Alfredo Amestoy dará unha conferencia sobre a televisión o día 24 na Coruña

No marco do Ciclo de Conferencias Caixanova 2007 Xornalismo Século XXI, adicado a ’50 anos de Televisión’, o xornalista Alfredo Amestoy dará unha conferencia o día 24 deste mes na Coruña, baixo o título: ‘Televisión, o crebacabezas’. Dita conferencia terá lugar na sede de Caixanova na Coruña, ás 20.00 horas.

Amestoy acadou unha enorme popularidade en TVE nas décadas dos sesenta e dos setenta, durante as que dirixiu e presentou numerosos programas, entre eles, Vivir para ver, que chegou a unha audiencia nunca antes conseguida en España.

No ano 1975, concedéuselle o Premio Ondas, xunto a José Antonio Plaza, polo programa 35 millones de españoles que ambos presentaban. 

Este ciclo de conferencias, inaugurado por José María Carrascal, quen falou sobre a evolución da televisión en España, terá como próxima cita o día 15 de Novembro, cando Tico Medina abordará o tema das corresponsalías.

Deixa un comentario