A profesora Berta García Orosa ven de gañar unha praza de catedrática no Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. García Orosa, licenciada en Ciencias da Comunicación e Ciencias Políticas e da Administración, forma parte do grupo Novos Medios e coordina o Máster Universitario en Xornalismo e Comunicación Multimedia.
Cunha longa traxectoria docente e investigadora, Berta García dirixe actualmente o proxecto de I+D “Radón en España: percepción da opinión pública, axenda mediática e comunicación de risco” (RAPAC).
Más información: https://investigacion.usc.gal/investigadores/59100/detalle