Nos procesos de converxencia, debe velarse polo produto mediático de calidade, Jaume Masdeu (ECREA II)

Jaume Masdeu, representante da Corporaciò Catalana de Medios Audiovisuales, ofreceu a súa visión dos procesos de converxencia empregando como referencia as experiencias na confluencia que experimentan TV3 e Catalunya Ràdio. As medidas de integración, neste caso, xiran en torno a unha sitio web que canaliza a colaboración entre a televisión e a radio.

Masdeu expuxo a estratexia que se está a seguir neste caso, fixando 5 momentos clave ou chanzos que se deben asegurar na dinámica converxencia: a calidade debe ser o último e único obxectivo da converxencia, vendo este fenómeno coma un medio e non coma un fin; por outra banda, é importante traballar coa diferenciación de situacións profesionais nos diferentes medios do grupo, xa que moitos dos xornalistas son reticentes a sumir traballos e colaborar con outros xornalistas que contan con mellores condicións laborais facendo a mesma labor; superar as diferenzas tecnolóxicas e adaptar os estándares empregados en cada medio para poder traballar dende unha perspectiva da converxencia; traballar tamén para unificar rutinas e crear novas dinámicas de traballo que teñan como referencia a situación converxente e non a tradicional dos medios dos que proceden os profesionais e, por último, analizar a necesidade dunha localización física única, onde se integren as redaccións dos medios.

Finalmente, Masdeu insistiu na necesidade de que o xornalista traballe para elaborar un produto de calidade, independentemente de para que medio sexa, tendo en conta as súas características propias. O representatne da CCMA asegurou, ademais, que non é estrictamente necesario que o xornalista sexa bo en todos os medios, en todas as plataformas e formatos. Esta é unha situación nova, á que deberá adaptarse paulatinamente e que creará xornalistas multimedia, sen obrigalos a ser o mellor profesional posible en cada medio, mais si a traballar de acordo ás estruturas, linguaxes e requisitos propios de cada un.

Deixa un comentario