Miguel Túñez, novo catedrático de Xornalismo

O profesor Miguel Túñez López, investigador principal do grupo Novos Medios e ex decano da Facultade de Ciencias da Comunicación, vén de conseguir unha cátedra de Xornalismo no Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, logo de anos acreditado. Túñez López, cunha dilatada traxectoria investigadora e docente, acadou, o pasado 10 de febreiro, a máxima nota dunha comisión integrada polos catedráticos Mercedes Caridad, Carmen Marta Lazo, Pastora Moreno, Xosé Soengas e Xosé López. Na sesión pública das probas da praza, convocada co perfil de Comunicación organizacional, estivo arroupado polos seus compañeiros de Novos Medios, por profesores e alumnos da Facultade de Ciencias da Comunicación e por un grupo de profesores doutros departamentos da Universidade de Santiago de Compostela.

Miguel Túñez López lidera o proxecto de investigación VALCOMM,  dirixe a cátedra de RTVE-USC sobre Medios de Servicio Público en Europa e ocupa a subdirección de Ciencias Sociais e Xurídicas na Escola de Doutoramento Internacional da USC.

Deixa un comentario