O manual ‘Comunicación móvil’ repasa as múltiples perspectivas deste paradigma

O manual ‘Comunicación móvil’ repasa as múltiples perspectivas deste paradigma

A Editorial UOC publica un libro sobre comunicación móbil no que participa significativamente o grupo Novos Medios

A colección Manuales da Editorial UOC publicou a finais do pasado ano o libro Comunicación móvil, xa dispoñible nas librerías e no sitio web da editorial. A publicación está coordinada polos profesores Carmen Costa (Universidade da Coruña) e Xosé López (Universidade de Santiago de Compostela) e conta coa participación de 16 autores e autoras nos dez capítulos que conforman a obra.

Sinopse. O paradigma móbil entrou con forza nas nosas vidas e condiciona a nosa forma de relacionarnos e de informarnos. O xornalismo, a comunicación e a publicidade enfróntanse ao tsunami da mobilidade aplicando estratexias de adaptación e innovación. Cada capítulo aborda ditos cambios desde unha mirada particular e para un sector específico, co retrato da súa situación e a análise dos mencionados cambios, desde un punto de vista práctico. Inclúe entre as súas perspectivas: o xornalismo móbil, as ferramentas es as apps móbiles, a comunicación corporativa e as audiencias.

Acceso ao libro: http://www.editorialuoc.cat/comunicacion-movil