https://link.springer.com/book/10.1007/978-3-030-88028-6


Capítulos

  • An Introduction to ‘Total Journalism’
    Jorge Vázquez-Herrero, Alba Silva-Rodríguez, María-Cruz Negreira-Rey, Carlos Toural-Bran, Xosé López-García

Part I    The Innovative Nature of Journalism

  • Convergence and Innovation: The Conceptual and Methodological Basis of Technological Evolution and Cultural Complexity in Journalism
    Ainara Larrondo Ureta, Javier Díaz Noci, Ivar John Erdal
  • Journalistic Storytelling for Complexity
    Jorge Vázquez-Herrero, Yael de Haan
  • After the Hype: How Hi-Tech Is Reshaping Journalism
    Sara Pérez-Seijo, Paulo Nuno Vicente
  • Gamification and Newsgames as Narrative Innovations in Journalism
    Jose Alberto García-Avilés, Raul Ferrer-Conill, Alba García-Ortega
  • Producing Content in the Ubiquitous, Mobile Era: The Case of Digital Media
    Alba Silva-Rodríguez, Juan-Miguel Aguado-Terrón
  • Information Visualization: Features and Challenges in the Production of Data Stories
    Ana Figueiras, Ángel Vizoso
  • Emerging Journalisms: From Intuition to Prediction and the Constructive Approach
    Xosé López-García, Carlos Toural-Bran, Jorge Vázquez-Herrero

Part II    Big Data and Information Disorders

  • Misinformation Beyond the Media: ‘Fake News’ in the Big Data Ecosystem
    Ramón Salaverría, Bienvenido León
  • Big Data and Disinformation: Algorithm Mapping for Fact Checking and Artificial Intelligence
    David García-Marín, Carlos Elías, Xosé Soengas-Pérez
  • From Misinformation to Trust: Information Habits and Perceptions About COVID-19 Vaccines
    Carmen Costa-Sánchez, Carmen Peñafiel-Saiz

Part III    Models, Professionals and Audiences

  • Transformation of Local Journalism: Media Landscapes and Proximity to the Public in Spain, France and Portugal
    María-Cruz Negreira-Rey, Laura Amigo, Pedro Jerónimo
  • Social Implications of Paywalls in a Polarized Society: Representations, Inequalities, and Effects of Citizens’ Political Knowledge
    Tamás Tóth, Manuel Goyanes, Márton Demeter, Francisco Campos-Freire
  • The Construction of Communicative Space: The Nature of COVID-19 Information in Italy
    Laura Solito, Carlo Sorrentino
  • Professional profile of the contemporary digital journalist
    Suzana Oliveira Barbosa, Lívia de Souza Vieira, Mariana Menezes Alcântara, Moisés Costa Pinto
  • Audiences First: Professional Profiles, Tools and Strategies of Digital Newsrooms to Connect with the Public
    Ana-Isabel Rodríguez-Vázquez, Marius Dragomir, Noelia Francisco-Lens
  • Co-Creation and Curation of Contents: An Indissoluble Relationship?
    José Sixto-García, Pablo Escandón Montenegro, Lila Luchessi

Part IV    The Challenges of Artificial Intelligence

  • Platforms in Journalism 4.0: The Impact of the Fourth Industrial Revolution on the News Industry
    Josep-Lluís Micó, Andreu Casero-Ripollés, Berta García-Orosa
  • Apocalypse or Redemption: How the Portuguese Media Cover Artificial Intelligence
    João Canavilhas, Renato Essenfelder
  • Horizon 2030 in Journalism: A Predictable Future Starring AI?
    Bella Palomo, Bahareh Heravi, Pere Masip

Estratexias da comunicación política dixital nun novo libro publicado por Palgrave

Digital Political Communication Strategies, editado pola profesora Berta García Orosa e con prólogo de Manuel Castells, explora as estratexias centrais da comunicación política no eido dixital. O libro repasa a evolución do campo nos últimos 25 anos e examina a coexistencia de vellos e novos actores (grupos de presión, cidadáns, parlamentos, partidos políticos, medios de comunicación, plataformas dixitais, entre outros), así como as tácticas de comunicación híbridas. Os temas que se tratan son os marcos, as noticias falsas, as burbullas de filtros, as cámaras de eco, a intelixencia artificial, a importancia das emocións e o compromiso cos cidadáns.

Ao atoparnos na cuarta onda da comunicación dixital, e tras unha pandemia que sacudiu os cimentos da comunicación política, a avaliación destes temas é esencial para a reinvención da democracia. O libro está dirixido a estudantes e investigadores que desexen profundar nas últimas tendencias da comunicación dixital, aos actores da comunicación política e aos xornalistas. Ademais, pretende preparar aos cidadáns para enfrontarse eficazmente ás mensaxes que difuminan a liña entre a verdade e a mentira con estratexias cada vez máis potentes apoiadas na intelixencia artificial.

García-Orosa, Berta (ed.) (2022). Digital Political Communication Strategies. Multidisciplinary Reflections. Palgrave Macmillan. SpringerLink

Publicada a monografía “Medios nativos digitales en España”

O libro Medios nativos digitales en España, editado por Comunicación Social Ediciones y Publicaciones, ofrece unha radiografía do panorama actual e as tendencias do xornalismo dixital. Este libro, coordinado por Ramón Salaverría e María del Pilar Martínez-Costa, foi elaborado no marco do proxecto DIGINATIVEMEDIA 2019-2021, que levaron adiante trinta investigadores das universidades de Navarra e Santiago de Compostela. O proxecto estivo financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades e o Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER).

