O discurso do xornalismo cidadán fronte ao dos medios sociais (ECREA III)

Karin Becker e Kristina Widestedt, da Stockholm University, presentaron en ECREA unha investigación sobre o xornalismo cidadán ou “citizen journalism” titulada Trial by blogging. Taking the news into their own hands. Para o seu traballo, empregaron como obxecto de estudo as novas que os medios da súa Suecia natal publicaron sobre dous sucesos: o asasinanto do mozo Riccardo Campogiani a mans dun grupo de adolescentes que saían de festa e unha violación dunha rapaza de 23 anos en Estocolmo.

Unha vez definido realizado o estudo a partires deste obxecto e desta mostra, as investigadoras de Suecia identificaron dous discuros diferenciados nas formas e no fondo: por unha banda o dos medios de comunicación tradicionais e, pola outra, o discuros creado nos blogs persoais escritos na rede.

Nos medios sociais existía unha corrente de simpatía coas vítimas, tendíase a dar detalles dos crimes e abríase un debate sobre o que a sociedade pode facer para evitar este tipo de actos. A cobertura de ámbolos dous acontecementos por parte dos medios sociais amosou a existencia dun discurso informativo alternativo, crítico co poder e co seguimento que os medios de comunicación clásicos fan de certas informacións e noticias.

Por outra banda, nos medios tradicionais estes actos eran atribuídos a unha cultura de violencia nas rúas, a unha mala educación por parte dos pais na actualidade e non se abría un debate aberto cos lectores/usuarios a través da participación cidadá.

Os medios sociais, dominantes tradicionalmente, iganoran aos medios sociais como potencial fonte de alternativas e información sobre as noticias e, en canto teñen oportunidade alimentan a idea de terlle pánico aos novos medios sociais.

Deixa un comentario