Jorge Vázquez Herrero, premio extraordinario de doutoramento 2019-2020

Jorge Vázquez Herrero, profesor de Xornalismo no Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela e membro do grupo de investigación Novos Medios, foi distinguido co premio extraordinario de doutoramento 2019-2020 pola súa tese “Narrativas dixitais de non ficción interactiva: análise da experiencia do usuario”. Vázquez Herrero fixo a súa investigación no marco do programa de doutoramento Comunicación e Información Contemporánea, da Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS) da USC, que na actualidade coordina o profesor catedrático Xosé Soengas.

A tese de doutoramento de Jorge Vázquez Herrero está accesible no seguinte enlace: https://www.educacion.gob.es/teseo/mostrarRef.do?ref=1843068