Dous novos doutores no seo de Novos Medios

O grupo Novos Medios conta con dous novos doutores entre os seus membros. Ana López Cepeda e Manuel Gago Mariño defenderon as súas teses doutorais con éxito acadando a cualificación de Sobresaliente Cum Laude.

Ana López Cepeda, dirixida por Francisco Campos presentou a súa investigación titulada “Órganos de control e xestión da radiotelevisión pública estatal e autonómica en España”. Por outra banda, Manuel Gago defendeu o seu traballo titulado “Deseño editorial e arquitectura da información nos cibermedios internacionais de referencia”, dirixido por Xosé López e Francisco Campos.

Parabéns dende o grupo aos dous novos doutores!

Deixa un comentario