A Conferencia anual de ECREA terá lugar en Braga no 2020

European Communication Research and Education Association (ECREA) publicou a convocatoria para participar na 8ª Conferencia Europea da Comunicación, organizada xunto ao Centro de Estudos de Comunicação e Sociedade da Universidade do Minho. Terá lugar entre o 2 e o 5 de outubro de 2020 na cidade de Braga (Portugal).

A conferencia leva por tema ‘Comunicación e confianza: construíndo futuros seguros, sustentables e prometedores’.

O envío de propostas de comunicacións individuais, paneis e pósters está aberto ata o 15 de xaneiro de 2020, a través da plataforma. Máis información e normas aquí.

Sitio web: ecrea2020braga.eu

Deixa un comentario