[lang_gl]Novo manual: Diseño periodístico en Internet[/lang_gl][lang_es]Nuevo manual: Diseño periodístico en Internet[/lang_es]

disenho.jpg [lang_gl]Ainara Larrondo e Ana Serrano son as editoras de Diseño Periodístico en Internet, un novo manual para investigadores, estudantes e profesionais do ciberxornalismo que edita a Universidade do País Basco. Aínda que existen numerosas publicacións sobre deseño web, esta é unha obra pioneira: ata o momento non se editara no Estado español unha obra que abordara o tratamento do deseño de xornais para Internet desde unha óptica interdisciplinar, integrando as achegas dos investigadores e profesionais que traballan sobre a cuestión. Deste xeito, José Ignacio Armentia, María Ángeles Cabrera, Eva Domínguez, Manuel Gago, Yusef Hassan, María Bella Palomo, Simón Peña, Xosé Pereira, Ramón Salaverría e Francisco Sancho achegan perspectivas complementarias sobre a representación e disposición gráfica da información xornalística nos cibermedios.

Pola miña banda, contribuín co capítulo: “Flash 2.0. Tecnología y cibermedios en la nueva web social“. Nel achégome á evolución do concepto de infografía realizada coa tecnoloxía gráfica hexemónica, Flash, ao longo destes dez anos: de soporte para “especiais” e a vehículo narrativo de animación e interacción ata a situación actual, no que xunto cos formatos anteriores, Flash se emprega para xestionar a visualización de grandes masas de datos dinámicos e a integración estándar do multimedia na edición xornalística.

O capítulo de Manuel Gago: “Flash 2.0. Tecnología y cibermedios en la nueva web social” pódese descargar en PDF aquí (1,5 Mbs). [/lang_gl] [lang_es] Ainara Larrondo y Ana Serrano son las editoras de Diseño Periodístico en Internet, un nuevo manual para investigadores, estudiantes y profesionales del cibeperiodismo que edita la Universidad del País Vasco. Aunque existen numerosas publicaciones sobre diseño web, esta es una obra pionera: incluso el momento no se había editado en el Estado español una obra que abordase el tratamiento del diseño de periódicos para Internet desde una óptica interdisciplinar, integrando las aportaciones de los investigadores y profesionales que trabajan sobre la cuestión. De este modo, José Ignacio Armentia, María Ángeles Cabrera, Eva Domínguez, Manuel Gago, Yusef Hassan, María Bella Palomo, Simón Peña, Xosé Pereira, Ramón Salaverría y Francisco Sancho presentan perspectivas complementarias sobre la representación y disposición gráfica de la información periodística en los cibermedios.

El capítulo de Manuel Gago: “Flash 2.0. Tecnología y cibermedios en la nueva web social” se puede descargar en PDF aquí (1,5 Mbs). [/lang_es]

Deixa un comentario