iEnter: xornadas de análise sobre o entretemento audiovisual interactivo

Caixa Fórum organiza o iEnter: Xornadas sobre o entretemento audiovisual interactivo, que terán lugar en Barcelona os días 27 e 28 de febreiro de 2008.

O obxectivo deste encontro é o de avanzar nas relacións comunicativas que, con fins lúdicos, establécense entre os distintos participantes dos sistemas audiovisuais. Nun momento no que os cidadáns dos países desenvolvidos adicamos cada vez máis tempo e recursos a entreternos con produccións audiovisuais interactivas; faise necesario unha maior atención por parte dos investigadores en comunicación.

As comunicacións enviadas poderán abordar as seguintes temáticas:

– explicacións comunicativas, tecnolóxicas, industriais, culturais, antropolóxicas, económicas, psicolóxicas, sociais, lexislativas, filosóficas e artísticas do entretemento mediado nas sociedades actuais.
observación do comportamento comunicativo humano (v.g. os procesos de recepción, os estudos sobre as audiencias).

– análises sobre os usos e efectos comunicativos de cualquer formato interactivo que empregue como lenguaxes de expresión o son e a imaxe

Para participar no evento será preciso encher o formulario de inscripción e formalizar o pago antes do vindeiro 20 de xaneiro.

Deixa un comentario