A información de xénero, a debate en Lugo

O tratamento da información de xénero polos medios de comunicación será o eixo condutor dunha xornada organizada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Observatorio Galego dos Medios (OM), que terá lugar o día 24 deste mes no Centro Cultural Uxío Novoneyra de Lugo.

En vésperas do Día Internacional contra a violencia de xénero, o CPXG propón unha reflexión sobre o papel dos medios de comunicación como normalizadores das cuestións de xénero. De 9.30 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 horas, sucederanse unha conferencia e tres mesas de traballo na que paticiparán xornalistas, investigadoras, avogadas e integrantes de asociacións de mulleres que debatirán sobre a situación actual da información de xénero nos medios.

Para realizar a inscrición e obter máis información ó respecto, podes clicar aquí.

Deixa un comentario