Nesta monografía, de máis de trescentas páxinas, afírmase que os medios nativos contan con estruturas e técnicas adaptadas con naturalidade á contorna dixital. O conxunto de artigos que recolle o libro constitúe unha análise das diferentes dimensións destes medios nativos dixitais, con referencias comparativas con medios non nativos e sempre no contexto do ecosistema mediático español e europeo.

A partir do estudo dun corpus de 2.874 medios dixitais, Medios nativos digitales en España. Caracterización y tendencias revela os trazos do actual mercado xornalístico dixital en España. Con foco nos nativos dixitais, analiza a tipoloxía dos cibermedios, a súa distribución xeográfica e diversidade temática, os modelos de negocio, ademais dos seus métodos nas redes sociais. Tamén explica as súas estratexias tecnolóxicas e narrativas, así como a aparición de novos perfís profesionais.

O Museu Virtual da Lusofonia esténdese polo mundo

O Catedrático Moisés de Lemos Martins, do Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade do Minho, dirixe o Museu Virtual da Lusofonia. Esta iniciativa consta dunha plataforma de cooperación académica, en ciencia, no ensino e nas artes, dentro do espazo dos países de lingua portuguesa e das súas diásporas.

Esta institución cultural e dixital é accesible dende museuvirtualdalusofonia.com e Google Arts&Culture.

 

 

“A lusofonía por vir”, a debate na USC

A Asociación Galega de Investigadores e Investigadoras en Comunicación (AGACOM), o Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) e o Grupo Novos Medios (GNM) organizan en Santiago de Compostela unha mesa redonda na que, baixo o título “A lusofonía por vir”, intervirán Xosé Ramón Pousa (Universidade de Santiago), Víctor Freixanes (Real Academia Galega), Margarita Ledo Andión (Universidade de Santiago de Compostela) , Margarida Mª Krohling Kunsch (Universidade de São Paulo) e Moisés de Lemos Martins (Universidade do Minho). A sesión de debate está programada para as 16 horas do día 21 de outubro.

A mesa redonda poderá seguirse en directo por streaming.

Máis información

Aberta a chamada para artigos sobre procesos electorais nos Estados Unidos e Iberoamérica en Universitas

Universitas – Revista de Ciencias Sociales y Humanas presenta o call for papers “Elecciones en EE.UU. e Iberoamérica: campañas, comportamiento electoral, polarización y protesta”. Este número está coordinado polos profesores Berta García-Orosa (Universidad de Santiago de Compostela, España), Carlos Muñiz Muriel (Universidad Autónoma de Nuevo León, México) e Claudio Elortegui Gómez (Pontificia Universidad Católica de Valparaíso, Chile).

As temáticas destacadas que abrangue o número especial son:

1. Campaña electoral
2. Polarización
3. Axenda mediática, política e pública
4. A emoción na comunicación política
5. As redes sociais
6. Eco chambers
7. Efecto burbulla
8. Desinformación
9. Bots políticos
10. Comunicación parlamentaria
11. Pandemia COVID
12. Participación electoral
13. Imaxe dos candidatos
14. Movementos cidadáns

Convocatoria: https://universitas.ups.edu.ec/index.php/universitas/announcement

Data límite de entrega de artigos: 31 de decembro de 2021.

Novos Medios participa na creación dun observatorio de medios dixitais en España e Portugal

Nun proxecto financiado pola Comisión Europea e liderado polo catedrático Ramón Salaverría, da Universidade de Navarra

O consorcio de investigación IBERIFIER obtén financiación da Comisión Europea para conformar un dos oito hubs rexionais do European Digital Media Observatory. O proxecto ten por obxectivo a monitorización das ameazas da desinformación e o estudo dos medios dixitais.

O consorcio está formado por doce universidades, cinco fact-checkers e axencias de noticias e seis centros de investigación multidisciplinar. A iniciativa está liderada polo catedrático Ramón Salaverría, da Universidade de Navarra. Dende a Universidade de Santiago de Compostela, o grupo de investigación Novos Medios participa con varios investigadores no equipo.

O observatorio analizará as características e tendencias do ecosistema mediático ibérico, aplicará tecnoloxías computacionais para a detección de desinformación, verificará contidos con reportes á Comisión Europea, publicará informes estratéxicos sobre ameazas de desinformación e, por último, levará adiante iniciativas de alfabetización mediática.

Listado de instituciones participantes en IBERIFIER
Universidades
Universidad de Navarra (IP)
Instituto Universitário de Lisboa – ISCTE
Universidad de Granada
Universidad Carlos III de Madrid
Universidad de Santiago de Compostela
Universidad Politécnica de Valencia
Universidad Politécnica de Madrid
Universidad Miguel Hernández de Elche
Universitat de València – Estudi General
Universidade de Aveiro
Fundación Universitaria San Pablo CEU
Universidad Rey Juan Carlos

Verificadores y agencias de noticias
Maldita.es
EFE Verifica
Verificat
Polígrafo
Lusa – Agência de Notícias de Portugal

Otros centros de investigación
Real Instituto Elcano
FECYT
Barcelona Supercomputing Center – Centro Nacional de Supercomputación
Centro Protocolar de Formação Profissional para Jornalistas – Cenjor
OberCom – Observatório da Comunicação
Associação Literacia Para os Media e Jornalismo